Actividades Extraescolares
PROPOSTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022-23
Enviado por admin o Lun, 07/25/2022 - 19:00No seguinte cadro podedes consultar a proposta de actividades extraescolares que formula a ANPA para o curso 2022-23:
Actividade |
Día |
Horario |
Prezo |
Idade mínima |
||
Socios |
Non Socios |
|||||
Lingua de Signos* |
Luns |
16:00 a 17:00 |
10 |
12 |
3 anos |
|
Ximnasia Acrobática |
16:00 a 17:00 |
18 € |
20 € |
6 anos + seguro |
||
Teatro |
17:00 a 18:00 |
13 € |
15 € |
|
||
Patinaxe (Depu) |
martes |
16:00 a 17:00 |
Pendente Deputación |
5 anos |
||
Robótica Lego (E.I.) |
16:00 a 17:00 |
24 € |
26 € |
3 anos |
||
Fútbol sala |
17.00 a 18.00 |
10 € |
12 € |
3 anos |
||
Tenis |
mércores |
16:00 a 17:00 |
12 € |
14 € |
5 anos |
|
Robótica lego (E.P.) |
16:00 a 17:00 |
24 € |
26 € |
6 anos |
||
Cociña Quente |
17:00 a 18:00 |
18 € |
20 € |
3 anos |
||
Skate |
xoves |
16:00 a 17:00 |
16 € |
18 € |
3 anos |
|
Bright Minds (E.I.) |
16:00 a 17:00 |
18 € |
20 € |
3 anos |
||
Baile Moderno |
venres |
16:00 a 17:00 |
10 € |
12 € |
3 anos |
|
Baloncesto |
17:00 a 18:00 |
13 € |
15 € |
3 anos |
Data límite para entregar no buzón da ANPA martes 16 de Setembro de 2022.
As actividades darán comezo o día 3 de OUTUBRO.
IMPORTANTE:
- A actividade de patinaxe foi solicitada ás ESCOLAS DEPORTIVAS DA DEPUTACIÓN, agardamos resolución.
- A actividade de Ximnasia acrobática ten un cargo adicional de seguro de accidentes, único pago anual.
- As actividades de Skate, Robótica e Cociña Quente, o prezo inclue o material.
- Haberá un mestre de garda que supervisará as actividades extraescolares.
- A Biblioteca abrirá polas tardes en horario de 16:00 a 18:00h a excepción dos martes e os días que non haxa actividades extraescolares. Neste horario só farase uso da biblioteca para función do préstamo e/ou devolución de libros, así como para outras actividades expresamente relacionadas coa biblioteca. En ningún caso se levará a cabo función de garda e custodia do alumnado.
- Normas para a participación das actividades extraescolares:
1. Os pais e nais deberán recoller aos seus fill@s ao rematar a actividade. Hai que ser moi puntuais, os monitores vanse ao chegar a hora de finalizar. Se alguén quere que o seu fill@ marche só para casa ou que o recolla outra persoa deberá asinar unha autorización que ofrecerá o centro.
