Plurilingüismo

SEMANA DA PRENSA 2021

Do 8 ao 12 de marzo, conmemorouse a Semana escolar da Prensa. Para ver as actividades levadas a cabo no noso centro, accede á entrada do Blog da Biblioteca: PREMENDO AQUI

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA ESCOLAR

O venres 29 de xaneiro conmemoramos o día da Paz e a non violencia escolar con diferentes actividades levadas a cabo nas tres aulas. Se queres ver vídeos e fotos das tarefas e os resultados preme nas seguintes ligazóns que te levarán aos blogs correspondentes:

 

AULA VERDE (INFANTIL)

 

AULA AZUL

 

AULA VERMELLA

 

25N. CONMEMORACIÓN DO DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Para conmemorar o día contra a violencia de xénero, o persoal do centro e o alumnado, participamos na elaboración dun video coma homenaxe a todas as víctimas da violencia machista, tomando prestada unha canción de Rozalén: "La puerta violeta".

Un traballo de equipo no que se integra a expresión corporal, musical e plástica, edentro dos proxectos do centro da Biblioteca, TIC e plurilingüismo.

Para ver o resultado, podedes facelo a través do noso Blog da Biblioteca: PREME AQUI

VOCABULARIO INGLÉS 3º E 4º PRIMARIA

Bos días, aquí tedes vídeos do vocabulario que traballamos este curso na clase de inglés de 3º e 4º de primaria

PARTS OF THE HOUSE

FOOD

SPORTS

CLOTHES

TRANSPORTS

VOCABULARIO INGLÉS 1º E 2º PRIMARIA

Bos días, aquí tedes vídeos do vocabulario que traballamos este curso nas clases de inglés.

ANIMALS

TRANSPORTS

CLASSROOM OBJECTS

FOOD

 

FESTIVAL DE NADAL 2019/2020

Despois de tanto ensaio e nervios chegou o momento temido polos nosos artistas, o seu gran debut. Arrancamos coa posta en marcha do noso Festival de Nadal o xoves pola tarde no cal visitamos a Residencia de Anciáns de Rubia, nela os nosos rapaces fixeron as delícias dos presentes coa interpretación do seu festival de Nadal. O día seguinte foi a posta en escea na Casa da Cultura con maís nerviosismo se cabe por que estaban alí as suas familias, para ver o moito que se esforzaron en cada unha das diferentes actuacións coas que nos deleitaron.

 

 

 

 

 

Mirade se o fixeron estupendamente que volveron a sair en prensa :

Recorte periódico O SIL

 

Celebrando o Nadal no CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá

Alumnos de Primaria do CEIP Plurilingüe de Rubiá no Festival de Nadal. /Foto cedida.

 

Uns días despois de participar no 4º Mercadiño de Nadal, cun posto montado polos rapaces coa axuda de toda a comunidade educativa, o CEIP Pluriligüe Virxe do Camiño de Rubiá celebraba a súa particular festa previa ás vacacións de Nadal. Nesta imaxe podemos ver aos nenos de Primaria nunha das actuacións do Festival de Nadal, en concreto co tema “Sweet child O’Mine” de Guns N’Roses.

Así, cantando e bailando daban a benvida a estas datas festivas, despedíndose das clases ata despois de Reis.

 

 

 

QUERIDOS RAPACES OS VOSOS PROFESORES DESEXANVOS UNHAS FELICES FESTAS, E NON VOS ESQUEZADES VEMONOS O DIA 8 DE XANEIRO AS 10 DA MAÑA PARA QUE COMPARTADES CON NÓS OS VOSOS RECORDOS DESTAS FESTAS.

FESTA DO SAMAÍN 2019/2020

Despois de tantos preparativos chegou o día do Samaín o colexio, todos preparados tres, dous, un e festa...

 

 

 

 

 

Ata saimos na prensa outra vez....

Samaín de comidas «terroríficas» e festas de disfraces nos colexios da comarca

Xincana monstruosas no CEIP Virxe do Camiño de Rubiá

No colexio de Rubiá, CEIP Virxe do Camiño fixeron unha «comida terrorífica» e unha xincana monstruosa na que participaron e colaboraron as familias dos rapaces.

 

Unha cabaza de globos permitiu tomar fotografía de Samaín en Rubiá

Exposición de cabazas feitas polo alumnado e tamén de escobas. Para rematar chocolate con churros para todos os asistentes.

Distribuir contido (C01 _th3me_)