Comunicados

CAMPAMENTO DE VERÁN "OS VINCIOCAS"

Estimadas familias, queremos informarvos sobre o Campamento de Verán "Os Vinciocas" que organiza a Asociación de Veciños Galiñeiro - Centro Cultural de Vincios e que se desenvolverá nas instalacións do colexio. O campamento dará comezo o 27 de xuño e rematará o 31 de agosto en horario de 9:00h a 14:30h con opción de aula matinal e/ou comedor (horario ampliado de 8:00h a 16:00h). A inscrición poderá ser por semana, quincena ou mes completo. Os socios/as da ANPA terán prezo especial de socios/as. No seguinte enlace podedes descargar as inscricións e deixalas no buzón da ANPA ou ben entregalas directamente na Asociación Veciñal.

Tamén podedes consultar clicando aquí o programa de actividades a desenvolver.

Saúdos

A ANPA

 

 

VÍDEO DA XORNADA DE ELIMINACIÓN DE EUCALIPTOS NO MONTE GALIÑEIRO

A ANPA agradece a todas as familias que nos acompañaron o domingo na Xornada de Eliminación de Eucaliptos no Monte Galiñeiro. Aquí podedes ver o resultado da actividade e o ben que o pasamos:

 

CHARLA E OBRADOIRO DE EDUCACIÓN EMOCIONAL

A Federación de ANPAs do Val Miñor (FAVALMI) organiza mañá mércores 16 de marzo, unha charla sobre educación emocional no centro de deselvolmemento Local de Gondomar ás 18:00h. (haberá servizo de ludoteca baixo petición). O taller familiar terá lugar o sábado 19 de marzo de 11:00h a 13:00h. As persoas interesadas en asistir deberán enviar un correo a favalmi@gmail.com

 

XORNADA DE ELIMINACIÓN DE EUCALIPTOS NO MONTE GALIÑEIRO

A ANPA convoca a toda a Comunidade Educativa a participar na "Xornada de Eliminación de Eucaliptos" no Monte Galiñeiro o día 20/03/2022.

Habera unha actividade de educación ambiental para os nenos e nenas, mentres os pais e nais presten a sua colaboración na eliminación de eucaliptos na parcela que nos indique a Comunidade de Montes de Vincios e posteriormente comerase no merendeiro do Monte Galiñeiro coa comida que leven as familias. Para rematar a xornada, ás 15:00 horas haberá unha actuación musical.

Consideramos moi importante a colaboración da Comunidade de Montes co funcionamento do CEIP Serra-Vincios e a mellor forma de agradecer esa aportación é participando nos traballos de eliminación de especies invasoras e de conservación do noso Monte.

Traede a vosa comida.

VEN E PARTICIPA!!!, será unha festa para toda a Familia Educativa do CEIP SERRA-VINCIOS.

TALLERES IGUALDADE: "EXCELENTES MULLERES CIENTÍFICAS"

Ben queridas familias:

A Federación de ANPAS do Val Miñor (FAVALMI) realizará durante os próximos meses unha serie de xornadas, charlas informativas e talleres sobre igualdade. O primeiro obradoiro activo e participativo “Excelentes Mulleres Científicas” terá lugar este sábado 25 de setembro no local 18 do centro de desenvolmemento local de Gondomar as 12h. Será preciso a inscripción previa. Non faltedes!

A ANPA

 

Descarga aquí o cartel

 

ASEMBLEA DA ANPA 03/09/2020

Estimadas familias:

En adxunto podedes consultar a convocatoria para a asemblea da ANPA para o día 3 de setembro, reunión á que asistirá a dirección do centro para presentar ao protocolo realizado para o inicio do curso escolar 2020-21 e tamén o estado de contas da ANPA.

 

 

Saúdos Cordiais

 

A ANPA

Distribuir contido