Skip to Content

Actividades

Concurso Marcapáxinas 2022

Gañadores marcapáxinas

 

Concurso Ilustración 2022

A continuación tedes as obras escollidas no Concurso da Ilustración cos seus respectivos autores e autoras. Parabéns a todos e todas as participantes!!





Mulleres galegas. 8 de marzo

No Día da Muller queremos acercarvos a 8 mulleres contemporáneas galegas para que as coñezades un pouco máis e valoredes a súa contribución á sociedade.

Na biblioteca estarán expostos de forma destacada os libros de dúas escritoras actuais: Érica Esmorís e Ledicia Costas.

Mulleres galegas

Concurso Marcapáxinas 2021: "O noso horto"

 

Preme aquí para velo en pantalla completa

 

Nesta ocasión o tema elixido foi a "O noso horto". Moitas grazas a todos e todas pola súa participación no certame deste ano e noraboa os gañadores e finalistas polo seu excelente traballo. 

 

Gañador de Infantil e gañadora de Primaria:

  • Infantil: Andy Martes Álvarez (4 anos B).
  • Primaria: Iria Pérez Martínez (6º A).

 

Finalistas:

  • Lola Kubik Starzecka (3 anos A)
  • Liam Mantiñán Día (3 anos B)
  • Claudia Medín Sanmartín ( 4 anos A)
  • Yeva Kuasneuska (5 anos A)
  • Álvaro Santiago Varela ( 5 anos B)
  • Alexandre Díaz de Miranda ( 1ºA)
  • Chloe Ramos Cao (1º B)
  • Alicia Sanz Barbeito (2º A)
  • Ibai Cañás Chaudarcas (2º B)
  • Victoria López Gómez (2º C)
  • Carmen Vilas Rodríguez (3º A)
  • Javier Díaz Fernández (3º B)
  • Rubén Tojo Faya (4º A)
  • Claudia Pujades López (4º B)
  • Fiorella Delgado Díaz  (5º A)
  • Ángel Pidre Hermida (5º B)
  • Eric Cabello Barrral (6º B)

Día do libro 2021

Día do libro

 

Estaba el señor don Libro
sentadito en su sillón,
con un ojo pasaba la hoja
con el otro ve televisión.

Estaba el señor don Libro
aburrido en su sillón,
esperando a que viniera…
algún pequeño lector.

Don Libro era un tío sabio,
que sabía de Luna y de Sol,
que sabía de tierras y mares,
de historias y aves,
de peces de todo color.

Estaba el señor don Libro,
tiritando de frío en su sillón,
vino un niño, lo cogió en sus manos
y el Libro entró en calor.

Gloria Fuertes

 

Fantasmón ten algo que contarnos!

Rapaces! Rapazas! Profes! Familias! Fantasmón ten algo importante que contarnos. 

Se non visualizas ben o vídeo, preme nesta ligazón.

 

Primeiro mandado: A Tía Pura quere que o luns....

 Se non visualizas ben o vídeo, preme nesta ligazón.

 

Segundo mandado: A Tía Pura quere que o martes....

 Se non visualizas ben o vídeo, preme nesta ligazón.

 

Terceiro mandado: A Tía Pura quere que o mércores...

Se non visualizas ben o vídeo, preme nesta ligazón.

 

Cuarto mandado: A Tía Pura quere que o xoves...

 

Se non visualizas ben o vídeo, preme nesta ligazón.

 

Quinto mandado: A Tía Pura quere que o venres...

Se non visualizas ben o vídeo, preme nesta ligazón.

 

A ler!!

Aproveitade o tempo de lecer para ler... Presta porque entretén, emociona, ensina e embelece...

A ver...se a volta de vacacións o noso Fantasmón ten máis cores...

 

Martín con Fantasmón

Fantasmón co seu creador, Martín Blanco (5o A), na biblioteca do noso cole.

Día da biblioteca (de 4º a 6º de Primaria)

O día 24 de outubro pasado, foi o día adicado ás bibliotecas; dende o Equipo de Coordinación de Biblioteca queremos sumarnos a esta celebración amosando oito bibliotecas moi interesantes.

