CORRECCIÓN TAREFAS LINGUA CASTELÁ 3º- 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día, déixovos unha correción dos exercicios de repaso de lingua castelá que estades a facer nas vosas casas durante estos días. Aínda tedes tempo durante esta semana para rematalos, pero déixovos as respostas por se tedes algunha dúbida, ou para os que os remataron para que os vaian corrixindo.

 

SAIDA AO TEATRO LAURO OLMO

O noso alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria,  sairon ao teatro Lauro Olmo, nesta ocasión tiveron a oportunidade de ver a obra “Unboxing Alice”  que trata sobre o moito tempo que transcurriu dende que Alicia visitou Wonderland por última vez e o momento no que toca volver visitalo. Nese momento Alicia dáse conta que chegou o momento de actualizarse. Tweedle Dee e Twee Dum soben ao coche dos youtubers e son os encargados de guiarnos a través dunha hilarante viaxe para dar a coñecer a verdadeira natureza de Alicia. A obra baséase na participación do público, unha experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.

 

 

 

Coma sempre a prensa acórdase de nós:

 

Os estudantes de Valdeorras asistiron a representación de “Unboxing Alice”

3 febrero, 2020
Publicidad

Estudantes de todos os colexios de primaria da comarca acudiron a representación desta obra que está interpretada en inglés

Os estudantes dos centros de educación primaria da Comarca de Valdeorras acudiron a representación da obra “Unboxing Alice” na mañá do 3 de febreiro no Teatro Lauro Olmo do Barco.

Durante algo máis dunha hora, e en dúas sesións para que todos os escolares puideran ver a obra, OnStage Company presentou a obra que trata sobre o moito tempo que transcurriu dende que Alicia visitou Wonderland por última vez e o momento no que toca volver visitalo.

Publicidad

Nese momento Alicia dáse conta que chegou o momento de actualizarse. Tweedle Dee e Twee Dum soben ao coche dos youtubers e foron os encargados de guiar aos cativos través dunha hilarante viaxe para dar a coñecer a verdadeira natureza de Alicia. Todo un “vídeo de desbloqueo”. Esta obra baséase na participación do público, unha experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.

A obra enmarcáse no proxecto “Corrente Cultural” que conta coa colaboración do Concello do Barco, Abanca e Afundanción, que leva a obra por diversas vilas e cidades de Galicia.

 

PAZ 2020

Xoves día 30 de Xaneiro, comezamos cos preparativos para a celebración do día da Paz, dende as diferentes titorias foise traballando esta data señalada no noso calendario, a través de diferentes actividades como:

VISIONADO DO VIDEO A PALOMA MARI PAZ

 

 

 

DIFERENTES MANUALIDADES

 

 

 

 

XOGOS COOPERATIVOS

 

 

 

 

 

 

Temos que ter en conta que outra vez se acordan de nós para sair en prensa:

  

Somos Comarca

Cada 30 de enero los colegios celebran el Día escolar de la No Violencia y la Paz

Cada 30 de enero se celebra el Día escolar de la No Violencia y la Paz. Esta fecha está dedicada a la educación en y para la tolerancia, la solidaridad, la concordia, el respeto a los Derechos Humanos, la no-violencia y lpaz. Una fecha que coincide con la muerta de Mahatma Gandhi, quien aseguraba que «Si tenemos que alcanzar la verdadera paz en el mundo, tendremos que empezar con los niños».

El Colegio Virxe do Camino de Rubiá dedicaron la mañana a juegos cooperativos con medallas por la participación. La actividad consistía en una seria de retos que los alumnos y alumnas debían superar trabajando en equipo. En todos ellos tenían que ayudar para superar los problemas que van surgiendo en las diferentes pruebas.

Los niños y niñas de educación infantil elaboraron banderines de la paz y otras tareas de expresión plática.


 

 

FESTIVAL DE NADAL 2019/2020

Despois de tanto ensaio e nervios chegou o momento temido polos nosos artistas, o seu gran debut. Arrancamos coa posta en marcha do noso Festival de Nadal o xoves pola tarde no cal visitamos a Residencia de Anciáns de Rubia, nela os nosos rapaces fixeron as delícias dos presentes coa interpretación do seu festival de Nadal. O día seguinte foi a posta en escea na Casa da Cultura con maís nerviosismo se cabe por que estaban alí as suas familias, para ver o moito que se esforzaron en cada unha das diferentes actuacións coas que nos deleitaron.

