Skip to Content

Primeiro

VISITA AO CONTROL SEMAFÓRICO

16/05/2019 11:24

O pasado día 16 de maio o alumnado de 1º acudiu ás oficinas de Control Semáforico da Policia Local de A Coruña.

Para chegar ata alí fixeron unha pequena andaina e, coa axuda da axente Silvia, aprenderon a controlar o tráfico e que a seguridade vial é moi importante!

Álbum: Visitas escolares -> Control semafórico 1º

PLANTACIÓNS DE PRIMAVERA

02/05/2019 12:55

Hoxe os alumnos de 1º A e 1ºB participaron nas plantacións de primavera do horto do noso cole. 

De seguro que estes pementos e tomates saen boísimos!!

Álbum: Horto escolar -> Plantacións de primavera: 1º

VISÍTANOS YOLANDA CASTAÑO

O pasado venres veu ao cole Yolanda Castaño, autora do libro que estivemos lendo en 1º e 2º, "Coller as rendas".

Falounos da súa paixñon pola literatura dende moi pequena e leunos os poemas do seu libro adicado aos animais.

Yolanda Castaño1º

Yolanda Castaño1º

 

Grazas Yolanda!!

VISITA AO XARDÍN DE SAN CARLOS E AO MUSEO MILITAR

29/03/2019 10:19

Para rematar o mes as alumnas e alumnos de 1º de primaria saíron de excursión para visitar os xardines de San Carlos e o Museo Militar.

Álbum: Visitas escolares -> Xardín San Carlos e Museo Militar 1º

VISITA A BIBLIOTECA

28/03/2019 10:50

Ao longo desta semana as nenas e nenos de 1º de primaria visitaron a biblioteca pública González Garcés.

Álbum: Visitas escolares -> Biblioteca 1º

ANIMACIÓN A LECTURA

Hoxe, na nosa biblioteca, os alumnos e alumnas de 1º curso de primaria e de 6º de infantil tiveron unha visita moi especial!!

Sabela, a que viaxa nun barco de vela, ensinounos que coa nosa imaxinación podemos facer o que nos queiramos!! 

Aquí tedes unha mostra do atentos que estiveron!!

Contacontos SM 5 anos e 1ºContacontos SM 5 anos e 1º

SON FUTURO

13/02/2019 11:15

O pasado día 13 os alumnos e alumnas de 1º curso saíron ao Palacio da Ópera para ver o concerto dos "Superheroes".

Coa axuda de Mr. Obelisco, Torreman e Súper Millenuium saíron de alí sendo uns auténticos rockeiros!!

CONSUMO

07/02/2019 12:20

TODO PÚBLICO

01/02/2019 09:10

O pasado 1 de Febreiro os alun¡mnos e alumnas de 1º curso, acudíron ao Forum Metropolitano para ver a actuación das bailarinas de "Gaia". 

Grazas a elas aprendimos moito sobre como coidar e valorar o noso planeta.

Foi unha experiencia maravillosa!!

OS ALUMNOS E PROFES DE 1º DESÉXANVOS UN BO NADAL

Os titores de 1º curso queren desexar aos alumnos e alumnas e as súas familias unhas felices festas e próspero comezo de ano! 

Vémonos nas aulas!

Bo nadal 1º

Distribuir contido


by Dr. Radut