Unha biblioteca pode definirse, dende o punto de vista etimolóxico, coma un lugar onde se gardan libros, pero esta definición non alcanza a expresar todo o significado que unha biblioteca ten, dende multitude de puntos de vista: educativo, cultural, social, político, arquitectónico e urbanístico, entre outros.

Nesta selección daremos conta destes espazos, escollidos por destacar en algúns dos aspectos citados.

Non é doado facer esta selección polo gran número de bibliotecas interesantes que existen, así que vos animamos a que fagades, coa información que hai dispoñible na rede, a vosa propia selección, profundizando nas características que fan a cada biblioteca singular.



Biblioteca da Basílica de San Francisco de Lima (Perú)

Situada no centro histórico de Lima, alberga uns 25.000 volúmenes, entre os que se atopan verdadeiras xoias, entre elas, libros editados nas primeiras épocas da imprenta no Perú.

Ten unha decoración barroca que se mantén igual dende a súa construción no ano 1.546.

 

Biblioteca da Basílica de San Francisco de Lima (Perú)

 

Biblioteca Pública de Stuttgart (Alemania)

Turistas e fotógrafos de todo o mundo quedánse abraiados polo impresionante edificio onde se ubica a biblioteca, proxectado polo arquitecto coreano Eun Young Yi, de 11 plantas, 2 de elas subterráneas.
Constituie o epicentro cultural da cidade alemana polos talleres e actividades desenrolados nela.

Biblioteca Pública de Stuttgart (Alemania)

 

Biblioteca Pública de Nova York (Estados Unidos)

Inagurada a comezos do śeculo XX en Manhattan, na Quinta Avenida coa Rúa 42. Dende o impresionante Astor Hall, de mármore branco á sala de lectura principal, que aparece en numerosísimas e famosas películas de cine.
O seu catálogo incluie varios manuscritos de Shakespeare e unha carta de Cristóbal Colón.

Biblioteca Pública de Nova York (Estados Unidos)

 

Safe Haven Library Myanmar (Sur de Asia)

Dentre as bibliotecas, esta é unha das máis especiais. Non é luxosa nin enorme, pero ten detrás unha filosofía de solidaridade.

Este deseño noruego provee de libros e materiais educativos a nenos e nenas orfos/as. Diseñada cun ambiente aberto e cun exterior de canas de bambú que se integra co entorno.

 

Safe Haven Library Myanmar (Sur de Asia)

 

O Biblioburro de Luis Soriano (Colombia)

Este é o caso dunha biblioteca móbil, que non ten ningún tipo de estrutura máis que dous burros: Alfa e Beto, axudan a Luis Soriano a chegar a zonas ruráis de complicado acceso. O encargado desta tarefa é un maestro de Primaria.

O Biblioburro de Luis Soriano (Colombia)

 

Biblioteca de Iwaki (Japón)

A biblioteca de Iwaki é unha entidade privada aunque está aberta ó público para turistas e curiosos. Ó principio era a biblioteca para tres escolas, pero agora se concibe coma un museo dos libros ilustrados.

 Biblioteca de Iwaki (Japón)

 

Bibliobus da Escola Highfield (Reino Unido)

Aquí temos outro caso de bibliotecas móbiles. Este bibliobús está aparcado no patio da escola comunitaria de Highfield e funciona coma un espazo máis da escola.

Bibliobus da Escola Highfield (Reino Unido)

 

Biblioteca “Moisés Gómez” do CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez (A Coruña)

É a biblioteca do noso centro, ten multitude de libros de todas as temáticas, escritos por unha gran pluralidade de escritores e escritoras...e témola moi cerquiña.

Leva o nome dun mestre que estivo no noso colexio fai anos e axudou a creala: Moisés Gómez (a biografía está na sección da biblioteca nesta web).

O curso pasado convocamos un concurso para elexir a mascota e a proposta gañadora foi Fantasmón, ideada por Martín Blanco de 5º A.