 

 

 

 

 

Mirade se o fixeron estupendamente que volveron a sair en prensa :

Recorte periódico O SIL

 

Celebrando o Nadal no CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá

Alumnos de Primaria do CEIP Plurilingüe de Rubiá no Festival de Nadal. /Foto cedida.

 

Uns días despois de participar no 4º Mercadiño de Nadal, cun posto montado polos rapaces coa axuda de toda a comunidade educativa, o CEIP Pluriligüe Virxe do Camiño de Rubiá celebraba a súa particular festa previa ás vacacións de Nadal. Nesta imaxe podemos ver aos nenos de Primaria nunha das actuacións do Festival de Nadal, en concreto co tema “Sweet child O’Mine” de Guns N’Roses.

Así, cantando e bailando daban a benvida a estas datas festivas, despedíndose das clases ata despois de Reis.

 

 

 

QUERIDOS RAPACES OS VOSOS PROFESORES DESEXANVOS UNHAS FELICES FESTAS, E NON VOS ESQUEZADES VEMONOS O DIA 8 DE XANEIRO AS 10 DA MAÑA PARA QUE COMPARTADES CON NÓS OS VOSOS RECORDOS DESTAS FESTAS.

MERCADIÑO DE NADAL 2019/2020

Os  nosos rapaces coa axuda de toda a comunidade educativa, montaron un posto navideño no Mercado de Nadal 2019/2020, traballaron moito e fixeron cousas fermosas como as seguintes, esperamos que logren unha gran venda de todas elas.

 

 

 

 RECORTES DE PRENSA, VOLVEMOS A SAIR EN....

SOMOS COMARCA

 

O Mercadiño de Nadal de Rubiá celebrase esta fin de semana

 
O Mercadiño de Nadal de Rubiá celebrase esta fin de semana

Produtos tradicionais como pan, mel licores así como artesanía estarán presentes no recinto da Casa da Cultura

O Concello de Rubiá organiza un ano máis o Mercadiño de Nadal que se celebrará no interior do recinto da Casa da Cultura o 14 e 15 de decembro.

Mercado de produtos tradicionais como mel, pan, doces ou licores. Tamén artesanía en coiro e xoiería, artigos de segunda man. Como é habitual, os nenos e nenas do colexio Virxe do Camiño de Rubiá, montarán o posto de adornos de Nadal para recadar cartos para a excursión de fin de curso.

A inauguración será o sábado 14 de decembro, ás 12:00 horas e contarase ca presenza do alcalde Elías Rodríguez. O Mercadiño estará aberto de 12:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.


 


Desde a Concellería de Cultura informan  que aínda está aberto o prazo para solicitude de postos. Máis información  chamando ó Concello de Rubiá en horario de oficina.

O último día, o domingo ó peche do mercadiño farase entrega dos premios do terceiro concurso de fotografía «Rubiá outono sen filtros». Tamén haberá degustación de chocolate con churros para todos os asistentes.

Esta é xa a cuarta edición dun Mercadiño de Nadal que se consolida a medida que pasan os anos. Comezou no 2016 para que os veciños e veciñas mostrasen os seus produtos, artesanía até para vender cousas de segunda man e nesa primeira edición chegaron a contarse até 12 postos. Agora xa é unha cita case que obrigada.

 

 

Rubiá celebra esta fin de semana o Mercadiño de Nadal

 
 
 
 
 
 
 

Nos postos deste mercadiño destacan os prudutos artesanais coma pan, licores ou doces

O Concello de Rubiá organiza un ano máis o Mercadiño de Nadal que se celebrará no interior do recinto da Casa da Cultura entre hoxe 14 de decembro e mañá día 15.

Neste mercado de produtos tradicionais pódense atopar produtos coma mel, pan, doces ou licores. Tamén artesanía en coiro e xoiería, artigos de segunda man. Como é habitual, os nenos e nenas do colexio Virxe do Camiño de Rubiá, montaron o posto de adornos de Nadal co fin de recadar cartos para a excursión de fin de curso.

O Mercadiño estará aberto de 12:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas

.Rubiá celebra esta fin de semana o Mercadiño de Nadal



Mañá último día de mercado faráse entrega dos premios do terceiro concurso de fotografía «Rubiá outono sen filtros». Tamén haberá degustación de chocolate con churros para todos os asistentes.

Esta é xa a cuarta edición dun Mercadiño de Nadal que se consolida segundo que pasan os anos. Comezou no 2016 para que os veciños e veciñas mostrasen os seus produtos, artesanía até para vender cousas de segunda man e nesa primeira edición chegaron a contarse até 12 postos. Agora xa é unha cita case que obrigada.

