Skip to Content

Actividades no centro

Día de Rosalía

HOXE VEUNOS VER “UNHA VISITA ESPECIAL” AO COLEXIO.

FOI, NADA MÁIS E NADA MENOS, QUE A FAMOSA ROSALÍA DE CASTRO!!

Contounos que estaba de mudanza de Santiago a Padrón para vivir na súa nova casiña.

Casa Rosalía

Dixo que era o seu aniversario, acertaron algúns nenos/as os anos que cumpría hoxe e recitounos un poema do seu libro publicado tres anos antes.

Se queredes demostrar que moito sabedes de Rosalía, facede as actividades que aparecen neste enlace: “Día de Rosalía 23-2-23” e “Preguntas sobre Rosalía”.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipwenceslaocorunha/aulavirtual/course/view.php?id=80

 

Ademais, lede o poema que ela vos contou e mirade esta receita do caldo e do bolo de pote.

Ummm!!! O caldiño sabe a “groria”!!! Bo proveito!!!

https://rosalia.gal/que-facemos/proxectos/caldo-de-gloria/

https://youtu.be/5HkWCHaOGJY

 

GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN E PARTICIPACIÓN, RAPARIGOS/AS!!

ESTUDADE MOITO PARA TRABALLAR NO QUE QUEIRADES, COMA MIN, PARA PODER TER UNHA “MIÑA CASIÑA, MEU LAR” E COMER UN CALDIÑO QUE SABE A “GRORIA".

Día de Rosalía

Día de Rosalía

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Entroido 2023

O venres 17 de febreiro celebramos o Entroido cun pasarrúas!

Aquí tedes o vídeo e un álbum de fotos.

Álbum Entroido 2023

Pasarrúas de Entroido

ATENCIÓN!!! VOLVE O PASARRÚAS!!! VIAXAMOS POR EUROPA NO “WENCESRAIL!!!

ÁS 11:30 SAIREMOS DO COLEXIO POLA PORTA DE PRIMARIA EN ORDE DENDE OS GRUPOS DE 3 ANOS ATA 6º. ÁS 13:20 VOLTAREMOS.

PERCORRIDO:

Rúa General San Martín, avda. Ferrocarril, Marqués de Figueroa, Ángel Senra case ata o final,  volta e imos por Capitán Juan Varela, praza da estación na parte baixa. Alí actuaremos entreas 12:30 e as 13:00 aproximadamente.

NORMAS:

- Tanto na saída como na chegada ao colexio no n está permitida a entrada de pais ao recinto escolar. Excepto aqueles que, por algún motivo xustificado, deban acompañar aos seus fillos/as.

- A recollida do alumnado se fará coma sempre, ás 14:00.

- Os pais ou familiares que vaian acompañando ao desfile, deberán respectar as indicacións que o profesorado dea nese momento ou teña dadas días antes.

- Rogamos non se paren a falar cos nenos/as para non interromper a marcha.

- Non se poden difundir as imaxes.

AVISOS:

Ese día poden traer sobremesas típicas do Entroido para compartir cos compañeiros/as.

Merendarán antes do habitual para poder dar comezo ao pasarrúas ás 11:30.

GRAZAS E... VIVA O ENTROIDO!!!

CHUCUCHÚ, CHUCUCHÚ... SUBE AO TREN DO WENCES...

Tren

Taller e concerto didáctico

 

Taller de Xoán Carlos Rilo e Concerto didáctico do Grupo de música tradicional da AGADIC

 

O ALUMNADO DE 6º RECIBIU A IMPARTICIÓN DUN TALLER DE GAITA E UN CONCERTO DIDÁCTICO.

 

O mércores 7 de decembro de 2022 veu Xoán Carlo Rilo, gaiteiro, a darnos un taller sobre a gaita na aula de música.

Explicounos a orixe da gaita, os tipos e gaitas de varios países do mundo. Amosounos varias e as tocou. Nós tocamos “A Virxe de Guadalupe” coa frauta con el.

 

O xoves 15 de decembro veu el co seu grupo a darnos un concerto didáctico ao Salón de actos do noso colexio o Grupo de música tradicional da Agadic, pertencente ao Centro Coreográfico Galego.