2. A reincidencia da non puntualidade suporá o cese de asistencia a actividade.
3. Os rapaces, rapazas e familias, deberán respectar o protocolo COVID de cada actividade e do propio centro escolar.
4. Os pagos realizaranse ao inicio do mes ao monitor da actividade.
5. A inscrición das actividades está aberta no caso de quedar prazas no grupo e sempre a criterio do monitor, hai actividades que pola súa organización cara a mediados de curso xa teñen traballos preparados e non é posible a incorporación de nov@s alumn@s.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2021-22
Enviado por admin o Mér, 09/29/2021 - 15:07No seguinte cadro podedes consultar a relación de actividades extraescolares 2021-22:
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES |
DÍA |
HORARIO |
LUGAR |
IDADE MÍNIMA |
LINGUA DE SIGNOS |
LUNS |
16:00 a 17:00 |
LOCAL ANPA |
3 anos |
XIMNASIA ACROBÁTICA |
16:00 a 17:00 |
PATIO CUBERTO |
6 anos |
|
ROBÓTICA |
MARTES |
16:00 a 17:00 |
COCIÑA |
6 anos |
PATINAXE |
16:00 a 17:00 |
PATIO CUBERTO |
5 anos |
|
FUTBOL SALA |
17:00 a 18:00 |
PATIO CUBERTO |
3 anos |
|
ROBÓTICA |
MÉRCORES |
16:00 a 17:00 |
COCIÑA |
6 anos |
TENIS |
16:00 a 17:00 |
PATIO CUBERTO |
5 anos |
|
PINTURA |
XOVES |
16:00 a 17:00 |
COCIÑA |
3 anos |
SKATE |
16:00 a 17:00 |
PATIO CUBERTO |
3 anos |
|
BAILE MODERNO |
VENRES |
16:00 a 17:00 |
PATIO CUBERTO |
3 anos |
CONTACTOS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Enviado por admin o Xov, 09/23/2021 - 02:21Podedes consultar aquí os contactos das empresas que realizarán as actividades extraescolares durante este curso escolar:
Baile Moderno Ritmo:
Monitora Africa: 672230437
info@ritmovigo.com
Venres 16:00-17:00
Tenis:
Club tenis Gondomar: 680124239
ctgondomar@hotmail.es
Mércores 16:00 - 17:00
Ximnasia Acrobática Club Gondomar AcroClub:
Adestradora Cristina Rocha: 615028722
Luns 16:00 - 17:00 no CEIP Serra Vincios
Luns 17:00 - 18:00 na Asociación Vincios
Mércores 17:00 - 18:00, venres 16:00 - 17:00 (grupo Infantil) e sábados 11:00 a 12:00 no Ies Auga da Laxe
Exodega:
645820009
exodega@gmail.com
Circo luns 16:00 - 17:00
Robótica Lego martes 16:00 - 17:00
Robótica Lego mércores 16:00 - 17:00
Pintura xoves 16:00 - 17:00
Skate xoves 16:00 - 17:00
Ximnasia Rítmica venres 17:00 - 18:00
Cereixa Gondomar FS:
Adestrador Nacho: 609282753
Futbol sala xoves 17:00 - 18:00
Linguaxe en signos e escola de contacontos:
Monitora Belén 695586195
Xoves 17:00 - 18:00
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Enviado por anpa o Mér, 09/15/2021 - 12:42
* CONSULTA AQUÍ A OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.
- As actividades extraescolares están organizadas pola ANPA.
- Anualmente, a ANPA deseñará un plan de actividades extraescolares que presentará á dirección do centro para a súa inclusión na Programación Xeral Anual.
- As actividades a desenvolver serán de tipo educativo, deportivo e cultural e adecuaranse aos espacios físicos no que se imparten.
- Haberá un mestre/a de garda que supervisará as actividades extraescolares. A biblioteca abrirá pola tardes, en horario de 16h a 18h, a excepción do martes e os días que non haxa actividades extraescolares. Neste horario só se fará uso da biblioteca para función de préstamo e/ou devolución de libros, así como para outras actividades expresamente relacionadas coa biblioteca. En ningún caso se levará a cabo función de garda e custodia do alumnado.
- A persoa encargada de impartir a actividade responsabilizarase da custodia dos nenos/as e do coidado das instalacións e do material utilizado.
- O alumnado deberá respectar, coidar e manter no mesmo estado en que as atopou, as aulas e os materiais que conteñen, utilizadas para ditas actividades.
- Os nenos/as terán un bo comportamento e seguirán as indicacións do monitor e do responsable da ANPA.
- O alumnado só poderá permanecer na biblioteca ou na actividade na que estea inscrito, non podendo, en ningún caso, acceder ás aulas ou andar libremente polo colexio.
- As familias teñen a obrigación de ser as encargadas de recoller aos alumnos/as unha vez finalizadas as actividades extraescolares e coa debida puntualidade.
- Se a familia chega tarde a buscar ao seu fillo/a, chamará ao Centro por teléfono para avisar desta circunstancia. O profesorado de garda velará para que así sexa.
- Ningún alumno/a poderá abandonar as actividades extraescolares sen custodia, excepto o alumnado de 5ºEP e 6ºEP con autorización familiar.
- O modelo de autorización será entregado ás familias que o soliciten e deben devolverse asinadas ao profesorado do centro. Os monitores/as das actividades serán informados de tal circunstancia.
