Curso 2017-18

ORLA 6º EP 2017-18

6º EP - PROMOCIÓN 2017-18

 

 

 

 

 

 

TEMÁTICA DO CURSO 2017-18

María Victoria Moreno

Este curso dedicouse o Día das letras Galegas a María Victoria Moreno. Se premes na imaxe, accederás ás actividades en liña do Seminario Galán.

 

FESTA DA AUGA

O luns, día 18 de xuño, recibimos a visita dos bombeiros do Val Miñor. Nós tiñamos previsto facer unha festa con xogos de auga e xa viñemos preparados ao cole.

 

Despois dun simulacro de incendio, chegaron os bombeiros e falaron sobre a importancia que ten o seu traballo. Tamén nos amosaron o camión,  as ferramentas que empregan cando hai unha emerxencia e faláronnos do tipo de vestimenta que usan cando van apagar o lume.

 

No entanto, antes de irse, molláronnos coa mangueira e quedamos moi fresquiños.

 

Rematamos a actividade facendo xogos coa auga. Que fresquiños nos deixaron!

"Xa chegan os bombeiros ..."

 

"Que traballo tan interesante!"

Día do Medio Ambiente

Hoxe, polo día de Medio Ambiente, os nenos de 3 anos plantaron a súa árbore. Agora só queda cuidala e darlle moito mimo para que dentro duns anos teñamos un s ricos marmelos

VOTACIÓNS "CREANDO RURAL"

Algúns alumnos do centro participaron na actividade de Creando Rural. Este proxecto ten como obxectivo divulgar de xeito creativo coñecementos vinculados ao desenvolvemento sistible do rural. Para poder acceder aos nosos traballos só tedes que clicar na imaxe e se vos gustan votar por eles.

CONVOCADA A AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DOS ALUMNOS/AS DE 3ºEP

A Consellería vén de publicar a Resolución do 10 de abril de 2018 (DOG 26 de abril de 2018) pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria.

 

A avaliación individualizada de 3º de educación primaria ten carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa. Complementan a información que reciben e orientan a toma de decisións na elaboración de plans de mellora. En consecuencia, deben servir para:

 

- Achegar información individualizada de cada alumno ou alumna avaliado sobre o seu progreso no grao de adquisición das competencias obxecto de avaliación e contribuír á detección de dificultades na aprendizaxe.

- Achegar información e orientar os centros educativos para que, en función dos resultados obtidos polo seus alumnos e alumnas, cada centro adopte as medidas necesarias que redunden na mellora do proceso educativo.

 - Achegar información ás familias e á Administración educativa sobre o progreso da aprendizaxe do alumnado que contribúa a orientar a toma de decisións e o establecemento de medidas encamiñadas á mellora educativa.

 

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3ºEP

 

Que avalía: o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación co grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

 

Cando se realizará: os días 23 e 24 de maio de 2018.

 

A ALPINISTA CHUS LAGO NO CEIP SERRA VINCIOS

O 30 de abril visitounos a alpinista Chus Lago, contounos as súas aventuras e ata chegou a emocionarnos. Entre os seus logros destacan: 

  • 1ª muller en alcanzar o Polo Sur.
  • 1ª muller española e 3ª do mundo en escalar o Everest sen axuda de osíxeno artificial.

Todos e todas fixémoslle moitísimas preguntas e a mensaxe quedou clara: "con esforzo e traballo podemos conseguir todos os nosos soños".

Grazas Chus, que día máis emotivo!!!

 

15 de febreiro "Día internacional contra o cancro infantil"

 Por desgraza está a ser cada vez maior o número de nenas e nenos que se enfrontan a esta enfermidade, polo que nos parece importante amosar o noso cariño e apoio ás familias que están atravesando esta dificil situación. Dende a asociación "Bicos de Papel" propuxéronnos facer co alumnado un lazo dourado, símbolo contra o cancro infantil, e ler un manifiesto redactado por María Tallón, responsable de oncoloxía infantil no Hospital Álvaro Cunqueiro.

     O sábado, día 17 de febreiro, no Centro Cultural de San Miguel de Oia, haberá un Festival en Contra do Cancro Infantil e amosaranse as imaxes de lazos dourados realizados nos distintos centros educativos. Estamos invitados ao evento.


     Temos que darlle as grazas a Germán Tizón, por invitarnos a participar na actividade.

Este lazo dourado non só  amosa o noso apoio ás familias  que atravesan difíciles momentos, senón tamén  o cariño e aprecio que sentimos por elas.

 

Distribuir contido