Skip to Content

O PLAMBE chega ao noso centro


O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta chega ao noso centro


A Xunta de Galicia vén de incorporar o noso centro educativo ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe), tal e como publica o Diario Oficial de Galicia en data 19/10/2.022.


A asignación que nos corresponde por nova incorporación estará destinada á actualización dos fondos documentais da biblioteca, á renovación do mobiliario e outro equipamento necesario, así como para outros gastos de funcionamento.


Os mestres/as do noso centro que o solicitaron recibirán formación específica, así coma a tutela da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería.


Imos a darlle un cambio necesario a Biblioteca “Moisés Gómez” para conquerir un modelo de biblioteca que sexa o eixe vertebrador do centro.


Ganas e esforzo para aproveitar a nosa participación no Plambe e satisfacer ás necesidades da comunidade educativa.


        PARABÉNS para todas e todos nós.

AdxuntoTamaño
Plambe WEB.pdf63.98 KB


page | by Dr. Radut