DÍAS NON LECTIVOS

Lembrade que neste mes de maio, os vindeiros días: Xoves 13, Venres 14 e Luns 17, non son lectivos. Corresponden aos dous festivos locais de Rubiá e ao festivo autonómico das Letras Galegas.

Atentamente, a dirección.

NOVO PORTAL WEB PARA AS FAMILIAS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

A Consellería de Sanidade presenta o portal web “Xanela aberta á familia” e a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”.

 

Xanela aberta á familia” é unha iniciativa para a promoción da saúde infantil con información útil para pediatras, docentes e familias. O seu desenvolvemento está enmarcado dentro do proxecto Riscar, no cal colaboran as administracións competentes de Portugal, Galicia, Castela e León, Extremadura e Andalucía. Inclúe información sobre a alimentación saudable, a actividade física, a saúde e o benestar emocional. A información deste portal organízase ao redor de cada unha das etapas da crianza, desde o embarazo ata a adolescencia e caracterízase por incluír ademáis dos aspectos estritamente informativos, consellos, pautas de actuación e suxestións.

 

Nesta web, dentro do apartado de alimentación saudable pódese consultar a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”. Esta guía achega información, ideas e estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos. As recomendacións foron moduladas segundo os condicionantes do feito alimentario, en forma de connotacións sociais, culturais e fisiolóxicas. Consta de distintas seccións nas que ofrece información sobre a composición nutricional dos alimentos, a súa conservación e as distintas elaboracións. Inclúe tamén consellos para facer unha compra saudable e distintas receitas para todas as comidas do día co fin de facilitar a tarefa cotiá de elixir, mercar e preparar alimentos

 

Para máis información:

22 DE MARZO. CONMEMORACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA AUGA.

Como cada ano, a Deputación Provincial de Ourense agasalla ao alumnado cun libro cuxa temática está relacionada coa conmemoración da auga, e tamén coa semana escolar da árbore. Por iso aproveitamos a sesión diaria dedicada ao Proxecto Lector, para desfrutar da lectura destes exemplares, que posteriormente cada neno e nena puideron levar pasa a súa casa. Este ano o libro é o conto: "No país das augas" de Xosé A. Perozo e Viki Ferre. Ademais nas aulas tamén se levaron a cabo outras tarefas relacionadas co coidado e co ciclo da auga.

 

SEMANA DA PRENSA 2021

Do 8 ao 12 de marzo, conmemorouse a Semana escolar da Prensa. Para ver as actividades levadas a cabo no noso centro, accede á entrada do Blog da Biblioteca: PREMENDO AQUI

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A orixe desta conmemoración está na proposta realizada por Clara Zotkin na II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, celebrada en Copenhague no 1910 coa finalidade de destacar a loita da muller pola súa participación dentro da sociedade, a prol da súa emancipación e do seu desenvolvemento íntegro como persoa. No ano 1972, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o ano 1975 como Ano Internacional da Muller, quedando institucionalizada a data do 8 de marzo como Día Internacional polos dereitos da muller e a Paz Internacional.

Dende a nosa humilde aportación, traballamos nas aulas ao longo da semana previa, a biografía e o papel no que destacaron algunhas mulleres que non aparecen de xeito habitual nos libros de texto, e en consecuencia, quedan esquecidas na Historia, á cal fixeron grandes contribucións.

O luns tamén en colaboración coa ANPA  e atendendo ás pertinentes medidas de prevención, hixiene e seguridade establecidas no protocolo Covid-19, realizarase unha actividade de contacontos: "Contamos en igualdade", a cargo de Eduvia, así como a exposición do traballo nas aulas.

Atoparedes máis información sobre esta actividade no blog da biblioteca .

PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA ESCOLAR

O venres 29 de xaneiro conmemoramos o día da Paz e a non violencia escolar con diferentes actividades levadas a cabo nas tres aulas. Se queres ver vídeos e fotos das tarefas e os resultados preme nas seguintes ligazóns que te levarán aos blogs correspondentes:

 

AULA VERDE (INFANTIL)

 

AULA AZUL

 

AULA VERMELLA

 

ANIVERSARIOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE E MENÚ COMEDOR: Xaneiro 2021

 O día do aniversario pode ser o día máis desexado para @s nos@s nen@s. Dende o colexio celebrámolo o último día do trimestre no comedor.

 Neste primeiro trimestre cumpriron anos: SERGIO N, IRÍA, MANUEL, ARTAI, MATÍAS, CARLOS, DARÍO, AISHA, SARA, HUGO, LARA, PAULINA, XULIA, RAMON, KEVIN e IRENE. Parabéns a tod@s!

  

 

Aquí vos deixamos o menú do mes de xaneiro. Para poder descargalo e imprimilo, só tedes que premer no arquivo adxunto.

Bo proveito! Canso

BO NADAL PARA TODO O MUNDO

AS NENAS E NENOS DO COLEXIO DE RUBIÁ, CANTAN PARA CELEBRAR O NADAL ESTA FERMOSA CANCIÓN DE LACCHETTI-PERINI: "FELIZ NAVIDAD PARA EL MUNDO"

TODA A COMUNIDADE ESCOLAR DESEXA UN ANO NOVO CHEO DE ILUSIÓN, ESPERANZA E SAÚDE.

25N. CONMEMORACIÓN DO DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Para conmemorar o día contra a violencia de xénero, o persoal do centro e o alumnado, participamos na elaboración dun video coma homenaxe a todas as víctimas da violencia machista, tomando prestada unha canción de Rozalén: "La puerta violeta".

Un traballo de equipo no que se integra a expresión corporal, musical e plástica, edentro dos proxectos do centro da Biblioteca, TIC e plurilingüismo.

Para ver o resultado, podedes facelo a través do noso Blog da Biblioteca: PREME AQUI

Distribuir contido (C01 _th3me_)