MENÚ COMEDOR ESCOLAR. FEBREIRO 2022

Achégase o menú escolar para o mes de febreiro (2022). Coma sempre podedes descargalo en PDF premendo no arquivo adxunto.

INICIO 2º TRIMESTRE E MENÚ COMEDOR: XANEIRO 2022

Damos a benvida ao ano 2022. As clases darán comezo o luns día 10 de xaneiro, no horario habitual.

Achègase o menú correspondente ao mes de xaneiro. Coma sempre podedes descargar o fichero adxunto en formato PDF.

BO NADAL!

Aqui tedes as ligazóns para as actuacións do Nadal, de cada unha das aulas:

 

AULA VERDE: "O APALPADOR"

 

AULA  AMARELA:   "EN  NAVIDAD"

 

AULA AZUL: "TWELVE DAYS OF CHRISTMAS"

 

AULA VERMELLA: "LA ESTRELLA DE LA NAVIDAD"

 

Mentres tanto, pechamos o primeiro trimestre, e no servizo de comedor, aproveitamos para festexar os aniversarios que se sucederon dende setembro, e que sucederán ata o 31 de decembro do presente ano. Por iso, os nosos parabéns nesta ocasión para:

Manuela, Mateo, Irene Pr., Carlos, Artai, Xulia, Ramón, Iria D., Manuel D., Hugo DS., Kevin, Sergio Pe., Matías, Darío, Aisha, Lara e Baffi Khan. 

Aquí tedes unha video-felicitación de recordo....

Pero que deliciosa está sempre a tarta que nos prepara Maica! Moitas grazas!

EXCURSIÓN A VIGO: DEPORTE, DIVERSIÓN E ILUSIÓN

O venres 10 de decembro fixemos unha excursión a Vigo, co motivo de visitar as luces de Nadal, pero tamén a pista de patinaxe sobre xeo e as brincadeiras de Jump Park. O alumnado que asisitiu, gozou dunha xornada intensa e divertida, e que dalgún xeito axudou a liberar as tensións do último ano que nos tocou vivir e que ata o de agora facía pouco viable unha actividade deste tipo.

Para ver as fotos na nosa galería de imaxes, preme aquí

MENÚ COMEDOR: DECEMBRO 2021

Achegamos o menú escolar do comedor para o mes de decembro. Coma sempre podedes descargar o arquivo adxunto en PDF.

25N: NON MÁIS VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

De novo, un 25 de novembro conmemoramos o día contra a violencia de xénero.  Nesta ocasión aproveitando o lema das camisetas, agasallo do Concello de Rubiá a todos os alumnos e profesorado: "Non máis violencia contra as mulleres" e que repetimos co noso lema particular: "Co maltrato non hai trato, non estás soa", posamos nun sinxelo photocall para denunciar a inxustiza na que seguiremos insistindo para repudiar todo tipo de violencia contra as mulleres, contra da violencia de xénero, contra da violencia doméstica e contra de calquera outro tipo de violencia. 

Esta lacra coa que convivimos, produto dun machismo o cal sigue provocando serios problemas nesta sociedade, fai que, tristemente, teñamos que escoitar e ver noticias, onde as mulleres seguen morrendo a mans dos seus verdugos, día tras día, ano tras ano.

Poñamos un alto a esta violencia, poñamos alto ao machismo. Nin unha máis!

PARA VER A NOTICIA NA PRENSA LOCAL PREME AQUÍ.

Durante a semana previa e neste mesmo día, o alumnado traballou diferentes contidos e recursos relacionados, a través dos programas de plurilingüismo e plurinfantil, así como cos seus mestres e mestras titores/as na aula.
(Ver tamén nos blogs das aulas)

14N-DÍA MUNDIAL DA DIABETES

O pasado día 14 de novembro foi o día mundial da diabetes, no colexio quixemos conmemorar este día educando na conciencia de adquirir bos hábitos na alimentación diaria, especialmente no consumo de produtos con azucre, coma por exemplo zumes industriais, panadería industrial, chocolates, snacks, lácteos e bebidas refrescantes.

Ao longo da semana previa, traballaron nas aulas, cos pesos e o azucre, aproveitáronse envases orixinais dos produtos analizados, facendo así a lectura correspondente da etiquetaxe de información nutricional. Tamén se levou a cabo o visionado de pequenos documentais temáticos da diabetes e lectura de contos ou narracións como por exemplo os contos dos Bolechas que tratan sobre a diabetes.

Finalmente montamos unha pequena exposición cos traballos realizados e tamén algun material que teñen que usar as persoas con diabetes no seu día a día, prestados por Matías. Moitas Grazas!

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA PARA O CURSO 2021-2022

Tendo en conta a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

infórmase que o alumnado beneficiario é o seguinte:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude:O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Achégase a ORDE, PERO SÓ É NECESARIO IMPRIMIR E CUBRIR os ANEXOS I e ANEXOS II (aqueles que estean no caso (b) de ter que presentar solicitude). Ver o PDF adxunto.

MAGOSTO 2021

O Venres 12 de novembro celebramos o tradicional magosto con castañas aportadas grazas a algunhas familias, e un churrasco delicioso preparado por Maica. Non faltou a música, e como cada ano, a desinteresada colaboración de Gelo Álvarez (avó de María e Manuel R.) que sempre está disposto e atento a botar unha man ou aportando leña. Grazas tamén a Manolo Díez e Gela (pai e nai de Iria e Manuel D.) por prepararnos o novo asadoiro. As castañas asaron estupendamente. Todo o alumnado e profesorado desfrutou dunha tarde enxebre.

 

As nenas e nenos prepararon previamente os seus cucuruchos de periódico e engalanamos o noso patio coas castañas xigantes de cartón aproveitando recursos de cursos anteriores. #aprendizaxerespectuosa #reciclaxedidáctica

HALLOWEEN QUIZ

VELAQUÍ UN GENIALLY NO QUE PODEREDES ACCEDER ÁS DIFERENTES GALERIAS DE FOTOS E VÍDEOS, DESPOIS DE PREMER CORRECTAMENTE AS CUESTIÓNS PLANTEXADAS. SE PARTICIPACHE NA HALLOWEEN'S WEEK DE SEGURO QUE ACERTARÁS TODAS AS RESPOSTAS.

 

Distribuir contido (C01 _th3me_)