 

  

TAMÉN NO XORNAL

O SIL

 

Entre os expositores do 4º Mercadiño Navideño de Rubiá

estará o do CEIP P. Virxe do Camiño

Esta mostra abrirá as súas portas o sábado 14 de decembro ás 12:30h. na Casa da Cultura

 

Imaxe do expositor do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá no Mercadiño Navideño do 2019./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Produtos tradicionais, doces, artesanía, obxectos de decoración… Son algúns dos produtos que poderán atoparse as persoas que visiten nesta fin de semana do 14 e 15 de decembro o “4º Mercadiño Navideño” de Rubiá, que estará instalado na Casa da Cultura.

Esta mostra inaugurarase o día 14 de decembro ás 12:30h. e poderá visitarse, tanto nesa xornada como na do 15 de decembro en horario de 12:30h. a 14h. e de 16:30h. a 20h. Ademais, este segundo día pola tarde o Concello entregará os premios do concurso de fotografía “Rubiá Outono sen filtros”.

 

CONMEMORACIÓN DA CONSTITUCIÓN E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA 2019-2020

Unha data tan importante como esta non pasa por nós desapercibida e intentamos que os nenos souperan un pouco máis da nosa historia, investigando sobre a Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia.

  

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Quentamos motores para a preparación do día 25 de Novembro, o venres día 22 comenzamos a traballar sobre a violencia de xénero coa lectura do conto " Arturo e Clementina", cada aula traballou sobre o conto e a continuación visualizamos un corto sobre él.

 


                                                                                                 

Cando Arturo e Clementina coñecéronse namoráronse de inmediato e decidiron casar. Clementina tiña moitos soños e gran parte destes quixo entón realizalos xunto a Arturo, en especial viaxar e coñecer o mundo…. Ahhh, soñaba con Venecia. Pero Arturo, quen nun principio só entregáballe un disimulado "si" nun sorriso, unha vez casados decidiu que non era necesario que Clementina viaxase a ningún lado, que con que quedase en casa bastaba, que el sairía e abasteceríaa de todo o que necesitase. Pero pasaron os días e algo non lle cadraba a Clementina na súa nova vida. Ela non quería quedarse na casa todo o día esperando a que chegase Arturo, ela quería estar con Arturo e compartir con el. Agora, se iso non se podía, polo menos pensaba en usar o seu día nalgún pasatempo que lle enriquecese a vida como pintar ou tocar a frauta. Pero Arturo non cría que ela fose capaz desas cousas, atopábaa parva, aburrida e moi despistada… pero queríaa, por iso traíalle todos os días un agasallo distinto: un gramófono para que oíse música, un cadro para que vise unha pintura, un vaso de Murano para que imaxinase que viaxaba por Venecia e todo isto íao atando con moito coidado ao caparazón de Clementina. A pobre Clementina vía crecer unha torre dos obxectos máis diversos e curiosos sobre as súas costas, pero nada disto facíaa feliz e o peso facíaselle cada día máis insoportable. Ata que chegou o día que decidiu saírse do caparazón e camiñar así, liviá e sen equipaxe, recobrando desta maneira un pouco de alegría e da súa propia vida. Arturo non comprendía e miraba con sospeita o novo ánimo da súa esposa. Moi pronto chegou o día en que Arturo volveu á súa casa pola tarde e non atopou a Clementina por ningún lado. A tartaruga foise… é probable que a viaxar, tocar a frauta ou pintar un cadro. Ata o día de hoxe Arturo non comprende por que a súa esposa foise do seu lado e certamente indignado comenta: "Era realmente ingrata, aquela Clementina; non lle faltaba nada: vinte e cinco pisos tiña a súa casa, repleta de tesouros".

No conto de Clementina dáse unha das formas de violencia máis daniña entre as parellas, aquela que a través da descualificación e desmedro do outro vai diminuíndo e liquidando a autoestima do que é agredido. Desta forma, cada vez que Arturo atopaba ridícula a Clementina coas súas preguntas, soños e aspiracións, esta atopábase á súa vez parva e aburrida, coidándose de mostrarse tal como realmente era fronte ao outro e coartando a expresión libre da súa ser.

Permitiunos reflexionar sobre a necesidade humana de coñecerse e respectarse a un mesmo para logo poder, entón, buscar a outro que nos complemente e que xamais nos anule.

Despois de este traballo de reflexión enviamos para casa a realización de un prato de papel contra a violencia de xénero, coa técnica abstrata que cada un desexase, a finalidade era crear un mural na nosa biblioteca do centro, que quedou espectacular.

