Pedagoxía Terapéutica

ESTAMOS DE VOLTA

Queridos alumnos:

Sentimos unha alegría inmensa de poder comezar esta nova aventura con todos vós. Sen dúbida, sabemos que estamos ante unha persoas marabillosas, cunhas capacidades únicas. Estamos convencidos de que podedes evolucionar no mundo no que vivides, se volo propondes. Confíamos en que ao longo destes dias acharedes en vós mesmo esa forza e determinación constante para agarrarse ao obxectivo, cun sentimento alegre de seguridade. Confíamos tamén na  vosa vontade para levalo a cabo. Non podemos contarvos o que vamos a atopar polo camiño, nin nos mesmos o sabemos. Pero queremos que saibades que poderedes apoiarvos en nós se o desexades. Para iso estamos aquí. A partir de hoxe, poderedes ser quen queirades ser. Podemos asegurarvos que, con tesón e paciencia, converterédesvos neses que agora mesmo imaxínaos. O voso éxito dependerá de escoitarvos a vós mesmos, de escoitar as ideas que se inician dentro de vós e de facer o posible por poñelas en práctica. A vosa actitude expectante é a actitude correcta que debedes manter. Deixádevos levar e confiade en que as cousas sairán da mellor maneira posible.

De verdade, desexámosvos o mellor, neste comezo de trimestre, un tanto peculiar.

 


Distribuir contido (C01 _th3me_)