Comedor, Menús e Aula Matinal

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021-22

Estimadas familias,

Deixámosvos toda a información relativa á solicitude do comedor escolar para o vindeiro curso escolar. Lede con atención o tríptico informativo:

Para calquera aclaración, dirixídevos ao Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, chamando ao teléfono 986360168.

Na páxina do Concello de Gondomar tedes máis información. Pincha aquí

MENÚS COMEDOR

 

MENÚS CURSO 2021-22:

  

COMEDOR ESCOLAR

Está xestionado polo Concello de Gondomar froito dun convenio entre o Concello e a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia. Comezará sempre o seu funcionamento o primeiro día lectivo do curso escolar. Todas aquelas familias que desexen facer uso do mesmo deberán dirixirse ás oficinas de Benestar Social do Concello, na Casa da Cultura.

O horario do comedor de setembro a xuño é de 14:00h. a 15:45h. 

O funcionamento do comedor é na modalidade de catering, mediante a empresa Alimentación Saludable Gallega. Para a atención deste servizo, cóntase con dúas ou tres coidadoras dependendo do número de alumnos/as.

 

Teléfono de ALIMENTACIÓN SALUDABLE GALLEGA a disposición dos usuarios:

630 363 844

O horario de atención é de luns a xoves de 09:30 h a 14:00 h. e de 15:00 h a 18:00 h, os venres só en horario de mañá. En ningún caso se atenderán SMS. Por outro lado, tamén pódese contactar por correo electrónico en info@alimentacionsaludablegallega.com

Para a obtención de praza no comedor escolar darase prioridade á CONCILIACIÓN LABORAL dos pais/nais traballadores/as con asistencia de luns a venres.

COSTE MENÚ DIARIO: 4,14 € usuario/a

O cobro do recibo é mensual realizarase entre o día 10 e 15 do mes seguinte ao do servizo. O importe mensual do recibo é o resultado de multiplicar o número de días contratados do alumno polo prezo do servizo.

Será obrigatorio a instalación da APP COLECHEF para a comunicación coa empresa que realiza o servizo de comedor. Para iniciar a alta na APP será necesario facilitar número de conta bancaria, onde se facturarán os menús mensuais.

Comunicar a non asistencia do/a neno/a ou nenos/as á empresa que xestionará o servizo de comedor mediante a APP no día anterior antes das 16:00 horas (de non ser así, o menú será facturado ó/á usuario/a).

NORMAS DO COMEDOR ESCOLARA asistencia ao comedor implica a aceptación das seguintes normas recollidas no PLAN DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR, aquí tedes o enlace:   

 

"PLAN DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR"

 

AULA MATINAL - MADRUGADORES

 

AULA MATINAL

DÍAS

PREZO

Mes completo

30€

(50€ en caso de 2 irmáns)

Medio mes

16€

(30€ en caso de 2 irmáns)

Días Eventuais

3€

 

Durante todos os días lectivos do curso e sabedores dos problemas que acarrexa a conciliación da vida familiar, ofrecemos o servizo de Aula Matinal en horario de 07:30 a 09:00 horas. Conta cunha coidadora que custodia e realiza distintas actividades de educación e entretemento cos alumnos/as, para as que se lle facilita diferentes materiais.

DATOS DE INTERESE:

EMPRESA CONTRATADA: Alimentación Galega Saudable.

MONITORA: Inés.

HORARIO: 07:30 a 09:00 horas.

INSCRICIÓN: Funciona desde o primeiro día e non é preciso inscrición previa. Podedes enviar un correo electrónico ao centro ou contactar coa coidadora de ter o seu contacto.

FORMA DE PAGO: será pagada directamente á monitora. 

ALMORZO: A monitora xestiona o servizo de almorzo para os alumnos usuarios desta aula matinal que desexen disfrutar do mesmo.

 

Distribuir contido