Skip to Content

Día de Rosalía

O venres 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, o día no que naceu a nosa ilustre poeta Rosalía de Castro.

Este ano 2024, cúmprense 187 anos do seu nacemento e o alumnado voluntario da biblioteca quixemos honrala indo á estatua que hai no noso barrio, pero o mal tempo impedíunolo. Aínda así, limos e cantamos versos dela na nosa biblioteca: “Paseniño paseniño”, “Namorados” e “Negra sombra”.

Ademais, catro voluntarios/as de cada clase dende 3º a 6º foron ler poemas aos máis pequenos. Gozaron moito coas lecturas!

VIVA ROSALÍA!

Día de Rosalía

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut