Skip to Content

Blogs

CIENCIA NA COCIÑA E ALIMENTACIÓN SAUDABLE CON ADRIÁN

Este é o resumo da charla que fixeron os nenos e nenas de 2º A e B nos grupos dos recantos. Eles escribiron a información no ordenador, copiaron e pegaron as fotos e revisaron os escritos dos compañeiros e compañeiras, despois volvívolo a revisar en gran grupo. Moitas grazas por todo Adrián! Apredimos un montón de cousas!

NOVAS PELIS

Temos novos fondos de pelis na biblioteca, vide buscalas cando queirades!

25 DE NOVEMBRO

Para os titores e rapaces propoñémosvos dende a biblio un experimento social a través deste vídeo que pretende fomentar o deporte feminino e romper os estereotipos sobre se facer as cousas "como as chicas" é realmente un insulto. E ti... corres "como unha nena"? Fai a proba... 

Por outra banda tamén temos unha selección de libros relacionados indirectamente coa Violencia de Xénero para organizar debates e asambleas nas aulas sobre o que é e non é o amor e falar doutros sentimentos e roles asociados á feminidade ou masculinidade.

Esta foi unha das tarefas que fixeron os nenos e nenas de 2º A que cursan Valores Cívicos e Sociais. A profe propúxolles correr "coma nenas", como vedes eles non teñen prexuizos. E ti?

25N from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo

SAEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS PARA 3º DE EP

As mochilas viaxeiras de 3º colleron camiño. Boa viaxe e boa lectura!

NOVIDADES!

Agora que por fin amañamos o ordenador, estamos a toda máquina catalongando para que poidades coller as novidades. Non vos podedes perder a coleción de BANDA DE SEÑADA PARA PRIMEIROS LECTORES entre outras moitas cousas!

SELECCIÓN DE LIBROS DE CIENCIA EN GALEGO

Non é fácil atopar libros de carácter informatico en galego, ainda así fixemos unha pequena  escolma para conmemorar o Mes da Ciencia, podedes atopalos na entrada da biblio. 

DESCRICIÓNS CIENTÍFICAS

Estas son as nosas descricións científicas feitas nos grupos cooperativos a partir dos esquemas dos seres vivos e inertes e revisadas entre todos en gran grupo.

 

Disección dun muslo de polo.

Para coñecer un pouco as interioridades do aparello locomotor diseccionamos unha pata de polo.

     

  

  

Nestas fotografías podemos observar a pel, o óso, os tendóns, os músculos e as partes amarelas de grasa.

 

Benvidos ao novo curso 2017-2018

Xa hai tempo que levamos traballando pero, será a partir de agora cando vos ensinaremos algúns dos procesos ou resultados da nosa aprendizaxe..

 

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut