Conmemoracións

Agasallando LETRAS

8 M NA ESCOLA DE RUBIÁ

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

25 DE NOVEMBRO “DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, no CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CAMIÑO realizamos este traballo, consistente nunha imaxe gráfica e unha peza audiovisual coa finalidade de promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que fomenta a participación cidadá no rexeitamento público e frontal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.

O contido dos traballo envía unha mensaxe, clara e rotunda, que incide na reflexión contra a violencia de xénero, promovendo a erradicación desta violencia e poñendo o foco na prevención, na detección precoz e na intervención, de xeito que o traballo contribúe a amplificar a mensaxe do NON á violencia de xénero, facéndoa chegar a todas partes.

Grazas a Leo, Alejandro e Yaiza por crear o slogan, así como a composición artística que o recolle.

ACTO DE ENTREGA DO PREMIO NA CATEGORÍA A DO CONCURSO-EXPOSICIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2022

 

Con gran ledicia e satisfacción a comunidade escolar do noso centro educativo recollía o premio de mans do Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Valentín García Gómez, xunto coa xefa territorial de Ourense, Dª. Judith Fernández Novoa. Na mesa de autoridades acompañaron tamén á directora Dª. Andrea Tato Vega, o alcalde de Rubiá, D. Elías Rodríguez Núñez e o escritor e historiador, D. Ricardo Gurriarán Rodríguez, familiar de Florencio Delgado Gurriarán.

O evento, preparado con moito esmero por todo o equipo docente e mailo alumnado, baixo a organización e supervisión da Secretaría Xeral de Política Lingüística, contou con outros convidados e convidadas moi especiais. D. Aurelio Blanco Trincado, presidente do IEV. Tamén asistiu Dª. Débora Álvarez Moldes, directora do proxecto As Letras de Florencio e D. Julio Pérez Veiga, profesor e investigador sobre o autor homenaxeado. Ademais viñeron as coordinadoras dos equipos de normalización da lingua galega de Ourense e central, así como a directora do gabinete de política lingüística de Ourense, a responsable do gabinete de política lingüística do concello do Barco e a concelleira de cultura do concello de Rubiá. A Asociación de Nais e Pais do colexio estivo representada neste acto por algúns dos membros da súa xunta directiva.

Pero sen dúbida, unha das asistencias máis entrañables foron tres fillas de Florencio Delgado Gurriarán, que acudiron moi emocionadas a esta cita dende moi lonxe (México e os Estados Unidos). A todas e todos eles queremos agradecer unha vez máis a súa presenza no que para un colexio pequeno coma este supón unha celebración tan importante como é a das Letras Galegas, as nosas Letras Galegas, representadas neste ano por un autor de orixe valdeorresa. Un recoñecemento como este, ven a dar pulo á nosa escola, ao noso concello e á nosa comarca, pero especialmente, a un traballo en equipo que con moito esforzo se logrou, grazas a implicación do profesorado, do alumnado e de toda a comunidade educativa.

Florencio Delgado Gurriarán. O poeta do agro. Un poeta que estando no exilio endexamáis abandonou o seu amor pola súa terra, pola súa lingua e pola súa cultura. E por iso, quixemos brindar esta homenaxe aproveitando a ocasión, cunha pequena recreación do poema "Muiñada" que pertence ao libro Bebedeira, e que reflicte esa primeira etapa poética, onde os elementos da natureza e do agro cobran vida. Unha representación e recitación levada a cabo polo alumnado con todo o agarimo e ilusión, e tamén en agradecemento ao premio recibido.

PREME AQUÍ PARA ACCEDER Á GALERÍA DE IMAXES

RETRANSMISIÓN EN DIFERIDO A TRAVÉS DE PROMECOM

VER NOTICIA NO SIL

VER NOTICIA EN SOMOSCOMARCA.ES

RECITACIÓN E RECREACIÓN DO POEMA: "MUIÑADA" DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁ, POLO ALUMNADO DO CENTRO.

https://youtu.be/uNkTls5-7nc

 

Fotografia de grupo para a clausura do acto. Fonte: somoscomarca.es

 

DÍA DO LIBRO: "O ESTRAÑO SER"

Durante as xornadas desta semana (do 18 ao 22 de abril), o alumnado fixo diferentes actividades relacionadas co día do libro tanto nas aulas como tamén na biblioteca do centro, que retomou a súa actividade habitual, despois dun período de obras no colexio.

E como este ano, o 23 de abril cae en sábado, adiantamos a celebración un día antes. Na tarde do venres 22, viñeron Eva Iglesias Rodriguez e Eva Piay Fernández, autora e ilustradora respectivamente para facer en primicia a presentación e lectura do seu álbum ilustrado "O estraño ser". Un fermoso conto que ten como ensinanza a busca da importancia de saber ver máis alá das aparenzas. Xunto a elas, colaborou tamén Inés Fernández Núñez. Para seguir a lectura, todo o alumnado recibiu un exemplar do libro, agasallo do Concello de Rubiá, que nos entregou en representación do mesmo, Laura Iglesias.

Despois, un obradoiro moi entretido, no que cada quen debía poñer en xogo a súa creatividade para deseñar animais estraños e únicos, a partir dun debuxo estruturado en tres partes (cabeza, tronco e cola). Entre todos e todas, pegámolos nuns estupendos murais que previamente elaborou o alumnado de primaria, decorados como un fondo mariño.

