DIA DA MULLER 8 DE MARZO 19/20

Dende o centro hoxe luns 9 de Marzo fixemos a celebración do Dia da Muller,  os alumnos mais maiores do noso centro investigaron a vida das mulleres representadas na nosa Biblioteca, mural feito pola artista Laura Duben, pero os pequenos tamen fixeron traballo de aula para tomar conciencia sobre a necesidade de ter unha sociedade igualitaria.

 

 

 

 

 

Destacar que en prensa da comarca sale a autora dos nosos murais en unha entrevista:

 

A artista Laura Duben celebra o 8M cun mural adicado ás mulleres que “arriscan a vida por un mundo máis xusto”

Realizaba esta obra no interior do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá

 

A través da pintura e usando un entorno cotiá como lenzo (un armario de parede), a artista arxentina Laura Duben, afincada no Barco, celebraba este 8M, Día Internacional da Muller. Creaba unha pintura mural cunha serie de retratos de figuras femininas de referencia a nivel mundial (dende Rosalía de Castro e Frida Khalo ata Teresa de Calcuta) e dedicada a “todas as mulleres que no só soñan cun mundo máis xusto, senón que arriscan as súas vidas, loitan nas adversidades, traballan e arríscano todo”.

Esta é unha escolma simbólica de mulleres, xa que son “tantas” que “só puiden plasmar e unir na obra a unhas poucas, nelas están reflexadas milleiros de loitadoras”, di a artista. Entre elas destaca a Berta Cáceres “de Centroamérica, ecoloxista asasinada e líder na loita por reivindicar ás mulleres aborixes lencas”.

Este fermoso mural pode verse no interior do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá.

Fotos cedidas.