Skip to Content

Animación á lectura

Visita á residencia da 3ª idade “La Milagrosa”

O alumnado de 3º de primaria fixo unha visita aos residentes no centro de maiores próximo ao noso cole. Uns e outros desfrutaron dunha experiencia estupenda. Alí cantaron e compartiron uns momentos inesquecibles para todos.

Recomendacións lecturas Nadal 2022

Recomendación de lecturas biblioteca Moisés Gómez

Estreamos os petos de Fantasmón!

                            

Hoxe o alumnado colaborador estreou os petos da biblioteca Moisés Gómez. O equipo de colaboradores vaise rotando cada día e entre todas e todos contribuímos a que a nosa biblioteca estea nas mellores condicións de uso para desfrutala a tope.

O PLAMBE chega ao noso centro


O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta chega ao noso centro


A Xunta de Galicia vén de incorporar o noso centro educativo ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe), tal e como publica o Diario Oficial de Galicia en data 19/10/2.022.


A asignación que nos corresponde por nova incorporación estará destinada á actualización dos fondos documentais da biblioteca, á renovación do mobiliario e outro equipamento necesario, así como para outros gastos de funcionamento.


Os mestres/as do noso centro que o solicitaron recibirán formación específica, así coma a tutela da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería.


Imos a darlle un cambio necesario a Biblioteca “Moisés Gómez” para conquerir un modelo de biblioteca que sexa o eixe vertebrador do centro.


Ganas e esforzo para aproveitar a nosa participación no Plambe e satisfacer ás necesidades da comunidade educativa.


        PARABÉNS para todas e todos nós.

Día das Bibliotecas

No colexio seguimos a celebrar o Día das Bibliotecas.

O alumnado aceptou con entusiasmo o agasallo de Fantasmón.

Fantasmón agasalla libros

Día das Bibliotecas

 Preme en Fantasmón e escóitao!

Día das Bibliotecas

 

 

 

Lecturas recomendadas para o verán

Lecturas recomendadas 1Lecturas recomendadas 2

Visita de autores/as

Este curso visitou o noso centro unha escritora, Andrea Maceiras, que tivo unha animada charla co alumnado de 6º de Primaria que lera o seu libro "A folla azul" e un escritor, Antonio M. Fraga, que disertou sobre a súa obra "Papá caníbal" coas nenas e nenos de 5º de Primaria que xa disfrutaran da súa lectura.

Grazas desde aquí aos dous.

Andrea Maceiras

Antonio M. Fraga

Recomendacións de libros. Nadal 2021

Deixámosvos aquí as recomendacións de libros para agasallar este Nadal!

A árbore dos libros

Visita da escritora Rosa Aneiros

O pasado 4 de maio, a escritora Rosa Aneiros visitou ó alumnado de 6º de Primaria do noso centro para charlar sobre o libro de lectura colectiva do cal é autora: "Tres bichicomas, dúas illas e unha serea". Ademáis animounos a perseguir os seus sonos e a adicarse o que máis lles gustara. Confesou que ela nunca pensara en ser escritora profesional pero que xa dende pequena notaba a necesidade de expresar de forma escrita o que sentía e bulía polo seu interior e nunca deixou de escribir. Outros títulos de esta utora son: "Xelís, o guieiro das botellas de mar", "Ámote Leo A.", "Orestes perde o sentido"... entre outros. Dende o noso colexio agradecémoslle a súa presenza.

Rosa Aneiros

Libro de Rosa Aneiros

Rosa Aneiros

Distribuir contido


by Dr. Radut