Skip to Content

XURXO SOUTO

O xoves 11 de abril visitou a nosa biblioteca Xurxo Souto para contar historias e lendas ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria!

Xurxo é amigo de dous alumnos, Xoán de 6º A e Lois de 4º B.

É un grande contador de historias. Apaixónalle escoitar e aprender. Transmite con intensidade as historias que lle contan os mariñeiros e mariñeiras desta nosa terra e el, como terrícolo, como el di, vai recollendo nos seus libros “Contos do mar de Irlanda”, “A gran travesía de Chiruca Macallás”, “O retorno dos homes mariños”,”Tres trebóns”, “Contos da Coruña”, “A terra Queima”, “Materia prima”…

Contounos moitas lendas sobre o mar da Coruña que non sabiamos, deunos un mapa da nosa costa no que aparecen nomes que só coñece a xente do mar. Tocou a buguina e o acordeón.

Os seus amigos déronlle un pequeño agasallo de parte do colexio. Asinounos dous exemplares que podedes ver na biblioteca.

Pasámolo xenial e aprendimos un montón!

Moitas grazas por vir de forma desinteresada!

Volve cando queiras!!

Medre o mar!



page | by Dr. Radut