Novas/Prensa

Novidades, noticias, información. Recortes de prensa.

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

ADMISIÓN ALUMNADO 2023 - 2024

 

PREMIO DO CONCURSO PARA A ELABORACIÓN DA EXPOSICIÓN SOBRE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Sentímonos moi orgullosos de poder comunicar oficialmente a resolución da convocatoria do concurso para a elaboración da exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2022, na que resultamos como centro gañador do mesmo, na categoría A (centros de educación infantil e primaria), co traballo "Florencio Delgado Gurriarán, poeta do agro".

Un premio que motiva aínda máis si cabe ao alumnado e profesorado do CEIP plurilingüe Virxe do Camiño, e que recompensa sen dúbida algunha un esforzo e labor que se fraguou dende os meses de outubro e novembro de 2021. Claro que cando se fixo público o nome do autor homenaxeado, a idea de presentarse xa comezou a rondar polas nosas cabezas. Non é a primeira vez que participamos, pero con Florencio Delgado Gurriarán, a esperanza e a ilusión depositada neste traballo de equipo, estivo máis presente que nunca.

O concurso, como cada ano de convocatoria, consiste na presentación de 10 carteis de gran formato e unha guía didáctica. Neste caso, e seguindo a liña que nos caracteriza, na elaboración dos carteis está moi presente un dos eixes dos proxectos de innovación educativa que se veñen levando a cabo no noso centro: o fomento da creatividade, da expresión artística e plástica. Por suposto, tamén tendo en conta o fomento da lingua e da cultura galega, esencial en todo proxecto educativo da nosa rexión.

É unha gran satisfacción para toda a nosa comunidade educativa formar parte deste proxecto, no que se tratou de potenciar de xeito global a biografía, obra, lingua e época na que viviu Florencio Delgado Gurriarán, especialmente por se tratar dun autor nado na nosa comarca. A cal tamén é protagonista en moita da iconografía e elementos dos carteis.

Noraboa a toda a comunidade escolar de Rubiá, posto que este tipo de recoñecementos é algo positivo que da visibilidade, non só a nosa pequena escola, senón tamén a súa contorna.

Dende o CEIP plurilingüe Virxe do Camiño queremos agradecer os parabéns e as mensaxes de apoio recibidas.

A guía didáctica pódese descargar no ficheiro adxunto. Os carteis e os demais recursos dixitais pódense atopar no blog O guieiro de Florencio.

 

 

 

 

Ligazón á Resolución oficial. Preme aquí.

Prensa e outras entidades fixeronse eco da noticia:

O portal da Lingua

O portal de Eduxunta

O sil.info

Somos comarca

Valdeorras de cerca

La Región

Creandotuprovincia.es

La Voz de Galicia

Códigocero.com 

 

 

 

25N: NON MÁIS VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

De novo, un 25 de novembro conmemoramos o día contra a violencia de xénero.  Nesta ocasión aproveitando o lema das camisetas, agasallo do Concello de Rubiá a todos os alumnos e profesorado: "Non máis violencia contra as mulleres" e que repetimos co noso lema particular: "Co maltrato non hai trato, non estás soa", posamos nun sinxelo photocall para denunciar a inxustiza na que seguiremos insistindo para repudiar todo tipo de violencia contra as mulleres, contra da violencia de xénero, contra da violencia doméstica e contra de calquera outro tipo de violencia. 

Esta lacra coa que convivimos, produto dun machismo o cal sigue provocando serios problemas nesta sociedade, fai que, tristemente, teñamos que escoitar e ver noticias, onde as mulleres seguen morrendo a mans dos seus verdugos, día tras día, ano tras ano.

Poñamos un alto a esta violencia, poñamos alto ao machismo. Nin unha máis!

PARA VER A NOTICIA NA PRENSA LOCAL PREME AQUÍ.

Durante a semana previa e neste mesmo día, o alumnado traballou diferentes contidos e recursos relacionados, a través dos programas de plurilingüismo e plurinfantil, así como cos seus mestres e mestras titores/as na aula.
(Ver tamén nos blogs das aulas)

LETRAS GALEGAS 2021

Como cada ano, celebramos as Letras Galegas, este ano 2021 dedicadas a Xela Arias. Profesora, poetisa, tradutora, editora, muller comprometida e nai. Xela Arias é un referente da poesía urbana contemporánea. E traduciu ou colaborou na tradución ao galego de grandes obras como "O enxenoso fidalgo Don Quixote da Mancha" de M. de Cervantes, "Drácula" de Bram Stoker, "Contos ao teléfono" de G. Rodari, "As bruxas" de Roald Dahl ou "O bosque animado" de Wenceslao R. Flórez. En poesía destacan os seus libros: "Darío a diario", "Tigres coma cabalos" ou "Intempériome".

