ACTIVIDADES 14-17 ABRIL

Bo día a tod@s,

despois destes días de descanso, retomamos as nosas actividades desde a casa. 
Espero que sexa con moito ánimo e ganas, desexando vernos pronto!
Quixen facervos un pequeno homenaxe porque o merecedes e porque
confío en todos e cada un de vós para seguir aprendendo.
(doc. Adxunto RESISTENCIA) NOTA. Como xa sabedes RADIO GARABULLO segue funcionando, agora é máis importante ca nunca.
É o mellor medio para facernos compañía. Animo a tod@s a participar.
Sabedes que podedes contar conmigo para preparar a vosa participación.
Recoméndovos ir a sección de orientación, atoparedes cousas moi interesantes. Imos programar as actividades para toda a semana, a ver como nos vai. Envío un doc, adxunto para cada materia, a idea é seguir traballando nas que nos toquen cada día.
Facede as fichas nos cadernos correspondentes. Son actividades de repaso.
Ademais, seguiremos facendo REDACCIÓNS. Para o venres deberedes elaborar un texto
sobre as vantaxes e os inconvenientes de traballar desde a casa. En LINGUA GALEGA.
(non esquezades mirar a vosa guía).
Os que queirades podédesma enviar ao meu correo electrónico: esperanzamartinezbayon@edu.xunta.es LENGUA CASTELLANA: doc. Adxuntos. (ortografía y comprensión lectora) LINGUA GALEGA: doc. Adxuntos, REDACCIÓN e xogos: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1359573709/contido/galego/index.html MATEMATICAS doc. Adxuntos e xogo: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1327064121/contido/decimais_gruta/gruta-espanol-ingles/el_tesoro_de_la_gruta-operaciones_con_decimales.html NATURAIS: doc. Adxuntos e vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=-DbsKumdAus HORA DE LER: non vos esquezades de ler, a ser posible a diario..., mándovos dúas lendas curtas e sinxelas. Como actividade de PLÁSTICA tedes 2 opcións: 1.- facer un debuxo para participar no concurso, este é o enlace: https://valminortv.com/2020/04/02/concurso-escolar-de-debuxos-para-trasladar-animos-e-agradecemento-a-policia-e-garda-civil/ 2.- doc. Adxunto. A vindeira semana enviarei as correccións.
AdxuntoTamaño
REPASO1.pdf766.21 KB
PRUEBA8.pdf142.96 KB
Leyenda china.pdf59.5 KB
multiplicacion decimales.pdf83.48 KB
volumen.pdf71.71 KB
T.7(ENERXIA).pdf295.46 KB
RESISTENCIA1.pdf24.27 KB

Powered by Drupal - Design by artinet