Foi unha tarde de proveito, compartida en gran grupo para fomentar o hábito lector.

Que ben o pasamos!

PREME AQUÍ PARA IR Á NOSA GALERÍA DE FOTOS.

VER NOTICIA EN OSIL.INFO

 

 

 

21M: DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

O día 21 de marzo, é o día internacional dos bosques, tamén coñecido como día da árbore, mentres que o día 22 de marzo, é o dia mundial da auga. O CEIP plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá participa, nesta ocasión, na replanta de dúas especies de árbore no noso monte local (Serra da Enciña da Lastra). Organizouse unha saída á contorna próxima en coordinación co Distrito Forestal número 13 Valdeorras-Trives. Plantamos entre todas e todos unhas 26 árbores (sobreiras e capudres ou tamén coñecidos como cancereixos) ao redor da "caseta dos cazadores". Lugar que sufriu hai menos dun ano, un lamentable incendio. 

PREME AQUÍ PARA IR Á GALERÍA DE FOTOS

A andaina ata arriba supuxo un gran esforzo, pero cando chegamos, aproveitamos para tomar o almorzo que levabamos nas mochilas. Despois de tanto traballo baixamos moi satisfeitos e satisfeitas polo bo labor medio ambiental realizado. Alí deixamos en recordo unha lousa co noso logotipo gravado e pintado a man, e sobre todo, unha fermosa experencia para poder subir co paso dos anos e comprobar como medran as "nosas" árbores. O alumnado foi agasallado con camisetas, bolsas de tea, cadernos, bolis, sementes de acivro e ata carnets de vixiantes forestais xuvenís. 

NOTICIA NA PRENSA (O SIL)

 

 

8 MARCH: INTERNATIONAL WOMEN'S DAY

O martes, 8 de marzo, conmemorouse o Día Internacional da Muller. Na escola traballamos o retrato na sesión de plástica dentro dos programas de  plurinfantil e pluriligüismo coa teacher Laura. O alumnado debuxou principalmente rostros de mulleres moi importantes. Algunhas delas deberían aparecer sempre en todos os manuais de historia do mundo, polas súas grandes e diversas aportacións á humanidade. E outras aínda que non aparezan son, si cabe, as máis importantes na vida da nosa rapazada. Vós: avoas, nais, irmás, amigas, tías, curmás, compañeiras, mestras... Recoñecédesvos nestes fermosos debuxos?

 E na aula amarela, tamén traballaron este día con lecturas sobre a igualdade, xogos de cartas e uns bonitos debuxos engalanando un mural da clase.

PREMIO DO CONCURSO PARA A ELABORACIÓN DA EXPOSICIÓN SOBRE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Sentímonos moi orgullosos de poder comunicar oficialmente a resolución da convocatoria do concurso para a elaboración da exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2022, na que resultamos como centro gañador do mesmo, na categoría A (centros de educación infantil e primaria), co traballo "Florencio Delgado Gurriarán, poeta do agro".

Un premio que motiva aínda máis si cabe ao alumnado e profesorado do CEIP plurilingüe Virxe do Camiño, e que recompensa sen dúbida algunha un esforzo e labor que se fraguou dende os meses de outubro e novembro de 2021. Claro que cando se fixo público o nome do autor homenaxeado, a idea de presentarse xa comezou a rondar polas nosas cabezas. Non é a primeira vez que participamos, pero con Florencio Delgado Gurriarán, a esperanza e a ilusión depositada neste traballo de equipo, estivo máis presente que nunca.

O concurso, como cada ano de convocatoria, consiste na presentación de 10 carteis de gran formato e unha guía didáctica. Neste caso, e seguindo a liña que nos caracteriza, na elaboración dos carteis está moi presente un dos eixes dos proxectos de innovación educativa que se veñen levando a cabo no noso centro: o fomento da creatividade, da expresión artística e plástica. Por suposto, tamén tendo en conta o fomento da lingua e da cultura galega, esencial en todo proxecto educativo da nosa rexión.

É unha gran satisfacción para toda a nosa comunidade educativa formar parte deste proxecto, no que se tratou de potenciar de xeito global a biografía, obra, lingua e época na que viviu Florencio Delgado Gurriarán, especialmente por se tratar dun autor nado na nosa comarca. A cal tamén é protagonista en moita da iconografía e elementos dos carteis.

Noraboa a toda a comunidade escolar de Rubiá, posto que este tipo de recoñecementos é algo positivo que da visibilidade, non só a nosa pequena escola, senón tamén a súa contorna.

Dende o CEIP plurilingüe Virxe do Camiño queremos agradecer os parabéns e as mensaxes de apoio recibidas.

A guía didáctica pódese descargar no ficheiro adxunto. Os carteis e os demais recursos dixitais pódense atopar no blog O guieiro de Florencio.

 

 

 

 

Ligazón á Resolución oficial. Preme aquí.

Prensa e outras entidades fixeronse eco da noticia:

O portal da Lingua

O portal de Eduxunta

O sil.info

Somos comarca

Valdeorras de cerca

La Región

Creandotuprovincia.es

La Voz de Galicia

Códigocero.com 

 

 

 

Distribuir contido (C01 _th3me_)