Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

Campaña de recollida de alimentos

Estimadas familias:

Comprácenos presentar a campaña de recollida de alimentos: “Wences pola Paz”.

Co motivo da conmemoración do día Escolar da Paz e a Non Violencia, dende o colexio animámosvos a participar na campaña de recollida de alimentos organizada coa colaboración do Banco de Alimentos Rías Altas. BALRIAL é unha Asociación de carácter social, independente e sen ánimo de lucro. O seu obxectivo básico e principal é recoller alimentos e repartilos entre as institucións benéficas da provincia de A Coruña, para que estas as entreguen ás persoas máis desfavorecidas.

Dende o colexio, co obxectivo de potenciar no alumnado os valores de axuda e colaboración ao máis necesitado e de recoñecer e favorecer condutas pola Paz, solicitamos a colaboración nesta campaña que manteremos ao longo de toda a semana: dende o martes 24 ao luns 30 de xaneiro. Como podedes ver no cartel da campaña que se achega, os alimentos que se solicitan son: conservas de peixe e vexetais, aceite, leite, cacao, galletas, legumes e calquera alimento non perecedoiro.

Sen máis, agradecer a vosa colaboración e axuda.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS: WENCES POLA PAZ!

Campaña solidaria nos centros educativos

Festival Nadal Educación Primaria

Aquí tedes as actuacións do alumnado de educación primaria no FESTIVAL DE NADAL 2022!

Festival Nadal Educación Infantil

Aquí tedes as estelares actuacións do alumnado de infantil no noso FESTIVAL DE NADAL 2022:

Día Internacional dos Dereitos da Infancia

O 20 de novembro foi o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. 

A semana pasada o alumnado do Wenceslao estivo a traballar sobre os dereitos dos nenos e nenas.

Graduacións 2022

Baile: Porque isto é Wenceslao!

Moitísimas grazas ao alumnado participante no baile pola súa implicación!

Actividades complementarias e extraescolares 2021/22

Untold Stories

UNTOLD STORIES

Durante o segundo trimestre o alumnado de 5º de Educación Infantil e 3º de Educación Primaria realizaron unha saída á exposición de fotografía de Peter Lindbergh e despois participaron nun obradoiro coa artista Ángeles Díaz Seoane.

Os nenos e nenas de 3º continuaron a traballar coa fotografía de Lindbergh nas clases de Plástica. No seguinte vídeo pódese ver unha mostra das súas creacións artísticas:

Vídeo de 5º de Educación Infantil:

21 de marzo: Día da Árbore

15 de marzo: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor

Distribuir contido


by Dr. Radut