ATENCIÓN, FAMILIAS!!!
Retomando o proxecto do ano pasado “Antigos costumes”, que foi unha pasada, este ano continuámolo, pero relacionándoo máis co tren e co barrio.
Entón, pedimos a colaboración dos avós, avoas, tíos/as, amigos/as, pais, nais, veciños/as... para que veñades ao colexio a contarnos lendas, contos, cancións ou vivencias relacionadas co tren, co noso barrio ou con Galicia en xeral, coma o ano pasado en galego.
Este curso podemos facelo de forma presencial ou virtual, como prefirades. Mandade as vosas propostas, vídeos ou suxerencias a wencescogalego@gmail.com.
Se é de forma presencial, buscaremos un día e hora.
REMATA O PRAZO O 12 DE MAIO.
MOITAS GRAZAS!! ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!
Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez.