Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

WENCES GOT TALENT

Chegou o final de este curso e con el un festival no que os peques demostraron que no noso cole temos uns grandísimos artistas!

Resultou un festival moi variado, divertido, ameno... e todo grazas aos protagonistas, este fantástico alumnado!

 

 

Para que vexades que cantidade de aritistas temos no Wences deixámovos un guíon coas actuacións: 

1º PASE

2º PASE

TEATRO

Ximnasia rítmica de Adriana  "Gimnastic dance" de Lola, Alba, Anqi, Daniella  Grupo de teatro da Anpa
Chistes de Hugo, Jorge e Javi Canción galega de Ledicia, Noa, Roi e Jorge   
"Maneo e pasodoble de Limiñoa" de Sara, Candela, Antía, Paula, Xiana   Maxia de Lara, Noa, Marta e Daniella   
Baile de Claudia, Antía, Paula, Sheila     Canción de Antía, Estefanía, Paloma, Noa, Uxía, Ainhoa e Blanca   
Baixo “Hnei boo” de Roi  Baile acrobático de Martina e Vera   
Baile hip hop de Carla  Rap de Ezequiel e Pedro   
Canción “We Will rock you” de Malick   Humor de Lois e Anxo   
Ximnasia rítmica de Alís, Laia, Paula, Ari    Ximnasia Ritmica de Blanca e Antía   
 Canción "Lucky Luke" de Raúl, Brais e Rubén  Pasodoble de Meira de Ana, Antía, María, David e Xián   
Guitarra de Diego  Canción de Nerea   
Baile de "Blue Sisters", Antía e Nerea Monólogo de Martín   
Maxia Épica de Gustavo e Martina  Ximnasia rítmica de Paz   
Show da Pantera Rosa de Blanca, Ángela, Dani e Felipe      
Rap "Chao Wenceslao" de Joel e Uxía     

 

Moitas grazas a todas e todos pola participación, ilusión, interese...

Aproveitamos para desexarvos un estupendo verán, boas vacacións!!!

VISITAMOS MARCELLE

13/06/2019 10:57

O pasado mércores, 13 de xuño, os compis de 1º, 2º e 3º de primaria foron de excursión ata Marcelle.

O pasaron pipa e viron un montón de animais. Un día xenial!

Álbum: Visitas escolares -> Marcelle 1º 2º 3º

EXHIBICIÓN DA POLICÍA NACIONAL

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria acudiron a pasada semana ao Coliseum de A Coruña para disfrutar dunha exhibición da polícia nacional. 

Ensináronnos como traballan cos cans e cos cabalos, como desactivan bombas, e ata fixeron un simulacro de secuestro!!

O pasaron fenomenal!! Haberá algunha futura ou algún futuro policía entre os nosos alumnos??

 

ENTROIDO SONORO 2019

O pasado venres, 1 de marzo, todo o alumnado e profesorado do Wenceslao enchemos as rúas do noso barrio de ledicia, cores e moito, moito son!!

Esperamos que gozárades tanto coma nós do noso particular e sonoro Entroido!

 

 

Moitas grazas a todos por acompañarnos e colaborar para que esta festa fora posible.

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

30/01/2019 11:20

O pasado mércores, 30 de Xaneiro, conmemoramos no cole o día Escolar da no Violencia e da Paz.

Para iso, coa colaboración de todas as familias fixemos varias actividades. 

Por unha banda,  construimos o noso "Camiño cara a Paz" cos bricks que os nenos e nenas trouxeron decorados da casa. O percorrido levounos ata un tablero, onde fumos colocando as pezas dun puzle que decoramos nas distintas aulas e no que recollemos a nosa mensaxe de Paz. 

Rematamos a celebración bailando e cantando todos xuntos a "Polca da Paz", que preparamos coa profe Nuria.

Pola outra banda, colaboramos co banco de Alimentos Rías Altas cunha recolleita solidaria, que tivo un gran resultado!!

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Con motivo da próxima celebración do Día da Paz, este ano no cole imos colaborar co Banco de alimentos Rías Altas, cunha recollida solidaria.

Nas entradas do cole tedes as caixas para depositar as vosas doacións ata o día 31 de xaneiro

Entre todos encheremos moitas caixas, seguro!! Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

FESTIVAL DE NADAL 2018

O pasado trimestre o rematamos por todo o alto, celebrando o noso Festival de Nadal. 

Nós o pasamos moi ben ensaiando, preparando e actuando para os nosos compañeiros e profes, esperamos que vos o disfrutedes tamén!

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO 2018

O pasado venres celebramos no cole a festa do Magosto

Dende primeira hora todo o cole refendía a fume que ía abrindo as ganas de castañas asadas de todos os que o ulían!

Depois de comer as castañas que o "Equipo castañeiro" fixo con moito cariño, bailamos todos xuntos no patio a ritmo da "Muñeira de Lugo" que un grupo de alumnos do cole interpretaron e bailaron estupendamente!

 

 

Como vedes o pasamos moi ben!

 

CELEBRAMOS O SAMAÍN 2018

A pasada semana celebramos no cole o Samaín. 

Enchemos o centro de cabazas do máis orixinais xa que seguían coa temática do proxecto de centro de este ano: O SON

Así os nenos e nenas de infantil crearon instrumentos musicais, os de 1º e 2º inspiráronse nos sons da natureza, os de 3º e 4º nos sons da casa e os de 5º e 6º nos sons da rúa. 

Como podedes ver quedounos unha exposición do máis chula!!

 

 

Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración, participación e noraboa polos traballos tan orixinais cos que contamos este ano!!

EAEC

 

ENTROIDO

Celebramos o Entroido entre cociñeiros, bombeiros, xardiñeiros, bailarinas, pricesas, cabaleiros, frades, animais varios, heroes de todo tipo... e algún que outro de difícil identificación.

 

MERCADILLO SOLIDARIO 

Con motivo do Día da Paz (finais de xaneiro, primeiros de febreiro), organizaremos o SEGUNDO MERCADILLO SOLIDARIO, que tanto éxito tivo o ano pasado.
Lembramos ás familias que, despois da chegada dos Reis Magos, non se desprendan dos xoguetes, libros e xogos que estean en bon estado.
Á volta das vacacións daremos as indicación para recoller os xoguetes que queiran aportar.

Distribuir contido


by Dr. Radut