DIGICRAFT

Ola rapazada!! Como xa imaxinades o proxecto DIGICRAFT quedou parado nesta etapa de corentena. Seguiremos co apartado de  Intelixencia artificial e robótica cando volvamos as aulas. Así todo a  xente que leva este proxecto non quería deixar ese oco de DIGIRAFT no voso horario e púxose en contacto cos mestres que participaban no proxecto para que vos informaran de que podedes acceder a DIGICRAFT na seguinte dirección web: https://digicraft.fundacionvodafone.es/ e Hai actividades propostas tanto para alumnado coma para as familias, e hainas para distintas idades e con distintos niveis de dificultade. Fedellade na páxina e quen sabe? Quizais á volta sodes vós os que nos ensinades un montón de cousas!!

 

Unha aperta rapazada e moito ánimo!!!

Powered by Drupal - Design by artinet