Skip to Content

Animación á lectura

Gañadores/as do Concurso de Relatos 2023/24

Este curso, co motivo do Día do Libro, convocamos un Concurso de Relatos para o alumnado, ademais dos Apadriñamentos/amadriñamentos lectores e as Xornadas de Portas Abertas para as Familias.

Agradecemos o seu esforzo e interese a todos/as as participantes, non resultou doado elexir os relatos gañadores.

Noraboa ao gañador de Educación  Infantil, que foi o 5º curso; fixeron os relatos de forma conxunta os grupos A e B.

“Uxía y su perro” e “La supermédico”.

Parabéns á gañadora de Educación Primaria: Andrea Martínez Manteiga, de 6º B, polo seu relato:

“Un soño por vivir”.

Gañadoras Concurso de Relatos 2023/24

 

Día do Libro

Celebramos o Día do Libro, o venres día 26 de abril, todos/as xuntos/as lendo de forma compartida no patio.

É o segundo curso consecutivo que facemos a actividade dos amadriñamentos/apadriñamentos lectores. O alumnado de 3º a 6º de Primaria vai coñecer unhas semanas antes os seus afillados/as de Educación Infantil e primeiro ciclo, desta maneira entáblanse relacións entre eles/as que permiten escoller máis acertadamente os libros que se van ler na celebración.

A celebración foi a festa dos libros e dos lectores/as.

Biblioteca virtual. Plataforma ELBE.2

Desde a Asesoría de Bibliotecas da Xunta de Galicia ponse á disposición do alumnado deste centro a plataforma ELBE.2 para ler libros en formato dixital gratuíta (10 libros por curso para cada alumno/a). Para acceder á plataforma existen unhas credenciais (identificador e contrasinal) que serán facilitadas polos titores/as para cada un dos alumnos/as.

Trátase de que coñezades que existe este recurso por se queredes dispoñer del en móbil, tablet ou ordenador. Pódese usar online ou tamén descargar a App "Bega Elbe-2" nos dispositivos en que se queira usar, e identificarse cos datos do alumno/a para acceder á lectura.

Se o alumno/a olvida o seu identificador ou contrasinal só ten que avisar no colexio.

O enlace online á plataforma é:

https://bega-elbe2.edu.xunta.es/

Bases Concurso de Relatos

CONCURSO DE RELATOS

BASES

1. Temática da actividade.O cine con protagonista muller.

2. Obxecto da actividade.

Que o alumnado compoña textos baixo a temática do Proxecto do centro e facendo protagonista a unha muller contribuamos a construír unha sociedade igualitaria.

3. Requisitos para os/ as participantes.

Poderán participar nesta actividade de forma voluntaria todo o alumnado do centro das etapas de Educación Infantil e Primaria.

4. Data e lugar de entrega.

Os relatos poderán ser entregados polos titores e titoras sinalando a que curso corresponden na Biblioteca “Moisés Gómez” deste centro ata ás 14:00 h. do 15 de marzo de 2.024.

5. Forma de presentación.

En tamaño A4, ademais deben levar escrito por detrás o nome do alumno ou alumna e o seu curso. Non haberá límite de follas.

6. Desenvolvemento da temática.

A obra deberá versar sobre o cine sendo protagonista unha muller.

7. Premios.

Haberá un/ha ganador /a por etapa (Infantil e Primaria), aos que se lle agasallará cun libro dunha autora e publicarase o seu relato na Web do centro.

8. Xurado e fallo.

O xurado estará formado polo equipo de biblioteca que velará polo cumprimento das bases deste concurso e elixirá as obras gañadoras.

O fallo comunicarase o titor ou titora xunto coa devolución das obras dos participantes.

 
 

Recomendación lecturas Nadal 2023

Día das Bibliotecas

Tal e como temos previsto na Programación Xeral Anual (PXA) deste curso, a idea é conmemorar o Día das Bibliotecas en relación coa Formación de Usuarios/as e o Proxecto Documentado Integrado (PDI) que será “Un curso de cine”. Estamos preparando os recursos relativos á Formación adecuada a cada idade e cando a teñamos lista compartirémola neste foro por se algún colexio quere aproveitala. Por isto, a celebración prolongarase ao longo de todo o curso.

Achego a presentación do PDI que se fixo coincidir co Día das Bibliotecas e que coordina o Equipo de Biblioteca.

Seguídenos no noso instagram @bibliowences.

 

 

Concurso marcapáxinas 2023

Lecturas para o verán!

Día do Libro

Este curso co pulo que nos deu entrar no PLAMBE (plan de mellora de bibliotecas escolares) estamos a facer actividades novas no marco da dinamización da biblioteca. Un exemplo foi a celebración do DÍA DO LIBRO con apadriñamentos lectores: maiores lendo aos pequen@s. Un exitazo!

Mochilas viaxeiras

Xa están as mochilas viaxeiras en marcha!

Esta semana algúns nenos e nenas do colexio foron os primeiros en comezar esta viaxe. Pero só é o principio. As mochilas queren visitar todas as casas para levar as súas historias a través dos libros que portan. Dende agora ata final de curso irán pasando dun sitio a outro para que todos poidan desfrutalas.

Dentro da mochila, ademais dos libros, hai unha carta para as familias (que achegamos aquí) para que se coñeza o seu funcionamento. Tamén un pequeno agasallo.

 

Un saúdo e feliz lectura!

Mochila Fantasmón

 

Distribuir contido


by Dr. Radut