Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Dende o centro hoxe luns 9 de Marzo fixemos a celebración do Dia da Muller, os alumnos mais maiores do noso centro investigaron a vida das mulleres representadas na nosa Biblioteca, mural feito pola artista Laura Duben, pero os pequenos tamen fixeron traballo de aula para tomar conciencia sobre a necesidade de ter unha sociedade igualitaria.
Destacar que en prensa da comarca sale a autora dos nosos murais en unha entrevista:
A través da pintura e usando un entorno cotiá como lenzo (un armario de parede), a artista arxentina Laura Duben, afincada no Barco, celebraba este 8M, Día Internacional da Muller. Creaba unha pintura mural cunha serie de retratos de figuras femininas de referencia a nivel mundial (dende Rosalía de Castro e Frida Khalo ata Teresa de Calcuta) e dedicada a “todas as mulleres que no só soñan cun mundo máis xusto, senón que arriscan as súas vidas, loitan nas adversidades, traballan e arríscano todo”.
Esta é unha escolma simbólica de mulleres, xa que son “tantas” que “só puiden plasmar e unir na obra a unhas poucas, nelas están reflexadas milleiros de loitadoras”, di a artista. Entre elas destaca a Berta Cáceres “de Centroamérica, ecoloxista asasinada e líder na loita por reivindicar ás mulleres aborixes lencas”.
Este fermoso mural pode verse no interior do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá.
Fotos cedidas.
Estamos de celebración e para conmemorar este día o Equipo da Biblioteca ofreceunos unha actividade abraiante, a construcción de unhas tablillas para marcar o libro que recollo na biblioteca para poder despois colocalo no seu sitio unha vez que o lea, unha idea espectacular. A verdade que todos traballaron moito e fixeron unhas tablillas moi chulas, cada nivel fixo as tablillas seguindo un autor e un estilo de pintura diferente.
O mestre Miguel explicou a todos a nova norma para a lectura na biblioteca, a cal aprenderon rapidamente.
Como todos os anos o noso colexio aventúrase nun novo proxecto nesta caso relacionado coas artes, chamámoslle "GEZELLIGUEID" no cal estan inmersos toda a comunidade educativa a primeira actividade do proxecto foi a realización dun mural de madeira dividido en celdas para formar o nome do noso proxecto, cada neno elaborou a sua táboa en colaboración coa súa familia. A verdade que nos quedou espectacular.....
PARABÉNS A TODO O ALUMNADO POLO TRABALLO REALIZADO O LONGO DO ANO. ESTE É O RESULTADO: AS VOSAS ACTIVIDADES PUBLICADAS NO PORTAL DA LINGUA GALEGA.
E TAMÉN NO PORTAL PRIMAVERA DAS LETRAS DA REAL ACADEMIA GALEGA:
Antes de rematar o segundo trimestre, gravamos o conto dos tres porquiños, na versión en galego (con todo o alumnado da etapa de infantil) e inglés (co alumnado de educación primaria).
ASÍ NACEU O NOSO PROXECTO INTERDISCIPLINAR E GLOBALIZADO PARA TODA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA. O CEIP DE RUBIÁ É UN CENTRO UBICADO NUNHA POBOACIÓN DO RURAL, NA QUE TANTO A FLORA COMO A FAUNA SON ÚNICAS. CONCIENCIADOS CO MEDIO AMBIENTE, PROPUXÉMONOS ENTRE TODOS E TODAS POÑER O NOSO GRAO PARA QUE DISTINTAS ESPECIES DE AVES CONTINÚEN HABITANDO NO NOSO CENTRO. SAÍMOS O MONTE E DE UN VELLO PAO QUIMADO POLO LUME, REALIZAMOS A NOSA "CASA ARTÍSTICA PARA PAXAROS".
ESTE FOI O RESULTADO FINAL, DESPOIS DE MOITOS DÍAS DE TRABALLO.
TOPIARIO DE FLAMENCO
MACETA DECOUPAGE
PIROGRAFÍA EN MADEIRA
POSTERIORMENTE TRABALLAMOS POR COMPETENCIAS EN
LENGUA CASTELLANA
LINGUA GALEGA
LINGUA INGLESA
E AQUÍ TEDES O RESULTADO FINAL
CONCIENCIA2 EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA
DE ESTE XEITO TAN LÚDICO E DINÁMICO TRABALLAMOS DURANTE O 3º TRIMESTRE O DIÑEIRO. CADA NENO ELABOROU UNHA CARTEIRA COS SEUS BILLETES, AS SÚAS MOEDAS, E ATA O SEU "D.N.I". FOI UNHA ACTIVIDADE DIVERTIDÍSIMA.