Skip to Content

Organización Entroido. Pasarrúas cancelado

 

ENTROIDO 2024: VENRES 9 DE FEBREIRO.

 

Pasarrúas polo barrio: cancelado.

 

 En caso de que se poida baixar á pista:

 

Acceso ao colexio de 12:30-12:45 polo portalón de Primaria. Poderán ver o desfile e as actuacións dúas persoas por alumno/a e sentarán nas gradas.

 

As persoas autorizadas para axudar accederán á pista ás 12:30 e esperarán na porta branca que dá acceso a Infantil (os que atendan aos de 3 e 4 anos), os axudantes de 5 anos diante da porta que dá acceso ás escaleiras (onde fan as filas polas mañás) e os de Primaria esperarán na porta de acceso ás escaleiras de 1º a 3º.

 

Ás 12:45 baixarán os grupos por orde. Darán dúas voltas arredor da pista e colocaranse por filas mirando ás gradas para actuar.

 

IMPORTANTE: Non se poden difundir as imaxes. Hai alumnos/as que non posúen autorización.

 

Orde de actuación:

 

- Introdución: Música da “Metro Golden Mayer”

 

1) 3 e 4 anos: “101 Dálmatas”

 

2) 5 anos e 5º: “ Piratas do Caribe”

 

3) 1º: “Os Minions”

 

4) 2º: “Charlie e a Fábrica de Chocolate”.

 

5) 3º: ”Harry Potter”

 

6) 4º: “Mary Poppins”

 

7) 6º: “ Super Mario Bros”

 

- Final: “Looney Toones Cartoon”

 

Sobre as 13:15 os grupos marchan ás súas clases a recoller e sairedes polo portalón de Primaria.

 

A recollida do alumnado é ás 14:00, como sempre.

 

 

 

NOTA IMPORTANTE:

 

SE MAÑÁ VENRES NON SE PODE IR AO PATIO POLA ALERTA METEOROLÓXICA AS FAMILIAS NON PODERÁN ASISTIR E ORGANIZAREMOS ALGO A 4ª E 5ª SESIÓNS POR QUENDAS NO XIMNASIO OU NO SALÓN DE ACTOS.

 

 

Moitas grazas pola súa colaboración e BO ENTROIDO!

 

 

 

 



page | by Dr. Radut