A ALPINISTA CHUS LAGO NO CEIP SERRA VINCIOS
Enviado por admin o Lun, 04/30/2018 - 20:45
O 30 de abril visitounos a alpinista Chus Lago, contounos as súas aventuras e ata chegou a emocionarnos. Entre os seus logros destacan:
- 1ª muller en alcanzar o Polo Sur.
- 1ª muller española e 3ª do mundo en escalar o Everest sen axuda de osíxeno artificial.
Todos e todas fixémoslle moitísimas preguntas e a mensaxe quedou clara: "con esforzo e traballo podemos conseguir todos os nosos soños".
Grazas Chus, que día máis emotivo!!!
»