O xoves 11 de abril visitou a nosa biblioteca Xurxo Souto para contar historias e lendas ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria!
Xurxo é amigo de dous alumnos, Xoán de 6º A e Lois de 4º B.
É un grande contador de historias. Apaixónalle escoitar e aprender. Transmite con intensidade as historias que lle contan os mariñeiros e mariñeiras desta nosa terra e el, como terrícolo, como el di, vai recollendo nos seus libros “Contos do mar de Irlanda”, “A gran travesía de Chiruca Macallás”, “O retorno dos homes mariños”,”Tres trebóns”, “Contos da Coruña”, “A terra Queima”, “Materia prima”…
Contounos moitas lendas sobre o mar da Coruña que non sabiamos, deunos un mapa da nosa costa no que aparecen nomes que só coñece a xente do mar. Tocou a buguina e o acordeón.
Os seus amigos déronlle un pequeño agasallo de parte do colexio. Asinounos dous exemplares que podedes ver na biblioteca.
Onte Miguel, papá de Miguel da clase dos Cabaliños de 4 anos, veu ao cole para que xuntos puideran contar a todos os seus compañeiros os contos "Quitiquín" e "Los pitufos".
CONTOS NA LAREIRA:O PAPÁ DE MIGUEL
Pasaron todos un ratiño estupendo ao calor da nosa lareira.
Esta semana os nenos e nenas dos Cabaliños, de 4 anos A, achegáronse a nosa lareira a escoitar varios contos, os que contoulles Eduardo, o papá de Maia, e o que contou María, a avoa de Manuel.
A nosa lareira está moi concurrida, xa que os peques de infantil acuden alí cos compañeiros para escoitar as fantásticas historias que as familias veñen a contarnos.
Neste caso contáronnos "Corre, corre cabaciña" e "La ovejita que vino a cenar".
Moitas grazas a Patricia, curmá de Valentina, e a David, papá de Daniela, por compartir este ratiño con nós.
En 3 anos, achegáronse ao caloriño do lume para recibir a María, nai de Breogán da aula de 3 anos B.
Entre os dous, nai e fillo, agasállaronnos co conto "O COELLIÑO BRANCO" ( Kalandraka) e non tedes máis que mirar as caras dos nenos e nenas para comprobar o que nos gustou a todos.
Grazas por compartir esta actividade con todos nós.