Magosto
MAGOSTO 2023
Enviado por admin o Sáb, 11/11/2023 - 02:00Outro ano máis celebramos o magosto cun día na natureza no Monte Galiñeiro.
O día comeza cunha camiñata ata o lugar de encontro e logo roca repoñer forzas cunhas ricas castañas asadas por Pablo.
Nos diferentes blogues de ciclos atoparedes imaxes deste día tan marabilloso
MAGOSTO 2022
Enviado por admin o Lun, 12/05/2022 - 03:07Non foi no Monte Galiñeiro como de costume polo mal tempo que tivemos, pero no cole tamén o pasamos moi ben xa que despois da merenda viñeron os "xogos coas castañas".
MAGOSTO!!!
Enviado por Anónimo o Mér, 12/01/2021 - 19:17O magosto é unha festa tradicional galega e do norte e oeste da Península. Tamén é unha festa típica de Portugal, onde se denomina magusto. Celébrase no mes de novembro, ou a finais de outubro, e os protagonistas son as castañas asadas no fogo, os chourizos e o viño.A festa consiste en facer unha fogueira sobre a que colocamos un tambor ou unha tixola con furados. Nel colocamos as castañas cun corte para que non salten ou exploten e cando estean asadas: a pelar e comer quentiñas!! Umm, que boas están!
E común pintar a cara cos restos da fogueira e saltar sobre elas,xa que da sorte, realizar xogos tradicionais, contar contos e cantar cantigas tradicionais.
Todos os anos celebramos o Magosto no Monte Galiñeiro. Algúns cursos suben andando ao monte. Alí asamos as castañas e todos xuntos facemos cabanas con paus.
MAGOSTO 2021
Enviado por admin o Lun, 11/08/2021 - 20:22Despois de tantos anos realizando o Magosto no merendeiro do Monte Galiñeiro, seguimos notando a ilusión que esperta nos nenos e nenas do cole. Foi día de corretear polo monte, de comer castañas asadas, de inventar cabanas, de visitar os petróglifos, de ver as cores do outono, o olor a fume e sentir o ben que o pasamos. Foi o venres 5 de novembro, día inolvidable!!!
MAGOSTO 2020 NO MONTE GALIÑEIRO
Enviado por admin o Dom, 10/18/2020 - 11:51Este ano máis que nunca, gozamos de poder ir ata o Monte Galiñeiro a celebrar o Magosto.
Os maiores camiñando e os máis pequeniños en bus, corretear polo monte, as chozas con paus e comer as castañas asadas, un luxo!!!
MAGOSTO 2019
Enviado por admin o Mar, 11/26/2019 - 18:26Este ano o tempo non acompañou e foi imposible subir ao Monte Galiñeiro para festexar esta festa popular, pero aínda así, pasamos unha sesión de convivencia no centro moi boa compartindo espazos, xogos e ricas castañas.
O MAGOSTO
Enviado por Filo o Mér, 10/31/2018 - 00:14Chegou o Outono coas súas cores, os froitos, as colleitas, o viño novo e as tradicións da estación. Unha destas celebracións é O Magosto. Festa de castañas, brasas, lume, cornetes de papel, cheiro a fume, estoupidos ao lume, sabor da terra ... O venres, día 26 de outubro, fixemos o Magosto no Galiñeiro.
Os maiores subimos camiñando, seguimos sendeiros polo monte e chegamos axiña á zona do Merendeiro. Os alumnos de infantil e os do primeiro ciclo desprazáronse en autobús.
Cando chegamos ao Merendeiro buscamos un lugar para construír as cabanas, agrupámonos para xogar, merendamos nos refuxios que fixemos con paus e probamos as castañas. Aproveitamos as cinzas para pintar a cara! Que ben o pasamos!
Magosto no Galiñeiro
O Magosto no Parque Forestal de Beade
Enviado por admin o Mér, 11/15/2017 - 00:22O magosto no Galiñeiro
Enviado por admin o Lun, 11/28/2016 - 21:32O pasado 15 de Novembro festexamos todos o Magosto, e como cada ano fixemos unha camiñata ata o Monte Galiñeiro e gozar co Outono
O magosto 2016 from librincios on Vimeo.
O CEIP SERRA-VINCIOS CELEBRA O MAGOSTO NO MONTE GALIÑEIRO
Enviado por anaiglesiasiglesias o Sáb, 11/14/2015 - 23:34Os nenos, nenas e profes festexan o seu magosto no monte Galiñeiro con castañas e cabanas.
O venres 16 de outubro, como todos os anos, os 167 alumnos do C.E.I.P. Serra- Vincios, xunto cos seus profes foron celebrar o Magosto ao Monte Galiñeiro.
Os maiores subiron ás 9,30 h. para ir andando ata os merendeiros e os nenos máis pequenos fixérono en autobús, un pouco máis tarde.
Cada neno levou unhas cantas castañas e mentres os profes as asaban, algúns facían cabanas con toallas, cordas, paus e outros materiais, do monte ou que levan da casa, mentres outros xogaban á pita ou a outros xogos, sempre á vista dos profes, que fixeron moitas fotos.
Cando as castañas xa estiveron feitas, ían buscalas cun cucurucho, e coméronas, estaban moi ricas!
Ao final da xornada, entre todos recolleron o lixo, para deixar o monte como estaba, e ás 13,15h volveron ao cole.
Todos o pasaron moi ben, o tempo pasou voando, e aínda que acabaron esgotados, queren volver o próximo ano coas súas cabanas, e as súas castañas, porque lles gusta moito.
Noticia feita polos Alumnos de 5º do CEIP Serra-Vincios e enviada ao xornal, "La Voz de Galicia" para a súa publicación en "LA Voz de la escuela".