RESTABLECEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DO 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL E DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA O CURSO 2020/2021.

 

(ACORDO PUBLICADO NA RESOLUCIÓN DO 5 DE MAIO DE 2020 - DOG núm. 86)

- SÓ PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR PRIMEIRA VEZ NO CENTRO -

 

PRAZO: DO 11 AO 18 DE MAIO DE 2020.

 

  • PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS ANTES DO 9 DE XUÑO. (Reclamacións en 3 días hábiles dende o día seguinte á publicación).
  • PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS ATA O 26 DE XUÑO.
  • FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA (INFANTIL E PRIMARIA): DO 1 AO 10 DE XULLO DE 2020.

 

TELÉFONO DE CONTACTO: 653 89 97 73

 

VIDEOTITORIAIS PARA FAMILIAS E DOCENTES

A Consellería de Educación, Universidade e F.P. pon a disposición de familias e docentes varios videotitoriais para o manexo nas diferentes plataformas virtuais (Abalar, moodle, agueiro, etc...). Preme na seguinte ligazón: ACCESO  AOS VÍDEOTITORIAIS.

ORGANIZÁMONOS PARA SAÍR EN CONFINAMENTO

REPARTO DOS LIBROS DE TEXTO PARA O 3º TRIMESTRE

O Concello de Rubiá publicou un BANDO no que comunica aos veciños do municipio que: en colaboración co noso colexio procederá a repartir os libros de texto do terceiro trimestre ao alumnado, achegándollos ás súas casas para a vindeira semana. 

Asemade as familias que queiran realizar fotocopias ou imprimir fichas para as tarefas escolares poderán solicitarllo ao Concello a través do seguinte email: concelloderubia@gmail.com, achegando os arquivos ou ficheiros que queirades imprimir e indicando a que dirección as teñen que levar. Por favor, tratade de realizar os vosos pedidos de xeito que aforredes tempo e desprazamentos ao persoal do concello.

Dende o CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño queremos recordar ás familias que, en todo caso, recibirán notificación a través da aplicación Abalar Móbil, coas instruccións precisas de como se vai a levar a cabo o desenvolvemento do terceiro trimestre.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

CONTINUIDADE CALENDARIO ESCOLAR E AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE

  “A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou o pasado día 25 de marzo na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central. No encontro houbo consenso xeneralizado de manter o calendario escolar, co obxectivo de transmitir unha mensaxe de continuidade e normalidade respecto ao ámbito académico.

 Nesta liña, acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril. Ademais, decidiuse suspender este curso as probas de avaliación diagnóstica. Carmen Pomar agradeceu o esforzo que están a facer tanto docentes como familias para manter a poboación escolar activa e contribuír así á normalidade nesta situación excepcional.” (Fonte oficial: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634 )

 

Polo tanto, o boletín da avaliación do 2º trimestre poderá ser consultado, a partir do 3 de abril, a través da aplicación Abalar Móbil que cada familiar responsable debe ter instalada no seu terminal.

Por outra banda, unha vez confirmada a planificación do 3º trimestre procederemos a informar ás familias polas canles telemáticas establecidas no noso centro: Páxina Web e Abalar Móbil.

 

ACTIVIDADES E RECURSOS

PREME NO MENÚ DE EDUCACIÓN FÍSICA OU NOS BLOGS...O PROFE MIGUEL VEN DE PROPOÑER UN SEGUNDO RETO.... A VER QUEN É A PRIMEIRA OU PRIMEIRO EN CONSEGUILO!!!

 

LEMBRADE QUE TANTO NO BLOG DE EDUCACIÓN INFANTIL "ONDE COMEZA O CAMIÑO" E NO BLOG DE RECURSOS EDUCACIÓN PRIMARIA, PODEDES ATOPAR LIGAZÓNS A DIFERENTES RECURSOS, XOGOS, ACTIVIDADES...

ASEMADE, NOS MENÚS DA DEREITA DESTA MESMA PÁXINA TAMÉN PODEDES ATOPAR LIGAZÓNS ÁS PROPOSTAS DOS VOSOS MESTRES.

ATENTxS ÁS NOVIDADES!

TODO VAI SAIR BEN.

VergoñaAPERTAS PARA TODxS.Vergoña

IMOS LANZAR UN RETO:

 

Propoñemos  a toda nosa comunidade escolar de Rubiá que cada quen faga un letreiro, debuxo ou composición... pero onde apareza o lema: “TODO VAI SAIR BEN” cun arco da vella como protagonista.A creatividade é libre. Cando o rematedes quitades unha foto coa vosa proposta e enviádela por e-mail:

ceip.virxedocamino@edu.xunta.gal

ceipvirxedocamino@gmail.com

Todas as fotografías que recibamos, poderedes velas a través da Web do cole e dos blogs. Animádevos a participar!

MIRADE, QUE EMOCIÓN!!!... QUEREDES VER AS QUE NOS ESTADES A ENVIAR?... PREMEDE NA IMAXE

 

 

AMPLIACIÓN PRAZO MATRÍCULA

 

Segundo o artigo 1 das Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar  en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020:

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

ATENCIÓN AO ALUMNADO E ÁS FAMILIAS. CONTACTO TELEMÁTICO.

Mentres se manteña a suspensión das clases lectivas e extraescolares, por mor das medidas preventivas a causa

da pandemia do COVID-19, poden contactar co centro escolar a través das seguintes vías:

A través do e-mail : ceip.virxedocamino@edu.xunta.gal 

As familias tamén poden contactar a través da plataforma Abalar Móbil (teñen que estar dados de alta no servizo e descargar a aplicación). Prema aquí.

O profesorado poderá publicar actividades para que o alumnado poida realizar nos seus domicilios, a través deste mesmo espazo virtual (ver menús de Educación Infantil e de Educación Primaria, na parte dereita da pantalla), do blog de Educación Infantil ou da plataforma E-dixgal. Estas actividades, en todo caso non teñen carácter de avaliables.

 

Segundo as medidas dadas polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19, así como as medidas establecidas pola Xunta de Galicia, non asistirá ningún persoal docente ao CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño ao se tratar dun centro de menos de 6 unidades. Polo que ata novo aviso, o centro permanecerá pechado, nun principio, ata o 30 de marzo de 2020.

SUSPENSIÓN ACTIVIDADE LECTIVA

Comunicación aclaratoria das instrucións en materia de presenza de persoal nos centros de ensino non universitario

Lun, 16/03/2020 - 10:40

Diante das modificacións derivadas da declaración do estado de alarma, acláranse as últimas instrucións:

1. Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mais de seis unidades solo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas.

2. Nos centros de educación especial con residencia tan só se esixirá a presenza dun membro do equipo directivo, en réxime de quendas no mesmo horario, debendo os usuarios permanecer nos domicilios

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020

CORRECCIÓN DE ERROS: A LIGAZÓN AO BLOG DE EDUCACIÓN INFANTIL É: https://educacioninfantilrubia.blogspot.com

Distribuir contido (C01 _th3me_)