DIA DA MULLER 8 DE MARZO 19/20

Dende o centro hoxe luns 9 de Marzo fixemos a celebración do Dia da Muller,  os alumnos mais maiores do noso centro investigaron a vida das mulleres representadas na nosa Biblioteca, mural feito pola artista Laura Duben, pero os pequenos tamen fixeron traballo de aula para tomar conciencia sobre a necesidade de ter unha sociedade igualitaria.

 

 

 

 

 

Destacar que en prensa da comarca sale a autora dos nosos murais en unha entrevista:

 

A artista Laura Duben celebra o 8M cun mural adicado ás mulleres que “arriscan a vida por un mundo máis xusto”

Realizaba esta obra no interior do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá

 

A través da pintura e usando un entorno cotiá como lenzo (un armario de parede), a artista arxentina Laura Duben, afincada no Barco, celebraba este 8M, Día Internacional da Muller. Creaba unha pintura mural cunha serie de retratos de figuras femininas de referencia a nivel mundial (dende Rosalía de Castro e Frida Khalo ata Teresa de Calcuta) e dedicada a “todas as mulleres que no só soñan cun mundo máis xusto, senón que arriscan as súas vidas, loitan nas adversidades, traballan e arríscano todo”.

Esta é unha escolma simbólica de mulleres, xa que son “tantas” que “só puiden plasmar e unir na obra a unhas poucas, nelas están reflexadas milleiros de loitadoras”, di a artista. Entre elas destaca a Berta Cáceres “de Centroamérica, ecoloxista asasinada e líder na loita por reivindicar ás mulleres aborixes lencas”.

Este fermoso mural pode verse no interior do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá.

Fotos cedidas.

 

ENTROIDO 19/20

Despois de moitos preparativos chegou a semana do Entroido, comezamos o xoves de comadres disfrazándonos do que máis nos gustara, algúns despistáronse tanto que ata non quitaron o pixama. Houbo moita variedade de disfraces: princesas, animadoras, animais salvaxes, super heroes....

 

 

 

 

Pero seguimos o venres celebrando o noso día grande de Entroido, tiñamos preparado o noso gran disfrace de Tikis, moi elaborado xa que lles levou moitas horas realizalo. A verdade que despois de tanto esforzo, quedaron espectaculares. Comezamos a tarde do venres saindo en comparsa polas rúas de Rubiá para rematar a nosa festa no patio do colexio cunha gran merenda, todo esto acompañado de música e os nosos Tótems, os cales reflectían as nosas máscaras dos Tikis.

 

VELAQUÍ UN RECORTE DE PRENSA ONDE SAIMOS EN PORTADA:

 
 
 Los colegios de la Comarca de Valdeorras y alrededores tuvieron su día grande, desde primera hora de la mañana los pequeños desfilaron por los pasillos y patios de los diferentes centros educativos.

En el Colegio Virxe do Camiño de Rubiá se disfrazaron este año como personajes de una tribu, y así recorrieron las diferentes calles del casco urbano.

Alumnos del CEIP Virxe de Camiño de Rubiá en las instalaciones del centro

COLABORADORES BIBLIOTECA

Co novo trimestre arranca unha nova etapa na biblioteca do colexio, neste caso son os nosos colaboradores, os cales moi emocionados axudando a manter orde: colocan os libros, revisan que estean en perfecto estado, que todos estean rexistrados, unha ardua tarefa que están a realizar xenial.

 

 

 

CHARLA DE HIXIENE BUCODENTAL

O martes 28 de Xaneiro visitou o colexio Yolanda a hixienista bucodental do Centro de Saúde de O Barco para darnos unhas charlas informativas sobre a importancia do lavado dos dentes despois da inxesta de azucres. Amosoulles como cepillar os dentes coa técnica axeitada e que tiñan que estar sobre dous minutos, os cales lles pareceron eternos. Ademais ensinoulles a cantidade de azucres que teñen as súas merendas favoritas quedando anonadados coa cantidade tan elevada de azucre que teñen os diferentes productos

 

alimentarios.

MOCHILA VIAXEIRA 2020

Esta semana comezouse dende o Equipo da Biblioteca a nova andadura deste curso 2020 das Mochilas Viaxeiras, este ano relacionadas coa Arte.  O principal obxectivo que se pretende lograr con elas é o do fomento da lectura no ámbito familiar e compartir ratos de  diversión e entretemento por parte de todos os membros da familia.  Dentro das mochilas ademais dos libros, inclúese unha axenda onde a familia pode expresar as súas ideas e pensamentos sobre os libros, sobre a linguaxe escrita, os debuxos, ademais tamén se inclúe unha  actividade lúdica neste caso un quebracabezas relacionados cos tipos de arte e variando a dificultade segundo a idade dos nenos. Recordarvos que as mochilas son de luns a luns.

 

 

 

 

ACCESIT PREMIO PLAN PROXECTA 19_20

MAGOSTO 2019-2020

O día 15 de Novembro celebramos o Magosto, ainda que con moi mal tempo disfrutamos moito das actividades programadas para a ocasión. Nervios propios a maña polo día de festa que arrincaba coa tradicional comida familiar no comedor do colexio. Despois de degustar a exquisita comida preparouse o colexio para a festa. Por mor do tempo tivemos que facer a celebración no patio cuberto, onde nos esperaba unha xincana outonal, cun posto especial de respostería realizado coa colaboración de toda a comunidade educativa.

 

 

 

 

Comezamos unha nova etapa con Digicraft

Esta semana arrincamos co noso novo proxecto de centro DIGICRAFT. Este programa educativo ten como obxectivo formar a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos nas competencias dixitais que lles permitirán desenvolver o seu máximo potencial. No presente curso escolar temos un itinerario que é o de Realidade Aumentada e Videoxogos, dirixido a nenos entre 9 e 12 anos. Nesta primeira sesión comezaron cunha actividade de relalidade aumentada (temos que recoñecer que lles resultou super emocionante), pero eles non imaxinan que na seguinte sesión construirán o seu propio videoxogo.

Desexamos que o proxecto lles resulte apaixoante e disfruten e aprendan moito con él.

 

 

 

 

 

APROXIMASE O SAMAIN 2019/2020

Quentamos motores para o Samaín coa visualización dunhas curtas que fixeron a delicia de todos.

As curtas que vimos  foron "A Bruxa Regañadentes",  "Corre, Corre, Cabaciña" e "Carabuñas". Saimos todos atemorizadossssss!A que dixen

 

 

DIA DAS BIBLIOTECAS 24 DE OUTUBRO

Estamos de celebración e para conmemorar este día o Equipo da Biblioteca ofreceunos unha actividade abraiante, a construcción de unhas tablillas para marcar o libro que recollo na biblioteca para poder despois colocalo no seu sitio unha vez que o lea, unha idea espectacular. A verdade que todos traballaron moito e fixeron unhas tablillas moi chulas, cada nivel fixo as tablillas seguindo un autor e un estilo de pintura diferente.

 

O mestre Miguel explicou a todos a nova norma para a lectura na biblioteca, a cal aprenderon rapidamente.

 

Distribuir contido (C01 _th3me_)