DigiCraft

FAGO UN ROBOT

Nesta actividade temos que  coñecer algúns dos diferentes tipos de robots que existen. Cada alumno mediante a procura de información e imaxes en Google, deberán observar os seus principais características para crear unha maqueta con materiais reciclados. Finalmente, expoñerán o seu tipo de robot, as súas funcións e características ao resto da clase.

RECORDADE: Un robot é unha máquina á que lle damos ordes para que realice determinadas accións. Á secuencia destas ordes chamámola programación, e con ela conseguimos que o robot actúe como nós queremos. Un robot pode interactuar coa contorna, realizando unha ou outra acción dependendo da información que reciba do exterior a través dos sensores. Existen sensores capaces de detectar sons, intensidade de luz, temperatura, distancia a un obxecto, etc.

Cada alumno terá que investigar o tipo de robot que van traballar, que corresponderá cun dos seguintes: Robot de exploración. Robot aéreo. Robot doméstico. Robot de vixilancia. Robot asistencial. Ademais, cada ficha contén un recadro no que os alumnos e alumnas deberán indicar cales son as características do robot, e outro recadro para indicar “para que serve”.

Finalmente deben construír a súa propia versión do seu tipo de robot con materiais reciclados, tendo en conta que : As dimensións da súa base non deben ser superiores a 15 x15 cm (imprescindible para a seguinte sesión). Debe incluír todas as características posibles que anotaron. Para finalizar, deben poñerlle nome ao seu robot.

Moita sorte na vosa creación, vemonos pronto.

Moita sorte coa vosa imaxinación, vemonos pronto.

Distribuir contido (C01 _th3me_)