Kahoot sobre Mª Victoria Moreno Márquez

 

 

 

Kahoot é unha ferramenta moi útil para aprender e repasar conceptos de forma entretida, como nun concurso. A forma máis común é mediante preguntas tipo test con recompensas para o alumnado a medida que vai atinando as respostas. Pódese xogar empregando a aplicacion para móbil, a tableta ou o ordenador.

Para acceder aos xogos de kahoot ou deseñar un, tedes que crear unhaconta. Tras elixirdes o xogo no que queredes participar, os xogadores debedes acceder introducindo un código PIN que aparecerá na pantalla principal.

Ao tocar START, empezará a primeira pregunta. Na pantalla móstranse as catro respostas e a que cor e símbolo coas que se corresponden, de modo que cada participante pode responder de forma privada.

Cando elixides o modo de xogo (individual ou en equipo), xérase o código PIN deste xogo e móstrase en grande na parte superior da pantalla. Neste momento, os xogadores poden unirse ao xogo desde outro ordenador, visitando https://kahoot.it/   para introducir o código do xogo.

Na aplicación, pulsade Enter PIN e escribide as cifras do código PIN do Kahoot en curso. Agora o que vos queda é elixir o alcume co que desexades participar, que será o que verán o resto dos xogadores.

Ao acabardes a partida, un podio premia os que conseguiron maior puntuación. Estes datos poderán exportarse como un arquivo Excell.

Para acceder a este kahoot tedes que crear unha conta (sign up) https://kahoot.com/ e premer en buscar xogos (find Kahoots). PoñedesLetras Galegas 2018 e xa aparece.

Ligazón: https://kahoot.com/

Localización: Datas Sinaladas (Letras Galegas)