Skip to Content

Recursos do Equipo de Dinamización Lingüística

A EOI de Santiago de Compostela coa axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de presentar Play aRi[t]mar, unha aplicación web que reúne músicas e poemas galegos e portugueses que foron galardoados ou finalistas nas diferentes edicións aRi[t]mar que se levan convocado desde 2016. As obras atópanse principalmente en forma de vídeos musicais e videopoemas, aínda que a plataforma tamén conta con versións escritas das poesías e letras de cancións e outro material complementario. https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/recursos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/promovelo/contido_826.html.
 
Que garda o teu chineiro?, un caderno de xogos, obradoiros e brincadeiras para alumnado de infantil e primaria. https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/promovelo/contido_841/que-garda-teu-chineiro-antaxurada.
 
Atlas de Europa, unha ferramenta útil para o ensino e aprendizaxe da xeografía europea nas aulas de 6º de primaria, ESO e bacharelato. https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/promovelo/contido_830/atlas-europa-andavira-editora.


page | by Dr. Radut