VISITA DA PATRULLA FELINA

O 30 de maio viñeron ao colexio dous membros da Patrulla Felina, Lorenzo e Sonia, para explicar á rapazada como funciona esta protectora de animais. Un xeito de concienciar ás novas xeracións da importancia de coidar aos seres vivos que nos rodean, neste caso aos gatos. E tamén como debemos evitar que se siga producindo na nosa sociedade accións de abandono e maltrato aos animais.

Ao final cada neno e nena pintaron un debuxo dun gato, para decorar as gateiras da protectora. Podedes ver os debuxos nesta ligazón. PREME AQUÍ

Moitas grazas polos consellos e toda a información recibida, dando resposta a todas as preguntas que foron xurdindo por parte do alumnado durante a charla.

 

MENÚ COMEDOR: XUÑO 2022

Achégase o menú escolar correspondente ao mes de xuño 2022, que coma sempre podedes descargar no PDF adxunto.

Lembrade que no mes de xuño a xornada é contínua. Polo tanto o horario é o seguinte:

  • Entrada: 9:30h. (comezo das clases)
  • Comedor: de 14:30h. a 15:15h.
  • Saída: 15:15h. (Prégase estar uns minutos antes)

 

ACTUALIZACIÓN DO PROTOCOLO COVID-19

A consellería de Cultura, Educación e Universidades ven de publicar unha actualización do protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022.

ACCEDE Á VERSIÓN 20/05/2022

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2022/23

DESTINATARIOS: 

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE).
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP.
  • O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxeito educación dixital (EDIXGAL) no curso 2022/23 eatán excluídos da partcipación no fondo solidario de libros de texto e da axuda para adquirir libros de texto. Non obatante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar.

FORMA DE PRESENTACIÓN:

  • Ademais da presentación presencial no centro, igual que no curso anterior, os cidadáns poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros
  • Prazo de presentación: ata o 22 de xuño de 2022
  • Mais info: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Achéganse os anexos para cubrir nos PDF adxuntos.

 

 

 

 

ACTO DE ENTREGA DO PREMIO NA CATEGORÍA A DO CONCURSO-EXPOSICIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2022

 

Con gran ledicia e satisfacción a comunidade escolar do noso centro educativo recollía o premio de mans do Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Valentín García Gómez, xunto coa xefa territorial de Ourense, Dª. Judith Fernández Novoa. Na mesa de autoridades acompañaron tamén á directora Dª. Andrea Tato Vega, o alcalde de Rubiá, D. Elías Rodríguez Núñez e o escritor e historiador, D. Ricardo Gurriarán Rodríguez, familiar de Florencio Delgado Gurriarán.

O evento, preparado con moito esmero por todo o equipo docente e mailo alumnado, baixo a organización e supervisión da Secretaría Xeral de Política Lingüística, contou con outros convidados e convidadas moi especiais. D. Aurelio Blanco Trincado, presidente do IEV. Tamén asistiu Dª. Débora Álvarez Moldes, directora do proxecto As Letras de Florencio e D. Julio Pérez Veiga, profesor e investigador sobre o autor homenaxeado. Ademais viñeron as coordinadoras dos equipos de normalización da lingua galega de Ourense e central, así como a directora do gabinete de política lingüística de Ourense, a responsable do gabinete de política lingüística do concello do Barco e a concelleira de cultura do concello de Rubiá. A Asociación de Nais e Pais do colexio estivo representada neste acto por algúns dos membros da súa xunta directiva.

Pero sen dúbida, unha das asistencias máis entrañables foron tres fillas de Florencio Delgado Gurriarán, que acudiron moi emocionadas a esta cita dende moi lonxe (México e os Estados Unidos). A todas e todos eles queremos agradecer unha vez máis a súa presenza no que para un colexio pequeno coma este supón unha celebración tan importante como é a das Letras Galegas, as nosas Letras Galegas, representadas neste ano por un autor de orixe valdeorresa. Un recoñecemento como este, ven a dar pulo á nosa escola, ao noso concello e á nosa comarca, pero especialmente, a un traballo en equipo que con moito esforzo se logrou, grazas a implicación do profesorado, do alumnado e de toda a comunidade educativa.

Florencio Delgado Gurriarán. O poeta do agro. Un poeta que estando no exilio endexamáis abandonou o seu amor pola súa terra, pola súa lingua e pola súa cultura. E por iso, quixemos brindar esta homenaxe aproveitando a ocasión, cunha pequena recreación do poema "Muiñada" que pertence ao libro Bebedeira, e que reflicte esa primeira etapa poética, onde os elementos da natureza e do agro cobran vida. Unha representación e recitación levada a cabo polo alumnado con todo o agarimo e ilusión, e tamén en agradecemento ao premio recibido.

