Celebracións

OBRADOIRO PRIMEROS AUXILIOS

ESTAMOS DE VOLTA

Queridos alumnos:

Sentimos unha alegría inmensa de poder comezar esta nova aventura con todos vós. Sen dúbida, sabemos que estamos ante unha persoas marabillosas, cunhas capacidades únicas. Estamos convencidos de que podedes evolucionar no mundo no que vivides, se volo propondes. Confíamos en que ao longo destes dias acharedes en vós mesmo esa forza e determinación constante para agarrarse ao obxectivo, cun sentimento alegre de seguridade. Confíamos tamén na  vosa vontade para levalo a cabo. Non podemos contarvos o que vamos a atopar polo camiño, nin nos mesmos o sabemos. Pero queremos que saibades que poderedes apoiarvos en nós se o desexades. Para iso estamos aquí. A partir de hoxe, poderedes ser quen queirades ser. Podemos asegurarvos que, con tesón e paciencia, converterédesvos neses que agora mesmo imaxínaos. O voso éxito dependerá de escoitarvos a vós mesmos, de escoitar as ideas que se inician dentro de vós e de facer o posible por poñelas en práctica. A vosa actitude expectante é a actitude correcta que debedes manter. Deixádevos levar e confiade en que as cousas sairán da mellor maneira posible.

De verdade, desexámosvos o mellor, neste comezo de trimestre, un tanto peculiar.

 


LETRAS GALEGAS 2019

NOS SEGUINTES ENLACES PODES VISUALIZAR OS SEGUINTES VIDEOS:

VÍDEO CONTEXTO SOCIO-HISTÓRICO DO S. XX.- A EMIGRACIÓN https://youtu.be/rpoH1UsNkEs

 

VÍDEO CONTEXTO SOCIO-HISTORICO DO S.XX.- O GRUPO NÓS https://youtu.be/pXyMeDgW-C8

 

VÍDEO CONTEXTO SOCIO-HISTÓRICO DO S.XX.- A GUERRA CIVIL E A DITADURA https://youtu.be/K4GaFeIA4BI

VÍDEO CONTEXTO SOCIO-HISTÓRICO DO S.XX.- A DEMOCRACIA E O ESTATUTO https://youtu.be/ADlsg81bYvs

 

VÍDEO CONTEXTO SOCIO-HISTÓRICO DO S.XX.- A DIVERSIDADE CULTURAL GALEGA (FINAIS DE SÉCULO) https://youtu.be/aohV0JvgqsE

VÍDEO CONTEXTO SOCIO-HISTÓRICO DO S.XX.- COMPLETO https://youtu.be/9zB3BBzK6JM

 

VIDEO-PRESENTACIÓN EN GENIAL.LY https://view.genial.ly/5c42fdadc432a71f8086e43b/videos-contexto

 

 

VÍDEO ADAPTACIÓN DA CATIGA "CASAMENTO DA PULGA" https://youtu.be/zMIHyt8eq80

 

 

VÍDEO TIME-LAPSE LSE "POR AMOR Á NOSA TERRA" https://youtu.be/MU16M7MHjBc  https://youtu.be/ss2xplUFItE

 

 

VÍDEO BAILE DA MUIÑEIRA

TOCA TOCA

PROMECOM 2018

https://somoscomarca.es/planes-en-el-virxe-do-camino-de-rubia/

COUSAS DE NEN@S

NA VINDEIRA SEMANA TEREMOS DISPOÑIBLE A REVISTA ESCOLAR "COUSAS DE NENOS" 2.018.

STOP THE FIRE

Kahoot sobre Mª Victoria Moreno Márquez

 

 

 

Kahoot é unha ferramenta moi útil para aprender e repasar conceptos de forma entretida, como nun concurso. A forma máis común é mediante preguntas tipo test con recompensas para o alumnado a medida que vai atinando as respostas. Pódese xogar empregando a aplicacion para móbil, a tableta ou o ordenador.

Para acceder aos xogos de kahoot ou deseñar un, tedes que crear unhaconta. Tras elixirdes o xogo no que queredes participar, os xogadores debedes acceder introducindo un código PIN que aparecerá na pantalla principal.

Ao tocar START, empezará a primeira pregunta. Na pantalla móstranse as catro respostas e a que cor e símbolo coas que se corresponden, de modo que cada participante pode responder de forma privada.

Cando elixides o modo de xogo (individual ou en equipo), xérase o código PIN deste xogo e móstrase en grande na parte superior da pantalla. Neste momento, os xogadores poden unirse ao xogo desde outro ordenador, visitando https://kahoot.it/   para introducir o código do xogo.

Na aplicación, pulsade Enter PIN e escribide as cifras do código PIN do Kahoot en curso. Agora o que vos queda é elixir o alcume co que desexades participar, que será o que verán o resto dos xogadores.

Ao acabardes a partida, un podio premia os que conseguiron maior puntuación. Estes datos poderán exportarse como un arquivo Excell.

Para acceder a este kahoot tedes que crear unha conta (sign up) https://kahoot.com/ e premer en buscar xogos (find Kahoots). PoñedesLetras Galegas 2018 e xa aparece.

Ligazón: https://kahoot.com/

Localización: Datas Sinaladas (Letras Galegas)

Carteis María Victoria Moreno Márquez

Xa queda menos para o 17 de maio, data que ninguén debería esquecer! Como xa sabedes, este ano o día das Letras Galegas dedícaselle a María Victoria Moreno Márquez. Estes son os carteis que fixemos no centro para participar no concurso sobre a autora. 

 

 

LETRAS GALEGAS 2018. María Victoria Moreno Márquez

Proposta de actividades para traballar a autora homenaxeada este ano polo día das Letras Galegas, María Victoria Moreno Márquez. As actividades están divididas en catro bloques: Educación Infantil, 1º e 2º de EP, 3º e 4º de EP, 5º e 6º de EP.

Pincha aquí.

 

Distribuir contido (C01 _th3me_)