Skip to Content

Actividades no centro

Antigos costumes

Boas, familias!!

Dende o colexio queremos facer unha actividade para a que precisamos a vosa colaboración. Poderá participar algún familiar do alumnado ou ben calquera outra persoa disposta a colaborar coa comunidade educativa.

Trataríase de facer un relatorio sobre “Antigos costumes”, hoxe en desuso, utilizando a lingua galega. Podedes contar lendas, contos ou simplemente historias ou anécdotas, autobiográficas ou non, que reflictan a vida no noso barrio, na nosa cidade ou nas aldeas no século XX, xogos aos que xogábades de pequenos/as... Tódalas vosas propostas serán benvidas!

O obxectivo é poñer en contacto ao alumnado coa lingua e cultura galega, a través da narración oral.

Agradeceriamos que nos mandásedes un vídeo ou un audio ao correo electrónico wencescogalego@gmail.com antes do 30 de abril porque queremos colgalo na páxina web durante a semana das Letras Galegas.

ANIMÁDEVOS PARA NON PERDER A NOSA CULTURA!!

MOITAS GRAZAS!!

 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP PLurilingüe Wenceslao Fdez. Flórez.

Festexamos o Entroido!

O venres 25 de febreiro festexamos o Entroido.

Mirade que ben o pasamos!

Concerto AGADIC

Concerto didáctico do Grupo de música tradicional da AGADIC

O mércores 12 de xaneiro  de 2022 veu tocar ao Salón de actos do noso colexio o Grupo de música tradicional  da Agadic, pertencente ao Centro Coreográfico Galego.

Realizaron un pase para 6º B e outro para 6º A.

O grupo está formado por catro músicos:

Xoán Carlos Rilo, Daniel Romero, Xosé Ramón Bugliot e Carloa Taboada.

Comezaron tocando  a Alborada de Ourense co cuarteto tradicional galego: dúas gaitas, tamboril e bombo.

Explicáronnos  a orixe, as partes e a forma de tocar de varios intrumentos tradicionais galegos: a gaita, o tamboril, o bombo, o pandeiro, a pandeireta, a requinta, a ocarina, a zanfona e a gaita EVO. Ademais tocaron varios idiófonos: peitoque, culleres, tarrañolas, castañola de cana...

O repertorio que tocaron despois da Alborada de Ourense foi o seguinte:    

- Marcha de Breixo e Muiñeira da Ponte (Tradicional-A. Anta Seoane)

- Polca dos Campaneiros (A Farruquiña) (Tradicional)

- Foliada de Tenorio (Tradicional)

- Marcha procesional e Muiñeira do Areal (Tradicional-Tradicional)

- Foliada de Santiso (Tradicional)

- Marcha de Chirimias (Recollida no cancioneiro Casto-Sampedro)

Estivo xenial e aprendimos moito sobre o noso folclore musical, que é amplísimo e que debemos coñecer e conservar.

GRAZAS POR VIR!!

VIDE TÓDOLOS ANOS!

AGADIC

Concerto de Paco Nogueiras

24/11/2021 20:35

O luns 22 de novembro, Día da Música, veu ao noso colexio Paco Nogueiras a darnos un concerto ao alumnado de 1º, 2º e 3º!!!

Cantou as cancións do seu disco "Radio Bulebule", premiado co Martín Códax na categoría de música infantil. Un luxazo!!

Cantamos, bailamos e pasámolo xenial!!

Álbum: Actividades alumnado -> Concerto Paco Nogueiras

Polo San Martiño, faise o magosto...

No Wenceslao temos unha boa canteira de cociñeiros e cociñeiras!!!! Grazas pola vosa colaboración!

Botade un ollo e veredes a cantidade de receitas que se poden facer cunhas castañas!!!!

 

 

 

Entra na aula virtual para descubrir moito máis!: Entra na zona de Dinamización da lingua galega.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut