Inglés

SPRING WEEK

8 MARCH: INTERNATIONAL WOMEN'S DAY

O martes, 8 de marzo, conmemorouse o Día Internacional da Muller. Na escola traballamos o retrato na sesión de plástica dentro dos programas de  plurinfantil e pluriligüismo coa teacher Laura. O alumnado debuxou principalmente rostros de mulleres moi importantes. Algunhas delas deberían aparecer sempre en todos os manuais de historia do mundo, polas súas grandes e diversas aportacións á humanidade. E outras aínda que non aparezan son, si cabe, as máis importantes na vida da nosa rapazada. Vós: avoas, nais, irmás, amigas, tías, curmás, compañeiras, mestras... Recoñecédesvos nestes fermosos debuxos?

 E na aula amarela, tamén traballaron este día con lecturas sobre a igualdade, xogos de cartas e uns bonitos debuxos engalanando un mural da clase.

VOCABULARIO INGLÉS 3º E 4º PRIMARIA

Bos días, aquí tedes vídeos do vocabulario que traballamos este curso na clase de inglés de 3º e 4º de primaria

PARTS OF THE HOUSE

FOOD

SPORTS

CLOTHES

TRANSPORTS

VOCABULARIO INGLÉS 1º E 2º PRIMARIA

Bos días, aquí tedes vídeos do vocabulario que traballamos este curso nas clases de inglés.

ANIMALS

TRANSPORTS

CLASSROOM OBJECTS

FOOD

 

Cancións en inglés para educación infantil

Estas son algunhas cancións e vídeos en inglés que traballamos durante este curso para que os nenos/as de educación infantil poidan ver estos días que están na casa.

 

Vídeos e cancións en inglés para os alumnos/as de 1º e 2º

Aquí tedes vídeos para repasar as rutinas e os temas que tratamos nas clases de inglés durante este curso

SAIDA AO TEATRO LAURO OLMO

O noso alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria,  sairon ao teatro Lauro Olmo, nesta ocasión tiveron a oportunidade de ver a obra “Unboxing Alice”  que trata sobre o moito tempo que transcurriu dende que Alicia visitou Wonderland por última vez e o momento no que toca volver visitalo. Nese momento Alicia dáse conta que chegou o momento de actualizarse. Tweedle Dee e Twee Dum soben ao coche dos youtubers e son os encargados de guiarnos a través dunha hilarante viaxe para dar a coñecer a verdadeira natureza de Alicia. A obra baséase na participación do público, unha experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.

 

 

 

Coma sempre a prensa acórdase de nós:

 

Os estudantes de Valdeorras asistiron a representación de “Unboxing Alice”

3 febrero, 2020
Publicidad

Estudantes de todos os colexios de primaria da comarca acudiron a representación desta obra que está interpretada en inglés

Os estudantes dos centros de educación primaria da Comarca de Valdeorras acudiron a representación da obra “Unboxing Alice” na mañá do 3 de febreiro no Teatro Lauro Olmo do Barco.

Durante algo máis dunha hora, e en dúas sesións para que todos os escolares puideran ver a obra, OnStage Company presentou a obra que trata sobre o moito tempo que transcurriu dende que Alicia visitou Wonderland por última vez e o momento no que toca volver visitalo.

Publicidad

Nese momento Alicia dáse conta que chegou o momento de actualizarse. Tweedle Dee e Twee Dum soben ao coche dos youtubers e foron os encargados de guiar aos cativos través dunha hilarante viaxe para dar a coñecer a verdadeira natureza de Alicia. Todo un “vídeo de desbloqueo”. Esta obra baséase na participación do público, unha experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.

A obra enmarcáse no proxecto “Corrente Cultural” que conta coa colaboración do Concello do Barco, Abanca e Afundanción, que leva a obra por diversas vilas e cidades de Galicia.

 

SAMAÍN 2018

Distribuir contido (C01 _th3me_)