Consello escolar

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

RENOVACIÓN PARCIAL 

DO CONSELLO ESCOLAR

SECTOR NAIS e PAIS (2021 – 2024)

 

No mes de NOVEMBRO convócanse ELECCIÓNS PARA O CONSELLO ESCOLAR. Consiste nunha renovación parcial dos membros do Consello Escolar, órgano colexiado de control e xestión do Centro, con representación dos distintos sectores que constitúen a comunidade educativa (pais/ nais, profesorado, Concello e ANPA). Coa finalidade  de animarvos a participar no proceso electoral, informámosvos deste proceso que afecta ao sector de nais/pais. A organización e supervisión electoral correspóndelle á XUNTA ELECTORAL, presidida polo director e integrada por un pai/nai, un mestre/a, e un persoal non docente. Co obxecto de manter os períodos de renovación, os membros do consello escolar elixidos conforme o proceso adiado no curso 2020/21 serán nomeados por un período de tres cursos escolares. Os seus membros son:

- Presidente: Miguel González Barreira (director) 

- Vogal 1: Ana Mª Iglesias Iglesias (mestra)    

- Vogal 2: Mª Teresa Rois Jordedo (nai)

- Vogal 3: Ana Eva Cameselle Fernández (Persoal non docente)

 

A QUEN SE ELIXE?: 2 pais/nais que vos representarán no Consello Escolar. O Consello Escolar deste Centro está integrado por 5 pais/nais, sendo un deles representante da ANPA. Agora elíxense 2 membros pois se trata dunha elección parcial mediante votación das familias. Un deles será elixido mediante votación das familias e o outro representante será elixido pola ANPA como representante de dita asociación no Consello Escolar.

 

QUEN PODE SER CANDIDATO/A?: todos os pais, nais ou titores legais que teñan fillos/as matriculados/as no Centro e incluídos no Censo Electoral. O prazo de presentación de candidaturas empeza o día 8 de novembro e remata o 15 de novembro ás 14:00h. Os interesados/as deberán cubrir e asinar este IMPRESO DE CANDIDATURA e presentalo na secretaría do Centro. Tamén se pode enviar mediante e-mail a ceip.serra.vincios@edu.xunta.gal. A proclamación das candidaturas farase o día 16 de novembro.

 

QUEN PODE VOTAR?: todos os pais, nais ou titores/as legais que teñan alumnos/as matriculados/as no Colexio e estean incluídos no censo que se exporá o día 12 de novembro na web. Debedes comprobar se estades incluídos no censo e se os datos son correctos. De non ser así, é necesario facer a reclamación pertinente. O voto será directo, secreto e non delegable. Terán dereito a voto tanto o pai como a nai do alumno/a, ou de ser o caso o seu titor legal. Para poder facer uso do seu dereito ao voto, deben acreditarse (DNI, pasaporte, carné de conducir, etc.).

 

PARA QUE SERVE?: o Consello Escolar é o órgano colexiado de control e xestión do centro que terá entre outras as seguintes competencias: participar na selección do director/a, aprobar e avaliar os proxectos e as normas (Proxecto Educativo de Centro - PEC, Normas de Organización e Funcionamento - NOF, Programación Xeral Anual - PXA), coñecer a resolución de conflitos disciplinarios, promover a conservación e renovación das instalacións, analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, etc.

 

CANDO SE VOTA?: A votación terá lugar no Colexio (NO PORCHE EXTERIOR DA ENTRADA PRINCIPAL) o martes día 23 de novembro, de 9:00h a 09:30h, de 13:30 a 14:15h, de 15:30h a 16:15h e de 17:30h a 18:30h.

 

Co fin de poder levar a cabo o proceso electoral polo que se nomearán os novos membros do Consello Escolar e dada a importancia deste órgano, animamos aos pais/nais do centro a participar nas eleccións presentando a súa candidatura ou votando con liberdade a quen mellor lles pareza.

CENSO DE RESPONSABLES

A xunta electoral fai público o censo de responsables do alumnado para poder votar nas eleccións ao Consello Escolar:

 

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS/AS

A xunta electoral fai público o seguinte listado de nais e pais que presentan a súa candidatura para as eleccións ao Consello Escolar:

  

 RESULTADOS DAS VOTACIÓNS E COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Os resultados do escrutinio do sector pais/nais e a nova composición do Consello Escolar podedes consultalos clicando na imaxe:

 

Consello Escolar

   

MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Miguel González Barreira

Director

Elena Paz Alonso

Xefa de Estudos

Mª José Salgado González

Secretaria

Carmen Rivera Alen

Profesores/as

María Molinos Rodríguez

Filomena Salgueiro Moure

Ana Rosa Villar Comesaña

Bibiana Villar Conde

Mª Teresa Rois Jordedo

Pais/Nais

Jennifer Penedo Carrizo

Carlos Vidal Vázquez

Lucía Gil Rodríguez

Mª Sonia Martínez Besada (ANPA)

Pablo González Martínez

Persoal non Docente

Araceli Regueiro Pereira

Representante Concello

  

CONSELLO ESCOLAR: COMPETENCIAS

a) Aprobar e avaliar os proxectos e as normas.

b) Aprobar e avaliar a programación xeral anual do centro sen prexuízo das competencias do claustro de profesores/as, en relación coa planificación e organización docente.

c) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

d) Participar na selección do director/a do centro nos termos que esta lei establece. Ser informado do nomeamento e do cesamento dos demais membros do equipo directivo. De ser o caso, logo do acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento do director/a.

e) Decidir sobre a admisión de alumnos/as con suxeición ao establecido nesta lei e disposicións que a desenvolvan.

f) Impulsar a adopción y seguimento de medidas educativas que fomenten o recoñecemento e protección dos dereitos da infancia.

g) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan os estilos de vida saudable, a convivencia no centro, a igualdade efectiva de mulleres e homes, a non discriminación, a prevención do acoso escolar e da violencia de xénero e a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social.

h) Coñecer as condutas contrarias á convivencia e a aplicación das medidas educativas, de mediación e correctoras velando por que se axusten á normativa vixente. Cando as medidas correctoras adoptadas polo director/a correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia dos pais, nais ou titores legais ou, no seu caso, do alumnado, poderá revisar a decisión adoptada e propoñer, no seu caso, as medidas oportunas.

i) Promover progresivamente a conservación e renovación das instalacións e equipo escolar para a mellora da calidade e a sustentabilidade e aprobar a obtención de recursos complementarios.

j) Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas Administracións locais e con outros centros, entidades e organismos.

k) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas en que participe o centro.

l) Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como sobre aqueloutros aspectos relacionados coa calidade da mesma.

m) Aprobar o proxecto de orzamento do centro.

n) Calquera outra que lle sexa atribuída pola Administración educativa.

  

O Consello Escolar reunirase en sesión ordinaria unha vez por trimestre e sempre que o Centro así o precise.

A celebración dos Consellos Escolares será, na medida do posible, os martes pola tarde, a partir das 18:30h. 

Distribuir contido