Skip to Content

Blogs

OS DEREITOS DO LECTOR

Dende a biblioteca do cole quixemos conmemorar o "Día dos Dereitos da Infancia" enfocando o tema dende a lectura, por iso ilustramos os principios de Pennac sobre os "10 Dereitos dos lectores". Aquí deixamos o resultado.

 

Happy new year!!!

Here we are again! 

25 N

Tíñamos pendiente ensinarvos o traballo que fixemos o 25 de Novembro na clase de Valores Cívicos e Sociais. Os nenos e nenas correron como nenas, como vedes non hai cambios en correr como nenos e nenas, sen embargo, logo vimos un vídeo onde as persoas se rían de como corrían as nenas, quedaron un pouco impactados, eles non teñen prexuizos, E nos? Aí o deixamos... 

25N from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

ACTUACIÓN DE NADAL

HOXE OS NENOS DE DE 2º IMOS BAILAR A MUIÑEIRA, 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE, ESTA É A NOSA MUIÑEIRA....  

FESTIVAL DE NADAL

Aquí vos deixamos os vídeos das actuacións dos nenos e nenas do cole no Festival de Nadal. Picade nos círculos de cores para ver a vosa clase. 

 

CHARLA ÁLEX

Tivemos a sorte de contar con Álex, médico pediatra no Materno Infantil da Coruña. Aquí vos deixamos algunhas das conclusións ás que chegaron os nenos e nenas de 2º e que van servir para completar o noso libro. 

PREMIADOS!

Recibimos unha gran nova, o proxecto internivel "Por el váter solo caca y pis" resultou premiado no concurso que convocou a Universidade de Vigo e o Campus do Mar sobre o coidado dos océanos. Foi no noso nome porque eramos os únicos que podiamos participar por idade. Os catro microscopios son de tod@s! Parabéns a todo o alumnado e profesorado participante (entre os que nos incluimos os nenos e nenas de 2º A e B)

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Dende o Equipo da Biblioteca queremos agradecer a enorme acolida que tivo o mes da ciencia, a verdade é que desbordou as nosas expectativas! Mil grazas ás familias pola vosa colaboración e aos pequenos e pequenas que ensinaron os seus expreimentos como verdadeiros científicos profesionais. Aquí vos deixamos algunhas imaxes do acontecido.

MES DA CIENCIA EN GALEGO from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

A cantiga que sona é do grupo "A GRAMOLA GOMINOLA" fala dunha rapaza inventora que se chama Carmela, de aí o seu título "A fábrica de Carmela" e pertence ao seu úlitimo disco "Cancións para desafinar" da Editorial Galaxia. Se queredes cantala con eles aquí deixamos a música e a letra.

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Aquí vos deixamos as recomendacións de Pingüi para este Nadal.

Distribuir contenido


by Dr. Radut