Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Nesta actividade temos que coñecer algúns dos diferentes tipos de robots que existen. Cada alumno mediante a procura de información e imaxes en Google, deberán observar os seus principais características para crear unha maqueta con materiais reciclados. Finalmente, expoñerán o seu tipo de robot, as súas funcións e características ao resto da clase.
RECORDADE: Un robot é unha máquina á que lle damos ordes para que realice determinadas accións. Á secuencia destas ordes chamámola programación, e con ela conseguimos que o robot actúe como nós queremos. Un robot pode interactuar coa contorna, realizando unha ou outra acción dependendo da información que reciba do exterior a través dos sensores. Existen sensores capaces de detectar sons, intensidade de luz, temperatura, distancia a un obxecto, etc.
Cada alumno terá que investigar o tipo de robot que van traballar, que corresponderá cun dos seguintes: Robot de exploración. Robot aéreo. Robot doméstico. Robot de vixilancia. Robot asistencial. Ademais, cada ficha contén un recadro no que os alumnos e alumnas deberán indicar cales son as características do robot, e outro recadro para indicar “para que serve”.
Finalmente deben construír a súa propia versión do seu tipo de robot con materiais reciclados, tendo en conta que : As dimensións da súa base non deben ser superiores a 15 x15 cm (imprescindible para a seguinte sesión). Debe incluír todas as características posibles que anotaron. Para finalizar, deben poñerlle nome ao seu robot.
Moita sorte coa vosa imaxinación, vemonos pronto.