Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
O pasado 24 de outubro celebramos o día das bibliotecas escolares.
A nosa biblioteca actúa como mediadora das lecturas no centro, polo que é o núcleo da atención a formación de hábitos de lectura no conxunto da comunidade educativa. Con este fin, o equipo da biblioteca deseñamos a seguinte actividade voluntaria procurando a colaboración de todo o alumnado e das familias.
Grazas polos fermosos "Bonecos lectores".
VELAQUÍ UN GENIALLY NO QUE PODEREDES ACCEDER ÁS DIFERENTES GALERIAS DE FOTOS E VÍDEOS, DESPOIS DE PREMER CORRECTAMENTE AS CUESTIÓNS PLANTEXADAS. SE PARTICIPACHE NA HALLOWEEN'S WEEK DE SEGURO QUE ACERTARÁS TODAS AS RESPOSTAS.
Como cada ano, a Deputación Provincial de Ourense agasalla ao alumnado cun libro cuxa temática está relacionada coa conmemoración da auga, e tamén coa semana escolar da árbore. Por iso aproveitamos a sesión diaria dedicada ao Proxecto Lector, para desfrutar da lectura destes exemplares, que posteriormente cada neno e nena puideron levar pasa a súa casa. Este ano o libro é o conto: "No país das augas" de Xosé A. Perozo e Viki Ferre. Ademais nas aulas tamén se levaron a cabo outras tarefas relacionadas co coidado e co ciclo da auga.
Do 8 ao 12 de marzo, conmemorouse a Semana escolar da Prensa. Para ver as actividades levadas a cabo no noso centro, accede á entrada do Blog da Biblioteca: PREMENDO AQUI
A orixe desta conmemoración está na proposta realizada por Clara Zotkin na II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, celebrada en Copenhague no 1910 coa finalidade de destacar a loita da muller pola súa participación dentro da sociedade, a prol da súa emancipación e do seu desenvolvemento íntegro como persoa. No ano 1972, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o ano 1975 como Ano Internacional da Muller, quedando institucionalizada a data do 8 de marzo como Día Internacional polos dereitos da muller e a Paz Internacional.
Dende a nosa humilde aportación, traballamos nas aulas ao longo da semana previa, a biografía e o papel no que destacaron algunhas mulleres que non aparecen de xeito habitual nos libros de texto, e en consecuencia, quedan esquecidas na Historia, á cal fixeron grandes contribucións.
O luns tamén en colaboración coa ANPA e atendendo ás pertinentes medidas de prevención, hixiene e seguridade establecidas no protocolo Covid-19, realizarase unha actividade de contacontos: "Contamos en igualdade", a cargo de Eduvia, así como a exposición do traballo nas aulas.
Atoparedes máis información sobre esta actividade no blog da biblioteca .
Para conmemorar o día contra a violencia de xénero, o persoal do centro e o alumnado, participamos na elaboración dun video coma homenaxe a todas as víctimas da violencia machista, tomando prestada unha canción de Rozalén: "La puerta violeta".
Un traballo de equipo no que se integra a expresión corporal, musical e plástica, edentro dos proxectos do centro da Biblioteca, TIC e plurilingüismo.
Para ver o resultado, podedes facelo a través do noso Blog da Biblioteca: PREME AQUI
O venres 2 de outubro tivemos teatro de monicreques na escola. A compañía Mircromina Títeres representou "Cousas de casa", un espectáculo que realiza un percorrido por aqueles conceptos que nos permiten reflexionar acerca da igualdade entre mulleres e homes nos distintos ámbitos.
Grazas por organizar a GDR7 Valdeorras e ao Concello de Rubiá por colaborar. Pasámolo xenial!
Despois realizouse un sorteo de libros a cargo dos organizadores.
MÁIS FOTOS E VÍDEOS NO BLOG: A NOVA BIBLOGUETA INCLUSIVA
LECTURAS RECOMENDADAS POR TRAMOS DE IDADE E TAMÉN PARA AS FAMILIAS
DESCARGA O FICHEIRO PDF
Aínda que temos unhas condicións excepcionais, os rapaces seguen a traballar nas súas casas, esta vez tratábase do Día do Libro. Fixeron diferentes actividades segundo o ciclo o que pertencían:
EDUCACIÓN INFANTIL:
A actividade consistía en escoller o seu conto preferido ou o personaxe protagonista e disfrazarse para tratar de imitar o máis posíbel a portada ou escena que se elixa.
PRIMEIRO E SEGUNDO:
A xogar cos contos en casa, xogaron a dicir un trabalinguas sen fallar, tiñan que recitar un trabalinguas e gravalo en vídeo.
TERCEIRO E CUARTO:
A actividade consistía en inventar unha historia, así que os nenos e nenas de 3º e 4º de E.P. puxéronse mans á obra!.
O titor Miguel comezaba unha historia e un alumno/a tiña que seguila, e así sucesivamente ata que todos inventaban un anaquiño do conto.
Finalmente seleccionaron unhas imaxes acordes ca historia e crearon un vídeo-conto.
QUINTO E SEXTO:
A actividade consiste na gravación de vídeos ou audios contando un conto ou relato pequeno.
Ademais fixeron outra actividade o visionado de un corto e a continuación realizaron unha ficha.