O pasado mércores, Laura Iglesias, en representación do Concello de Rubiá entregou ao alumnado un libro en galego como agasallo para seguir fomentando a cultura e a literatura galega a través do hábito lector. E o alumnado traballou aunando dúas conmemoracións: o día do libro e o día das Letras Galegas. No patio cuberto están expostos os seus traballos: Un cómic a gran tamaño que relata a vida e obra de Xela Arias (polo alumnado da Aula Vermella), un mural a modo de gran fotograma sobre a película de animación "O bosque animado" (polo alumnado da Aula Verde), e uns carteis sobre Don Quixote, custodiados por dous muíños xigantes (polo alumnado da Aula Azul).

Para máis info sobre esta actividade, visitade o blog da nosa biblioteca.

Alumnado da aula Verde

Alumnado da aula Azul

Alumnado aula Vermella

 

VISITA DO DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA EN OURENSE

Hoxe día 13 de maio pola maña, a nosa directora Andrea Tato Vega, xunto ao alcalde de Rubiá, Elías Rguez. Núñez recibían ao Delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén Castro, que acudía in situ para comprobar as necesidades de mellora nas infrestruturas do noso colexio, e así anunciar a próxima reforma integral do mesmo.

Dalgún xeito, o traballo levado a cabo pola dirección e pola comunidade educativa durante estes útlimos anos, veise compensado por tanto esforzo.

Unha moi boa noticia para todos. Pois a continuidade da escola rural tamén é beneficioso para un bo desenvolvemento do municipio.

 

Noticia na prensa dixital: creandotuprovincia.es

 

 

 Noticia na prensa dixital: somoscomarca.es

PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022

INICIO CURSO 2020/2021

O curso escolar en Galicia comezará o 10 de setembro coa incorporación gradual do alumnado. Os primeiros en incorporarse ás aulas o xoves 10 serán os alumnos de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil (4 anos); 1º, 2º e 3º de Educación Primaria; e Educación Especial. Ao día seguinte, o 11 de setembro, iniciarán o curso escolar os alumnos de 6º de Educación Infantil (5 anos) e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Deste xeito, o venres día 11 estarían xa incorporados ás aulas a totalidade do alumnado das etapas de Infantil e Primaria.

RESOLUCIÓN DO 1 DE SETEMBRO DE 2020

Fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31756

INSTRUCIÓNS DO 22 DE MAIO DE 2020

 

A Consellería de Educación, Universidade e F.P. ven de publicar a Resolución do 22 de maio de 2020, na que se ditan as instrucións para o reinicio da actividade lectiva presencial no que resta do curso 2019/2020. Esta será de carácter voluntario para o alumnado de segundo de Bacharelato e os segundos cursos de F.P.

 

Polo tanto, as etapas de Infantil e Primaria non se incorporarán ás clases presencias, aínda que seguirán recibindo atención educativa a distancia e/ou telemática ata o 19 de xuño.

 

Por outra banda, a partir da fase II, permitirase a recollida de material por parte dos proxenitores así como a devolución de libros de texto do presente curso e a entrega dos correspondentess ao curso 2020/2021. A presenza das nais e pais cumprirá as medidas que se establecen no anexo das devanditas instrucións. E será baixo cita previa.

 

  • Data límite da devolución dos libros de texto 2019/2020: Ata o 7 de xullo
  • Data de entrega dos novos libros de texto para curso 2020/2021: Realizarase preferentemente en setembro.

 

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2020/2021

Aberta a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021.

A partir de mañá o Concello repartirá a todas as familias beneficiarias unhas breves instruccións do procedemento ademais do anexo da solicitude (exento alumnado que curse estudos de educación infantil o vindeiro curso escolar 2020/2021).

 

Unha vez cuberto, para proceder á entrega, chamar previamente ao teléfono: 653899773, (tamén se tedes algunha dúbida). Ou ben cubrilo a través da sede electrónica.

 

O alumnado de 6º de primaria ten que entregalo no IES.

O prazo rematará o vindeiro 19 de xuño.

 

 

LIGAZÓN AO SERVIZO FONDOLIBROS

LIGAZÓN Á ORDE DO 12 DE MAIO DE 2020

 

 

Distribuir contido (C01 _th3me_)