Familias

MENÚ COMEDOR: DECEMBRO 2021

Achegamos o menú escolar do comedor para o mes de decembro. Coma sempre podedes descargar o arquivo adxunto en PDF.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA PARA O CURSO 2021-2022

Tendo en conta a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

infórmase que o alumnado beneficiario é o seguinte:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude:O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Achégase a ORDE, PERO SÓ É NECESARIO IMPRIMIR E CUBRIR os ANEXOS I e ANEXOS II (aqueles que estean no caso (b) de ter que presentar solicitude). Ver o PDF adxunto.

MENÚ COMEDOR MES DE NOVEMBRO/21

Xa está dispoñible o menú do mes de novembro para o comedor escolar. Podedes descargar o PDF no arquivo adxunto.

MENÚ COMEDOR: OUTUBRO 2021 E INICIO DA XORNADA PARTIDA

O HORARIO DE XORNADA PARTIDA É O SEGUINTE:

  • ENTRADA ÁS 10:00H. DA MAÑÁ. (AS PORTAS ABRIRANSE 10 OU 15 MINUTOS ANTES)
  • SAÍDA ÁS 16:30H. DA TARDE.

ACHÉGASE O MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR CORRESPONDENTE AO MES DE OUTUBRO.

PODEDES DESCARGALO EN PDF NO FICHEIRO ADXUNTO.

LEMBRADE QUE A PARTIR DE OUTUBRO COMEZAMOS COA XORNADA PARTIDA ATA O MES DE MAIO 2022. O HORARIO DO COMEDOR NESTE CASO É DE 13:30 ÁS 15:00H. O ALUMNADO QUE VAI A COMER A CASA DEBE ENTRAR 5 MINUTOS ANTES DAS 15:00H.

 

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS QUE NON PUIDERON ASISTIR Á REUNIÓN DE INICIO DE CURSO

NO ARQUIVO ADXUNTO TEDES TODA A INFORMACIÓN PROPORCIONADA NA REUNIÓN DE INICIO DE CURSO.

AQUELAS FAMILIAS QUE NON PUIDERON ASISTIR, LEMBRADE CUBRIR E ASINAR AS DOCUMENTACIÓNS QUE SE ENVIARÁN A TRAVÉS DO ALUMNADO NA MAIOR BREVIDADE POSIBLE.

OS HORARIOS E AS LISTAXES DE MATERIAL ESCOLAR ESTÁN ADEMAIS PUBLICADAS TANTO NESTA PÁXINA WEB COMO EN CADA BLOG DE AULA

PARA CALQUERA DÚBIDA PODEDES POÑERVOS EN CONTACTO A TRAVÉS DAS CANLES OFICIAIS (TELÉFONO, ABALAR, CORREO ELECTRÓNICO).

MAÑÁ DÍA 9 DE SETEMBRO COMEZAN AS CLASES LECTIVAS PARA O ALUMNADO DAS ETAPAS DE INFANTIL E PRIMARIA ÁS 9:30 H.

O SERVIZO DE COMEDOR DE 14:30 H. ÁS 15:15H.

 

MOITAS GRAZAS, E BO COMEZO DE CURSO!

HORARIOS SEMANAIS DAS AULAS.

A CONTINUACIÓN PODEDES CONSULTAR OS HORARIOS SEMANAIS DAS CLASES PRESENCIAS PARA O CURSO 2021/2022.

LEMBRADE QUE OS MESES DE SETEMBRO E DE XUÑO, O HORARIO É DE XORNADA CONTINUA DE 9:30 A 14:30. SENDO O SERVIZO DE COMEDOR DE 14:30 A 15:15.

LIGAZÓNS AOS BLOGS DE CADA AULA.

TAMÉN PODEDES DESCARGAR OS HORARIOS NOS PDF QUE SE ACHEGAN ADXUNTOS.

LISTAXES DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022

PODEDES VER AS CORRESPONDENTES LISTAXES DO MATERIAL ESCOLAR NECESARIO PARA O DESENVOLVEMENTO DO CURSO 2021/2022, NAS SEGUINTES LIGAZÓNS AOS BLOGS DAS AULAS.

TAMÉN PODEDES DESCARGAR CADA UNHA DELAS NOS ARQUIVOS QUE SE ACHEGAN NOS PDF ADXUNTOS.

MENÚ COMEDOR: SETEMBRO 2021

ACHÉGASE PDF CO MENÚ ESCOLAR PARA O MES DE SETEMBRO/2021. 

LEMBRADE QUE NO MES DE SETEMBRO O HORARIO DO SERVIZO DE COMEDOR É DE 14:30 A 15:15H.

REUNIÓN FAMILIAS INICIO CURSO 2021/2022

O vindeiro mércores 8 do presente mes de setembro terá lugar unha reunión coas familias do alumnado no CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño, ás 11:30h. da mañá para tratar asuntos de organización e inicio do curso escolar 2021/2022.

Agardamos a vosa asistencia.

Atentamente, a direción do centro.

CALENDARIO ESCOLAR 2021-2022

O CALENDARIO ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022 ESTÁ APROBADO POLA ORDE DO 19 DE MAIO DE 2021 QUE PODEDES CONSULTAR AQUI.

TAMÉN PODEDES CONSULTALO NA PÁXINA 40 DA NOSA REVISTA ESCOLAR OU DESCARGALO NO FICHEIRO ADXUNTO EN PDF

AS CLASES LECTIVAS COMEZARÁN PARA AS ETAPAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA O VINDEIRO 9 DE SETEMBRO DE 2021 ÁS 9:30H. EN HORARIO DE XORNADA CONTINUA DURANTE TODO O MES DE SETEMBRO:

  • ENTRADA 9:30H.
  • SAÍDA PARA OS QUE VAN A COMER A CASA: 14:30H.
  • SAÍDA PARA OS QUE QUEDAN NO COMEDOR ESCOLAR: 15:15H.

 

Distribuir contido (C01 _th3me_)