Skip to Content

Os mandados de Fantasmón

LUNS:

Aínda que o venres é o día

daríame moita alegría

se o luns puideses vir

cun mantón de Manila.

 

MARTES:

Non te esquezas

non o olvides

o martes debes traer

tamén a parte de arriba.

 

MÉRCORES:

O mércores traerás,

queda moi ben que os leves

un complemento nos ollos,

polo tanto uns bos lentes.

 

XOVES:

Non logro adiviñar

de que te vas disfrazar.

Trae a parte de abaixo

para podelo acertar.

 

VENRES:

E chegou o día grande

e chegou o grande día!

Pon o pucho, o sombreiro

e todo o conxunto enteiro.



page | by Dr. Radut