O luns dia 25 fomos o Concello para seguir tomando conciencia sobre este día, alí agasallaronnos con un libro dos Bolechas o cal tiveron a oportunidade de ler no salón de actos do Concello, pola tarde estivemos todos na biblioteca cos nosos pratos no acto de peche a este día.

 

 

 

 

 

 

 

 

RECORTE DE PRENSA DA NOSA VISITA O CONCELLO NO PERIODICO O SIL:

Acto no Concello de Rubiá contra a violencia de xénero

Os nenos do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño recibiron un libro dos Bolechas titulado "En Rubiá somos iguais"

 

 

Dun xeito moi especial e orixinal celebraban en Rubiá o 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Na mañá deste luns, os alumnos do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño acercábanse ata a casa do Concello e alí, dende os Servizos Socias entregábanlle a cada neno un libro dos Bolechas que leva por título En Rubiá somos iguais. Unha bonita forma de fomentar a igualdade dende idades temperás, da man deses simpáticos personaxes creados por Pepe Carreiro.

 

 

Portada do libro dos Bolechas.

 

Esta é unha actividade, xunto coas que xa se fixeron no verán, que leva a cabo o Concello de Rubiá no marco das actividades de promoción subvencionadas pola Secretaría Xeral da Igualdade.

 

RECORTE DE PRENSA EN SOMOS COMARCA:

Así se está conmemorado el Día de la Eliminación de la violencia contra la mujer

25 noviembre, 2019 ACTUALIDAD

 

En casi todos los municipios de la comarca se llevaron a cabo concentraciones a las 12.00 horas

 

Cada 25 de noviembre, desde 1981, se conmemora el Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la mujer. Una fecha que también se está celebrando en casi todos los municipios de Valdeorras y que se alargará durante toda la semana.


 

El objetivo de esta fecha es sensibilizar y denunciar la violencia machista que se ejerce sobre las mujeres en todo el mundo. Y es que solo en España desde el año 2003 —fecha en la que se comienza a contabilizar estos asesinatos— ya van más de 1000 mujeres fallecidas a manos de su pareja.

Los niños y niñas de Rubiá, contra la violencia de género

Para conmemorar este día, los alumnos y alumnas del CEIP Virxe do Camiño de Rubiá, recibieron de parte de los servicios sociales del concello un libro dos Bolechas. Este lleva por título “En Rubiá somos iguales”. Cada uno de los niños ha recibido su cuenta y lo han leído en conjunto.

Esta es una actividad que se une a las que se hicieron durante el verano en el concello dentro del marco de las subvenciones de la Secretaría General de igualdad.

FESTA DO SAMAÍN 2019/2020

Despois de tantos preparativos chegou o día do Samaín o colexio, todos preparados tres, dous, un e festa...

 

 

 

 

 

Ata saimos na prensa outra vez....

Samaín de comidas «terroríficas» e festas de disfraces nos colexios da comarca

Xincana monstruosas no CEIP Virxe do Camiño de Rubiá

No colexio de Rubiá, CEIP Virxe do Camiño fixeron unha «comida terrorífica» e unha xincana monstruosa na que participaron e colaboraron as familias dos rapaces.

 

Unha cabaza de globos permitiu tomar fotografía de Samaín en Rubiá

Exposición de cabazas feitas polo alumnado e tamén de escobas. Para rematar chocolate con churros para todos os asistentes.

AS NOSAS TITORIAS

Xa estamos todos/as. Aquí podemos ver cada grupo cos seus titores/as:

EDUCACIÓN INFANTIL COA SÚA TITORA CRISTINA

1º E 2º DE PRIMARIA COA SÚA TITORA ANDREA

 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA COA SUA TITORA ANDREA

3º E 4º DE PRIMARIA CO SEU TITOR MIGUEL

5º E 6º DE PRIMARIA CO SEU TITOR FRAN

 

 

COMENZAMOS O CURSO 2019/2020

 

Comenzamos un curso nuevo por ello el día 11 de Septiembre os esperamos a todos a las 9:30 de la mañana 

 

"Ahora que comienza un nuevo ciclo escolar, debemos de recordar que todo inicio representa nuevos retos y sueños por cumplir, sin embargo también da oportunidad a nuevas aventuras por vivir en compañía de todos vuestros amigos y maestros.
Deseamos que vuestro inicio este lleno de éxitos y momentos felices."
Los profes del CEIP Virxe do Camiño

 

 

Distribuir contido (C01 _th3me_)