Entroido

ENTROIDO 2021

Nun ano marcado pola pandemia e polo uso da máscara, non puidemos celebrar o Entroido como de costume. Aínda así, as comparsas desfilaron arredor do colexio e o alumnado disfrutou aplaudindo o pase de cada clase. Os instrumentos e os símbolos musicais fluiron pola contorna de Vincios!!!

 

Podedes ver un resumo das fotos e dos vídeos do desfile. 

Feliz Entroido!!!

 

 

ENTROIDO 2020

DESFILE POLA PARROQUIA DE VINCIOS: 

As comparsas do desfile xiraron entorno á temática deste ano, o baile e a música:

- Educación Infantil: OVO - Cirque du Soleil

- 1º Ciclo: O Entroido dos Animais - Camille Saint-Saëns

- 2º Ciclo: Grease

- 3º Ciclo: O rei León

A continuación un resumo. Feliz Entroido. 

  

 

OS MANDADIÑOS MUSICAIS DO MECO:

Este ano o Meco saiunos mandón e moi musical. As ordes son acumulativas, é dicir, cada día hai que traer o que o Meco mande e, tamén, o dos días anteriores.

LUNS:

 

MARTES:

 

MÉRCORES:

  

XOVES:

 

Entroido 2019

O pasado venres 1 de marzo saímos pola parroquia para festexar o ENTROIDO, este ano as comparsas xiraron entorno ao noso proxecto anual "Descubrindo o mundo". Aqueles que non puidestes acompañarnos, podedes ver o seguinte video.

 

ENTROIDO 2018

O Entroido deste ano foi moi moi "HISTÓRICO":

  • Era Xurásica (Ed. Infantil). 
  • Prehistoria (6ºEP). 
  • Antigo Exipto (3ºEP e 4ºEP). 
  • Idade Media (5ºEP). 
  • Indíxenas (1ºEP e 2ºEP). 
  • Era Espacial (6ºEP). 

A novidade foi que o desfile das comparsas realizouse desde o cole ata a igrexa de Sta. Lucía.

Feliz Entroido!!!

  

Montaxe fotográfico

Gañadora da Cesta de Entroido

NESTA OCASIÓN TIVEMOS UNHA GAÑADORA DA CESTA DE ENTROIDO:

HERMINIA LORENZO CO Nº 241,

XA QUE O Nº PREMIADO NA LOTERÍA NACIONAL DO 23 DE FEBREIRO FOI O 08241

ENTROIDO 2017

Todo estaba preparado para festexar un ano máis a festa do Entroido.

Os disfraces feitos, os desfiles preparados e sobre todo, nenos e maiores tíñamos moitas ganas de troula. As comparsas deste desfile xiraron entorno ó tema das  Emocións. No seguinte vídeo podedes ver fotos das diferentes comparsas e no segundo, as actuacións enteiras de todos os ciclos. 

Esperámosvos o  ano que vén!

 

Video fotos Entroido 2017 from librincios on Vimeo.

AS ORDES DO MECO 2017

Xa está de volta o Meco mandón! Este curso está ambientado  en  Os homes de gris, da obra de Michael Ende, Momo. 

          

Mañá xoves o Meco manda traer unhas bágoas de emoción, un corazón e un chaleco reflector. Este Meco mandón acumula dun día para outro. 

 

 

VÍDEO COAS FOTOS DO ENTROIDO 2016

AQUÍ TENDES UNHA MONTAXE COAS FOTOS DO DESFILE DO ENTROIDO 2016. 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!

 

 

ENTROIDO 2016

O 5 de febreiro celebramos o festival do ENTROIDO con moitos disfraces de INVENTOS E EXPERIMENTOS. No vídeo tedes todas as actuacións das comparsas. Feliz entroido!!!

 

O meco 2016

 o meco segue a mandar para o xoves non te podes descoidar:

 

 

Distribuir contido