- Se algún alumno/a que non teña autorización para abandonar o Centro, non é recollido por un adulto no momento de acabar unha actividade, será entregado ao profesor/a de garda para que se poña en contacto coa familia.
- Se o alumno/a non é recollido pola persoa habitual (pai, nai e/ou titor) deberá vir provisto da autorización da familia e identificarse co seu DNI para poder recollelo. Esta persoa, non habitual, poderá ser un adulto ou poderá ser un irmá/n maior que estea matriculado en 5ºEP e/ou 6ºEP pero sempre disporá dunha autorización familiar do alumno/a que veña a recoller.
Podedes consultar aquí todas as NORMAS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.
OUTRAS ACTIVIDADES
Ao longo do curso, a directiva da ANPA organiza e colabora en diferentes actividades culturais, festivas e de convivencia. Son as que se detallan:
FESTA DO SAMAÍN (OUTUBRO):
Nesta data o centro organiza unha festa para o alumnado na que a ANPA colabora mercando refrescos e zumes que os alumnos do último curso poñen á venda para recadar fondos cos que axudar a costear a súa excursión de fin de curso.
FESTA DE NADAL (DECEMBRO):
Chegada esta festa de tanta tradición e popularidade entre o alumnado, organizamos unha xornada na que os protagonistas do Nadal visitan o centro para repartir agasallos a todas as nenas e nenos. Colaboramos tamén neste día cos alumnos que rematan os seus estudos e que organizan a excursión de fin de curso, mercando diferentes produtos (doces, bebidas, ...) que se poñen á venda, sendo toda a recadación doada para os gastos da citada excursión.
FESTA DO ENTROIDO (FEBREIRO):
O Entroido é tempo de divertimento, é por iso que neste día organizamos unha festa na que os nenos xa disfrazados despois do desfile do centro, participan nunha celebración na que lles damos unha merenda con chocolate quente e biscoitos. Tamén se contratan e instalan no recinto distintas atraccións lúdicas. Do mesmo xeito que na festa do Nadal se colabora coa excursión de fin de curso dos alumnos de 6º.
NOITE NO COLE (MAIO):
Preto do remate do curso, organizamos para os nenos de 6º una xornada na que durante a tarde e no recinto do centro, realizamos diferentes actividades e xogos nas que participan nais, pais e alumnos. Posteriormente servímoslles unha cea no comedor do colexio, una vez rematada a cal e despois de proceder ao aseo persoal, se realizan novas actividades. Os alumnos participantes durmen no centro nas zonas que para elo se habilitan no salón de usos múltiples.
Xa pola mañán e una vez que se lles sirve o almorzo, remata esta actividade de festa e convivencia.
EXCURSIÓN FIN DE CURSO (XUÑO):
Coa intención de desfrutar dun día de festa todos xuntos se organiza una excursión preto do remate do curso para todo o alumnado e os seus pais. É una viaxe dun día a unha zona previamente elixida, na que se poida misturar tempo de ocio, xantar campestre e realización de diferentes actividades como xogos e visitas culturais.
FESTA DE FIN DE CURSO (XUÑO):
Para rematar o curso organízase unha festa de despedida no recinto do centro, na que se celebran actividades como festa de espuma e instálanse atraccións para os alumnos/as. Como remate ofrécese unha merenda para todos os asistentes.
SAÍDAS DO CENTRO (AO LONGO DO CURSO):
A ANPA subvenciona aos seus socios/as coa cantidade de 2 € para o bus que se utiliza nas saídas que o Centro programa e realiza.
ESCOLA DE PAIS/NAIS:
Trabállase coas familias aspectos como o coñecemento, o comportamento humano, e a comunicación. Sesións dunha hora semanal en horario de mañá .
OBRADOIROS:
Traer á escola obradoiros e faladoiros con diferentes organizacións de interese social e cultural para os alumnos. Tentamos durante o curso achegar temas de necesario traballo na sociedade actual, tales como ecoloxía, violencia de xénero, consumo responsable etc.
MÁIS ACTIVIDADES:
A maiores destas actividades aquí reflectidas e conforme xurdan outras necesidades, a ANPA sempre está disposta a axudar no que precise o colexio.