PREME AQUÍ PARA ACCEDER Á GALERÍA DE IMAXES

RETRANSMISIÓN EN DIFERIDO A TRAVÉS DE PROMECOM

VER NOTICIA NO SIL

VER NOTICIA EN SOMOSCOMARCA.ES

RECITACIÓN E RECREACIÓN DO POEMA: "MUIÑADA" DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁ, POLO ALUMNADO DO CENTRO.

https://youtu.be/uNkTls5-7nc

 

Fotografia de grupo para a clausura do acto. Fonte: somoscomarca.es

 

CHARLA-OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS. CURSO 2021/2022

 

 

 

O pasado xoves, 5 de maio, os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria asistiron a unha charla-obradoiro sobre primeiros auxilios. Profesionais sanitarios da área sanitaria do Barco de Valdeorras foron os encargados de levar a cabo dita actividade.

Explicaron como actuar ante situacións de emerxencia, situacións cotiás coas que nos podemos atopar no noso día a día, coma queimaduras, hemorraxias, feridas, picaduras de insectos, etc.

De forma práctica amosaron como actuar no caso de atragoarse e como facer a manobra de Heimlich. Tamén, coa axuda dun peluche, a modo de paciente, o noso alumnado aprendeu a realizar a reanimación cardiopulmonar (RCP). Ademais, os sanitarios comprobaron o seu peso, altura, mediron a súa frecuencia cardíaca e o seu osíxeno en sangue.

Os nenos e nenas puideron resolver moitas dúbidas que tiñan e aprenderon moitos trucos que poden poñer en práctica se chegase o caso.

Dende o centro queremos agradecer a amabilidade e a atención prestada polos profesionais sanitarios.

Salvar vidas está ao alcance de todos nós!

PREME AQUÍ PARA ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS

O GUIEIRO DE FLORENCIO

A partir de hoxe xa están dispoñibles no blog O guiero de Florencio, os contidos e recursos elaboradas por nós, sobre os carteis e as guía de Florencio Delgado Gurriarán. Poeta do agro. Traballo que resultou gañador na categoría A do Concurso-Exposición das Letras Galegas 2022 convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. 

Preme nesta imaxe para acceder.

MENÚ COMEDOR: MAIO 2022

Achégase o menú escolar do mes de maio. Coma sempre, podedes descargalo no ficheiro adxunto.

DÍA DO LIBRO: "O ESTRAÑO SER"

Durante as xornadas desta semana (do 18 ao 22 de abril), o alumnado fixo diferentes actividades relacionadas co día do libro tanto nas aulas como tamén na biblioteca do centro, que retomou a súa actividade habitual, despois dun período de obras no colexio.

E como este ano, o 23 de abril cae en sábado, adiantamos a celebración un día antes. Na tarde do venres 22, viñeron Eva Iglesias Rodriguez e Eva Piay Fernández, autora e ilustradora respectivamente para facer en primicia a presentación e lectura do seu álbum ilustrado "O estraño ser". Un fermoso conto que ten como ensinanza a busca da importancia de saber ver máis alá das aparenzas. Xunto a elas, colaborou tamén Inés Fernández Núñez. Para seguir a lectura, todo o alumnado recibiu un exemplar do libro, agasallo do Concello de Rubiá, que nos entregou en representación do mesmo, Laura Iglesias.

Despois, un obradoiro moi entretido, no que cada quen debía poñer en xogo a súa creatividade para deseñar animais estraños e únicos, a partir dun debuxo estruturado en tres partes (cabeza, tronco e cola). Entre todos e todas, pegámolos nuns estupendos murais que previamente elaborou o alumnado de primaria, decorados como un fondo mariño.

Foi unha tarde de proveito, compartida en gran grupo para fomentar o hábito lector.

Que ben o pasamos!

PREME AQUÍ PARA IR Á NOSA GALERÍA DE FOTOS.

VER NOTICIA EN OSIL.INFO

 

 

 

USO DA MÁSCARA NO ÁMBITO EDUCATIVO: NOVAS DIRECTRICES

Resumo das directrices. Para máis info preme aquí.

USO OBRIGATORIO:

• Transporte escolar (salvo excepcións recollidas no apartado 3.1. O alumnado menor de 6 anos non está obrigado).

USO RECOMENDADO (CON CARÁCTER VOLUNTARIO):

• Persoal traballador do centro educativo.

• Alumnado do centro educativo.

• Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.

Distribuir contido (C01 _th3me_)