O grupo está formado por catro músicos:

Xoán Carlos Rilo, Daniel Romero, Xosé Ramón Bugliot e Carlos Taboada.

Comezaron tocando a Alborada Anterga de Ourense co cuarteto tradicional galego: dúas gaitas, tamboril e bombo.

Explicáronnos a orixe, as partes e a forma de tocar de varios intrumentos tradicionais galegos: a gaita, o tamboril, o bombo, o pandeiro, a pandeireta, a requinta, a ocarina, a zanfona e a gaita EVO. Ademais tocaron varios idiófonos: peitoque, culleres, tarrañolas, castañola de cana...

O repertorio que tocaron despois da Alborada de Ourense foi o seguinte:         

- Marcha procesional de Breixo e Muiñeira da Ponte (Tradicional-A. Anta Seoane)

- Polca dos Campaneiros (A Farruquiña) (Tradicional)

- Foliada de Tenorio (Tradicional)

- Marcha procesional e Muiñeira do Areal (Tradicional-Tradicional)

- Foliada de Santiso (Tradicional)

- Marcha de Chirimías (Recollida no cancioneiro Casto-Sampedro)

- “Ao pasar por Lavadores” (do grupo "Os morenos de Lavadores")

 

Estivo xenial e aprendimos moito sobre o noso folclore musical, que é amplísimo e que debemos coñecer e conservar.

GRAZAS POR VIR!! VIDE TÓDOLOS ANOS!

 

 

 

Festexamos o Magosto!

O pasado venres 11 de novembro festexamos o Magosto. Ademais de comer castañas, gozamos cos xogos tradicionais galegos!

Aquí podedes ver o álbum de fotos.

 

Preparando o Magosto

Benqueridas familias!!!

Temos o pracer de darvos unha boa nova:

VOLVE O MAGOSTO!!!

O venres 11 de novembro asaremos castañas no colexio e comerémolas no patio. Tamén faremos un baile e xogaremos a xogos populares.

Solicitamos de novo a vosa colaboración para:

- Traer unha morea de castañas PICADAS durante os días 9, 10 ou 11.

- Durante eses mesmos días teñen que traer tamén un castañeiro feito na casa co nome e curso posto para gardar as castañas e as cascas. Dámosvos a continuación unha idea de como facelo: Necesitades un brick de leite baleiro e limpo, cortado pola metade tal e como se indica no debuxo. (Podedes facelo sen cortalo nun lateral para poder dobralo). Non esquezades o cordón para poder colgalo do pescozo e ter as mans libres para poder comer moitas castañas!! Forrádeo e decorádeo como vos guste!!




MOITAS GRAZAS DE ANTEMÁN POLA VOSA COLABORACIÓN.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez.

 

Samaín 2022

02/11/2022

Grazas familias por axudar a facer estas marabillosas creacións que custan tanto tempo e esforzo e requiren grandes doses de creatividade!!!

As cabazas convertéronse en trens, globos, avións, carrozas, coches, maletas, globos terráqueos, xefes de estación, viaxantes, maletas, etc, etc, etc...

As nosas cabazas viaxaron arreo polo mundo adiante!!!

SON FANTÁSTICAS!!! AQUÍ AS TEDES!!!

 

 

Álbum: Samaín 2022 -> Samaín 2022

Volven as cabazas polo Samaín!

Volven as cabazas polo Samaín

Ampliación prazo antigos costumes

ATENCIÓN, FAMILIAS!!

AMPLIAMOS O PRAZO PARA A ENTREGA DOS AUDIOS OU VÍDEOS SOBRE "ANTIGOS COSTUMES" ATA O MARTES 17 DE MAIO PARA QUE AS FAGADES CANDO VOS REUNADES COA FAMILIA.

SEGUIDE MANDÁNDOOS A wencescogalego@gmail.com

Son boísimos os que mandaron!! Queremos máis!!

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipwenceslaocorunha/taxonomy/term/198

MOITAS GRAZAS

 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Wenceslao Fdez. Flórez. 

Concerto: Xoán Curiel e a Banda do Terror

O alumnado e profesorado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivemos a sorte de gozar, o martes 20 de abril, dun concerto de Xoán Curiel e a Banda do Terror.

PASÁMOLO DE MEDO!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut