Skip to Content

Dinamización da Lingua Galega

Os mandados de Fantasmón

LUNS:

Aínda que o venres é o día

daríame moita alegría

se o luns puideses vir

cun mantón de Manila.

 

MARTES:

Non te esquezas

non o olvides

o martes debes traer

tamén a parte de arriba.

 

MÉRCORES:

O mércores traerás,

queda moi ben que os leves

un complemento nos ollos,

polo tanto uns bos lentes.

 

XOVES:

Non logro adiviñar

de que te vas disfrazar.

Trae a parte de abaixo

para podelo acertar.

 

VENRES:

E chegou o día grande

e chegou o grande día!

Pon o pucho, o sombreiro

e todo o conxunto enteiro.

Preparando o Entroido

MANDADOS DO ENTROIDO 2022

CEIP PLURILINGÜE WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

 

Este curso tampouco

poderemos realizar

a comparsa polo barrio,

pero si os mandados:

A cuestión é conseguir

complementos divertidos

que sexan acumulativos

para o venres vestir.

 

LUNS:

Aínda que o venres é o día

daríame moita alegría

se o luns puideses vir

cun mantón de Manila.

 

MARTES:

Non te esquezas

non o olvides

o martes debes traer

tamén a parte de arriba.

 

MÉRCORES:

O mércores traerás,

queda moi ben que os leves

un complemento nos ollos,

polo tanto uns bos lentes.

 

XOVES:

Non logro adiviñar

de que te vas disfrazar.

Trae a parte de abaixo

para podelo acertar.

 

VENRES:

E chegou o día grande

e chegou o grande día!

Pon o pucho, o sombreiro

e todo o conxunto enteiro.

Xoguetes seguros! De compras por internet

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia pon a disposición de toda a comunidade educativa dúas ferramentas pedagóxicas:

O cómic "DE COMPRAS POR INTERNET" e o conto "CONSUMIÑA E CONSUMIÑO EN: XOGUETES SEGUROS".

Aquí tedes o enlace para acceder a eles:

Xoguetes segurosDe compras por internet

 

 

Xogos tradicionais

Enlace á páxina web de xogos tradicionais galegos do Consello da Cultura Galega.

Tedes tamén a opción de descargar a aplicación móbil.

http://xogospopulares.consellodacultura.gal/

Xogos tradicionais

Celebramos o Magosto!

12/11/2021 21:28

Dous anos despois volvemos celebrar o Magosto. Mirade o ben que o pasamos! 

Álbum: Magosto 2021 -> Magosto 2021

Magosto

Benqueridas familias!!!

Temos o pracer de darvos unha boa nova:

VOLVE O MAGOSTO!!!

O venres 12 de novembro asaremos castañas no colexio e comerémolas no patio respectando sempre as medidas de seguridade.

Solicitamos de novo a vosa colaboración para:

- Traer unha morea de castañas PICADAS durante os días 10 ou 11.

- Un deses días ou o venres 12 teñen que traer un castañeiro feito na casa para gardar as castañas e as cascas. Dámosvos a continuación unha idea de como facelo: Necesitades un brick de leite baleiro e limpo, cortado pola metade tal e como se indica no debuxo. (Podedes facelo sen cortalo nun lateral para poder dobralo). Non esquezades o cordón para poder colgalo do pescozo e ter as mans libres para poder comer moitas castañas!! Forrádeo e decorádeo como vos guste!!

MOITAS GRAZAS DE ANTEMÁN POLA VOSA COLABORACIÓN.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez.

Tempo de Samaín!

           Así temos o cole para celebrar o Samaín!!!

 

Samaín 2021

Xa está aquí o Samaín!

Fai clic na imaxe.

Samaín 2021

Na Aula Virtual tedes xogos, chistes, cancións e moitas máis sorpresas!

As nosas músicas

Letras Galegas 2021 – XELA ARIAS

Xela Arias

 

A Real Academia Galega, neste ano 2021, rende homenaxe a Xela Arias (Sarria, 1962–Vigo, 2003), unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea, editora e tradutora.

A través deste enlace atoparedes recursos para saber máis sobre a vida e obra de Xela.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipwenceslaocorunha/aulavirtual/course/view.php?id=62

 

Distribuir contido


by Dr. Radut