Curso 2017-18

ENTROIDO 2018

O Entroido deste ano foi moi moi "HISTÓRICO":

  • Era Xurásica (Ed. Infantil). 
  • Prehistoria (6ºEP). 
  • Antigo Exipto (3ºEP e 4ºEP). 
  • Idade Media (5ºEP). 
  • Indíxenas (1ºEP e 2ºEP). 
  • Era Espacial (6ºEP). 

A novidade foi que o desfile das comparsas realizouse desde o cole ata a igrexa de Sta. Lucía.

Feliz Entroido!!!

  

Montaxe fotográfico

MIL PAXARIÑAS POLA PAZ 2018

Polo día da Paz, este ano, coñecemos a Sadako Sasaki,

se queredes saber máis, podedes velo no blogue de librincios ou clicando na foto: 

 

 

Xa temos gañadora da cesta de Nadal

O 1° premio da lotería de Nadal deste ano acabou en 198, e a cesta tocoulle a Laura Etchevarne, nai de Nico de 5°. Que contentos están! Bicos para eles. 

FESTIVAL NADAL 2017

A postal de Nadal gañadora do Concurso 2017 foi para a alumna de 4ºEP, LUCÍA MARTÍNEZ OTERO.

Preciosa postal de Lucía, PARABÉNS!!!

 

 

  

Actuacións de todos os cursos:

 

Montaxe fotográfica

 

CESTA DE NADAL

XA ESTÁN Á VENTA AS RIFAS (1 €) PARA A GRAN CESTA DE NADAL PRO-VIAXE FIN DE CURSO DE 5º E 6º, QUE CONTÉN: ( a foto só é ilustrativa)

  • ·         Xamón serrano “Torre de Núñez” Duroc 14 meses TN 7 kg aprox.
  • ·         Chorizo Cular Duroc TN 450 g.
  • ·         Salchichón Cular Duroc TN  450g.
  • ·         Táboa de madeira
  • ·         Queso “El Pastor” mezcla semi 550g
  • ·         Torta turrón “25”  200g.
  • ·         Turrón “25” extra Jijona 200g.
  • ·         Turrón “Suchard” chocolate negro cruj. 260g.
  • ·         Surtido “El Mondeño especial” 700g.
  • ·         Pasteles yema Delaviuda 300g..
  • ·         Marquesas Delaviuda 250g.
  • ·         Mazapán “Delaviuda” 200g.
  • ·         Bombones “Ferrero Rocher” 16 u.
  • ·         Sidra “El gaitero” extra
  • ·         Cava “Delapierre” etiqueta negra
  • ·         Viño blanco godello “Pazo de Monterrey”
  • ·         Viño Rioja “Siglo” Saco Crianza
  • ·         Melocotón almíbar “Alcurnia” 480g.
  • ·         Piña “de Monte” 510g.
  • ·         Espárragos “Lodosa” 250g.
  •  ·         Coitelo. 

O Magosto no Parque Forestal de Beade

O pasado venres 10 , festexamos o Magosto. Este ano non puidemos realizar a andaina ao Galiñeiro polos incendios que desolaron os nosos montes, aínda así, pasámolo moi ben facendo cabanas e comendo castañas.

 

 

O Samaín

Un ano máis enchemos de cestas de outono e cabazas terroríficos o cole para festexar o SAMAÍN.

Os rapaces pasárono xenial e deixaron o medo de lado para ver as obras de arte que as familias realizaron cas cabazas e os froitos de Outono

Grazas pola vosa colaboración

 

 

 

 

Cabazas Terroríficas from librincios on Vimeo.

ABALAR MÓBIL

Estimadas familias:

Proximamente o centro empregará unha nova canle de comunicación coas familias a través da aplicación gratuíta da Xunta de Galicia "AbalarMóbil" coa intención de ir eliminando as comunicación en formato papel e de enviar avisos ou notificacións dunha maneira máis rápida e cómoda.

O único que debedes facer e descargar a APP en Google Play ou en App Store, só teredes que escribir no buscador ABALAR MÓBIL e automáticamente vos aparecerá a APP. A icona ca que aparece no escritorio é a seguinte:

 

O vindeiro martes 24 haberá unha reunión infomativa para explicarvos o seu manexo, realizaremos dúas quedas:

 

- Familias de Educación Infantil e 1º Educación Primaria ás 17h

- Familias de 2º,3º,4º,5º,e 6º de Educación Primaria ás 17:45h

 

O lugar : aula de audiovisuais

 

Aquí vos deixamos un video informativo para a súa instalación nos vosos dispositivos e tamén unha guía para as familias 

 

(Para acceder a guía clicade na imaxe)

Guía para las familias abalarMóbil

Distribuir contido