 

Biblioteca “Moisés Gómez” do CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez (A Coruña)

Biblioteca “Moisés Gómez” do CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez (A Coruña)

 

 Descarga toda esta información nun pdf: Descargar

Día da biblioteca (de 1º a 3º de Primaria)

O día 24 de outubro pasado, foi o día adicado ás bibliotecas, dende o Equipo de Coordinación de Biblioteca queremos sumarnos a esta celebración amosando 8 bibliotecas infantiles moi interesantes.
As bibliotecas son lugares máxicos onde se gardan montóns de sonos en cada estante que poderás levar para casa e disfrutalos coa túa familia.
Agora imos coñecer unha selección moi especial:

 

My Tree House (Singapur)

Esta biblioteca infantil preciase de ser a primeira biblioteca sostible. A árbore pola que se accede a esta biblioteca está inspirado no libro de “O bosque encantado” de Enid Blyton, a famosa escritora de libros infantiles. A colección de libros que contén é de temática verde, tendo por obxectivo promover o amor e coidado do medio ambente nos nenos e nenas.

My tree house


Biblio Toyen (Oslo)

Este innovador espazo rompeu as normas de catalogación tradicional e etiqueta os libros con frases “curto, pero bó” o “sobre robots”.

Biblio Toyen (Oslo)


Niños Conarte (Monterrey, México)


O ambiente é aberto, luminoso e moi colorido. Destaca o seu toque industrial, acorde ca cidade na que se ubica. As estanterías son montañas que sirven de parque para os nenos e as nenas.

Niños Conarte (Monterrey, México)

 


Safe Haven Library Myanmar (Sur de Asia)


Dentre as bibliotecas, ésta é unha das máis especiáis. Non é luxosa nin enorme, pero ten detrás unha filosofía de solidaridade.
Este diseño noruego provee de libros e materiáis educativos a nenos e nenas orfos/as. Diseñada cun ambente aberto e cun exterior de cañas de bambú que se integra co entorno.

Safe Haven Library Myanmar (Sur de Asia)

 


O Biblioburro de Luis Soriano (Colombia)


Este é o caso dunha biblioteca móvil, que non ten ningún tipo de estructura máis que dous burros: Alfa e Beto, axudan a Luis Soriano a chegar a zonas ruráis de complicado acceso. O encargado desta tarea é un maestro de Primaria.

 

O Biblioburro de Luis Soriano (Colombia)

biblioburro 2


Biblioteca de Iwaki (Japón)


A biblioteca de Iwaki é unha entidade privada aunque está aberta ó público para turistas e curiosos. Ó principio era a biblioteca para tres escolas, pero agora se concibe coma un museo dos libros ilustrados.

 Biblioteca de Iwaki (Japón)


Bibliobus da Escola Highfield (Reino Unido)

Aquí temos outro caso de bibliotecas móviles. Este bibliobús está aparcado no patio da escola comunitaria de Highfield e funciona coma un espazo mais da escola.

Bibliobus da Escola Highfield (Reino Unido)


Biblioteca Moisés Gómez del CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez ( A Coruña)

É a biblioteca do noso centro, nela vive Fantasmón, a mascota. Ten un tren cheo de libros de animais, prantas, nenos, nenas...e témola moi cerquiña. Leva o nome dun mestre que estivo no noso colexio fai anos e axudou a creala: Moisés Gómez.

 Biblioteca Moisés Gómez del CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez ( A Coruña)

Fantasmón, a mascota da Biblio do Wences

 

Descarga toda esta información nun pdf: Descargar.

 

DÍA DO LIBRO 2020

Dende o ano 1995 o 23 de abril celébrase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, promovido pola UNESCO.

Elexiúse este día por coincidir coa morte de escritores de tan RELEVANTES como MIGUEL DE CERVANTES, WILLIAM SHAKESPEARE ou GARCILASO DE LA VEGA (con algunha licencia histórica...)

Nestes días que estamos a pasar os libros merecen unha homenaxe moi especial.

Dende o colexio non queremos deixar pasar a data sen resaltar a importancia dos libros na nosa vida, por iso propoñemos distintas opcións para conmemorar este día:

 

Compartimos con vós este vídeo, do que descoñecemos a autoría, pero parecenos unha fermosa mensaxe para estes días: 

 

Por outra banda propoñémosvos un concerto: 

 

E por último tamén compartimos con todos esta iniciativa gratuíta de Amazon Kindle Unlimited, que libera a súa suscripción de libros durante os próximos 2 meses. Só debemos acceder á páxina e darse de alta no servizo. 

 

Esperamos que o disfrutedes, feliz día do libro, felices lecturas!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut