"BONECOS LECTORES" - 24 de outubro 2022

O pasado 24 de outubro celebramos o día das bibliotecas escolares
A nosa biblioteca actúa como mediadora das lecturas no centro, polo que é o núcleo da atención a formación de hábitos de lectura no conxunto da comunidade educativa. Con este fin, o equipo da biblioteca deseñamos a seguinte actividade voluntaria procurando a colaboración de todo o alumnado e das familias.

Grazas polos fermosos "Bonecos lectores".